Un bo peche de temporada para o balonmán feminino costeiro
Fin de semana de despedidas esta no balonmán feminino costeiro. O Bm. Encaixe remataba un bo ano, mentres o Goldie Xiria o facía na Fase Final da Copa Provincia. A pesar de perder en semifinais ante o Rasoeiro, e na loita polo terceiro posto ante o Balonmán Porriño, o Goldie dou a cara fronte aos mellores equipos do balonmán galego.
Pesou moito que fose para as xogadoras do Goldie a primeira vez que disputaban un torneo de tipo concentración, pesaron as numerosas baixas, e sobre todo, a categoría e calidade dos seus rivais. Pero a experiencia acadada e o premio que supón xogar unha Fase Final, recargan as pilas coa mira posta na vindeira tempada, onde se volverá a dar un salto de calidade si se segue a traballar coas mesmas gañas e ilusión.
Copa Provincial, Semifinais
- Resultado: Bm. Rasoeiro - Goldie Xiria (31-24)
- Marcador cada 5 min: /2-2/ /5-3/ /8-6/ /11-6/ /14-8/ /18-10/ /19-11/ /21-13/ /24-15/ /26-17/ /28-21/ /31-4/
- Goldie Xiria 24 (10): Brenda Noya (porteira) Tamara Pombo 1, Jessica Posse 10, Juana Garrochena 3, Adriana Gómez 1, Patricia García, Marta Regueira 1, Angela Pena, Natalia Solís 3, Sheila Ferreiro, Lucía Vilariño 5 e Raquel Gómez.
Comezaba o Goldie Xiria o sábado a Fase medíndose ao anfitrión, o Rasoeiro de O Grove, que finalmente sería o campión de Copa ao vencer a SAR de Redondela na final.
Da igualdade dos primeiros 15 minutos, onde o Xiria se atopou cómodo en ataque e era capaz de parar o xogo do seu rival, pasouse a ceder terreo no marcador por varias perdas de balón que as de O Grove aproveitaron a contra e situaban o marcador con moitas diferencias ao descanso. A pesar diso, o Goldie volteou do vestiario moi metido no encontro e foi reducindo distancias, aínda que non as suficientes, cedendo na recta do final con ese 31 a 24.
Copa Provincia, 3º e 4º posto
- Resultado: Bm. Porriño - Goldie Xiria (28-13)
- Marcador cada 5 min: /3-2/ /5-3/ /8-4/ /11-5/ /15-6/ /16-8/ /17-9/ /19-11/ /21-12/ /25-12/ /27-12/ /28-13/
- Goldie Xiria 13 (8): Brenda Noya (porteira) Tamara Pombo, Jessica Posse 4, Juana Garrochena 1, Adriana Gómez 2, Patricia García, Marta Regueira 1, Angela Pena, Natalia Solís 1, Sheila Ferreiro, Lucía Vilariño 3 e Raquel Gómez 1.
Tras a derrota do sábado, o domingo o Goldie iba a loitar polo terceiro posto, co Balonmán Porriño, perdedor do seu enfrontamento coa Sar de Redondela.
O Porriño amosouse moi superior, e a base de velocidade no contraataque e co grandísimo partido que fixo a súa porteira, conseguiu unha vitoria cómoda, ante un Xiria que non entrou no encontro en ningún momento, moitos fallos diante da porteira rival e cunha defensa moi desarborada que permitía os goles fáciles ao seu rival.
Crónicas da temporada
- O Bm. Camariñas consegue un histórico ascenso a 1ª Estatal.
- O Bm. Camariñas prepara o asalto á 1ª Nacional.
- O Bm. Camariñas xa ten rivais para a fase de Ascenso, o Xiria pecha o ano con vitoria e as féminas seguen na Copa.
- O Bm. Camariñas queda ás portas do doblete e o Laber Xiria fixo un gran Campionato de España na casa.
- O Bm. Camariñas, campión da 1ª Autonómica de balonmán para celebrar o 20 aniversario.
- O Bm. Camariñas, a un paso de convertirse en Campión e Liga.
- A apisoadora do Bm. Camariñas achégase ao título cando chega unha Semana Santa de balonmán internacional.
- O Bm. Camariñas volve ao liderato e afronta 3 finais.
- Carballo tece redes con Holanda en materia de balonmán.
- O balonmán carballés pon un pé no Campionato de España.
- O Bm. Camariñas deu un paso clave cara o título e espera 6 finais.
- O Calvo Xiria mantense na pelexa pola 2ª praza mentres o Goldie cede o liderato.
- Balonmán: Dous equipos líderes e dous ben colocados.
- De vitorias pola mínima e empates polémicos.
- Case pleno na xornada do balonmán costeiro.
- O Bm. Camariñas levou o derbi co Goldie Xiria.
- O Bm. Camariñas asalto o liderato.
- O Bm pecha con vitoria unha primeira volta espectacular.
- O Bm. Camariñas acariña o liderato e disfruta da Selección.
- Camariñas prepara a súa San Silvestre.
- A Festa do Balonmán encheu Camariñas.
- Porriño deixou tocado aos equipos de balonmán camariñáns.
- O Bm. Camariñas prepara con vitorias o asalto ao liderato.
- As camariñás puideron coas carballesas no derbi do balonmán costeiro.
- Bm: Preparando o derbi feminino.
- Os equipos do Bm. Camariñas seguen medrando.
- Bm. Camariñas e Calvo Xiria seguen firmes.
- O BM Encaixe celebra con vitoria unha doble convocatoria coa Selección Galega
- Doble vitoria para os camariñáns e doble derrota para os carballeses na xornada de balonmán.
- Camariñas e Carballo comezaron a sentir a emoción do balonmán.
- Os dous equipos do Bm Camariñas arrincan unha nova tempada coa canteira como base.
- A familia Xiria recibe unha Medalla ao Mérito Deportivo da Federación Españoña de Balonmán.
- O Balonmán Feminino vai pechando unha satisfactoria tempada.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).