Xuvenís: O Castriz queda fóra dos Oitavos da Copa e Esteirana e Dumbría esperan o duelo


Coa Liga dos de arriba só pendente da loita fraticida da semana que vén polo título entre Esteirana e Dumbría, rematou un dos grupos da Copa da Costa Xuvenil. O Castriz queda fóra dos Oitavos de Copa polo norte, e a falta de 2 xornadas Muxía e Lira polo Sur, o Lira xa está fóra e o Muxía loitará por superar ao Mazaricos.
Terán que agardar os equipos do Norte un par de semanas ata que remate o Grupo Sur da Copa e a Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, para retomar os Oitavos da Copa da Costa Xuvenil, non sen antes levar a cabo o sorteo.
Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 8
Pouco que contar xa da Liguilla, que só espera que a semana que vén esteiráns e dumbrieses se xoguen o título na penúltima xornada.
Malpica - Corme (2-1)

- MALPICA: Manuel, Brais, Chols, Canario, Steven (Gabi, min.30), Jorge, Petís, David, Almeida, Alberto e Kevin.

- CORME: Rubén, Sergio, Palmiro (Ismael, min.80), Iván, Koeman (Isaac, min.21) (Alberto, min.73), Brais, Antonio, Quique, Alejo (Dani, min.85), Juanma (Álex, min.89), Manu.
- Goles: 1-0, min.11: Almeida tras unha combinación con Alberto, Kevin e David; 2-0, min.25: Almeida de cabeza remata unha falta botada por Alberto; 2-1, min.40: Brais a centro de Quique.
- Lesións: O cormelán Koeman con mareos e o malpicán Steven cun corte na cella.

Partido fresco, sen tensión, o que se vivíu en Pedra Queimada entre dous equipos que non se xogan nada máis que o pasalo ben. E noutouse, pois ambos desplegaron boas xogadas, como as que propiciaron os dous primeiros goles malpicáns. Antes Juanma probara a Manuel de falta, e tras recurtar ao fío do descanso, aínda ntes de marchar aos vesriarios o propio Juanma tivo o empate.
Na segunda, cun Corme máis incisivo e combinativo, a melor ocasión protagonizouna Alejo cunha internada na que se prantou só diante de Manuel, pero de novo salvou o meta local.
Cabana - Esteirana (0-4)
- CABANA: Adrián, Aurelio, David (Varela), Dani, Laik (Óliver), Diego Cacha, Alberto, Sergio, Pablo (Darío) , Álex e Grille.
- ESTEIRANA: Marcos, Bolo, Tobío, Sergio, Rafa, Adri, Damián, Manu, Fabio, Raúl e Adrián. Tamén xogaron: Mj, Tiko, Code, Pablo e Jose.
- Goles: 0-1: Jose; (descanso); 0-2: Raúl; 0-3: Jose; 0-4: Adrián.
- Expulsión: o cabanés Dani.
- Lesión: os cabaneses Laik e David.
Fixo dano a expulsión de Dani no Cabana, que xunto ás lesións durante o partido e as baixas que traía non puido aguantar o forte ritmo dos esteiráns.
Pero a primeira metade foi moi igualada, e rematou cun 0-1 no marcador. Na segunda comezou co Cabana moi metido, sobre todo os primeiros 15 minutos, pero coa expulsión, cun home máis, o equipo de Martín foi superior e sentenciou rápido.
Dumbría - Xallas StComba (1-0)
- DUMBRÍA: Iván, Duarte, Roberto, Cabana, Jano, Yeray, Maikel, Adrián, Martín e Pablo. Tamén xogaron: Juan de Dora, Edu, Kevin, Charly e Portu.
- XSC: Coke, Miki, Christian, Adrián, Carlos (Rubén, min.65), Marcos Mouro (Tefi, min.65), Cristian Torres, Pablo Landeira, Steven (Sergio Barbeira, min.65), Fabián e Iván (Juan Luís, min.80).
- Gol: 1-0, min.80: Juan de Dora.
- Expulsión: o central dumbriés Jano.
Costoulle vencer ao Dumbría este choque ante o XSC. Foi un partido moi igualado, que arrincaba cun cadro xalleiro moi enchufado, que en apenas 15 minutos facía 3 bocas ocasións por medio de Iván Pastoriza, Pablo Landeira e Fabián. O Dumbría tamén chegaba con certo perigo, pero sen acerto ante o bo facer do meta xalleiro Iván.
A segunda metade foi de dominio local, que curiosamente dende a expulsión do seu central. Tivo que ser Juan de Dora o que decantase a balanza para os locais.
Liga da Copa da Costa Xuvenil. Grupo Norte, xornada 5
Quedou o Castriz fóra dos Oitavos da Copa da Costa Xuvenil tras caer en Baio. O equipo xalleiro, novato na competición, queda 2 puntos por abaixo dun Porteño ao que conseguía gañar na primeira xornada, pero dende esa non volvía sumar. O Porteño métese nos Oitavos con Camariñas, o líder e demostrando ser un equipo tremendamente intenso e armado; o Baio, un equipo que trata ben o balón, igual que o Ponteceso, e un Coristanco que parece que a irregularidade é o seu punto débil.
Ponteceso - Camariñas (1-2)
- PONTECESO: Santos, Lorenzo, Adri, Diego, Villar (Óscar), Isma, Recarey, Luca (Diego Pérez), Ismail, Dani Valle e Pablo.
- CAMARIÑAS: José Luís, Ariel, Mateo, Santi, Pose, Juan, Chico, Carlos (Dani, min.75), Jose, Martín e Sergi.
- Goles: 0-1, min.30: Sergi; 0-2, min.70: Sergi; 1-2, min.85: Alberto Recarey un golazo de falta.
Por intensidade gañou o Camariñas no Pinguel. Os de Pirucho puxeron a garra e estiveron un punto por riba dun Ponteceso que intentou tratar ben o balón pero que non puideron susperar a presión visitante.
Sergi foi o protagonista cos seus goles. Xa avisara cunha falta á cruceta Recarey, pero á segunda colouna, recurtando distancias pero sen tempo á remontada.
Coristanco - Porteño (4-1)
- CORISTANCO: Nacho, Iván (Abelenda, min.65), Navarro, Varela, Javi (Rubén, min.65), Brandón, Bértoa (Mosquera min.65), Christian, Crispin (Súarez, min.60), Fondo e Jonni.
- PORTEÑO: Brais, Dani, Gonzalo, Bruno, Manuel, Martín (Josiño), Rodri, Álvaro (Álex), José Manuel (Damián), Mario e Matías.
- Goles: 1-0, min.30: Jonni; 2-0, min.50: Fondo; 2-1, min.55: Matías; 3-1, min.70: Iván; 4-1, min.80: Abelenda.
Partido máis igualado do que sinala o marcador. Comezaba o último partido destes grupos da Copa no campo de A Rocheira cun Coristanco que apretaba arriba, pero con pouca chegada a portería, ata á media hora na que conseguia poñer o 1-0 no marcador por medio de Jonni. Algunha chegada por parte do Porteño inquedaba a Nacho pero aí se ían os primeiros 45 minutos.
Comezaba a segunda parte dominando o Coristanco e tras un saque de córner puña o 2-0 Fondo. Pero o Porteño non baixaba os brazos e tras unha contra Matías facía o 2-1 de contado. Metiuse de cheo no partido o Porteño, que arriscou e tivo algunhas chegadas a porteria de Nacho pero sen acerto. E nun contrataque efectivo do Coristanco marcaba b o 3-1 no minuto 70 de partido, asi o Porteño tivo que apretar arriba e debido ao desgaste do partido sentenciaba Abelenda co 4-1 no minuto 80.
Pese a esta derrota o Porteño estaría nos oitavos de final debido á derrota do Castriz en Baio.
Baio - Castriz (3-1)

- BAIO: Santi Díaz, Pablo, Michi, Silva, Efe, Kevin, Anxo, David, Pedro, Oreiro (Alfonso, min.70) e Cristian (Xoel, min.65>).
- CASTRIZ: Víctor, Álex, Pablo, Curru, José Ángel, Andi, Miguel, Jordi, Balsa, Manu e Joni. Tamén xogaron: Sergio e Javi.
- Goles: 1-0, min.55: Oreiro; 1-1, min.75: Andi; 2-1, min.80: Silva; 3.1, min.85: Pablo.
- Expulsión: o xalleiro Pablo no inicio da segunda parte.
Partido igualado en Baio, no que o cadro de Pastoriza tiña que presentar a Santi Díaz baixo paus. Así e todo, o Baio foi o claro dominador. Tras unha primeira metade sen demasiadas ocasións, Oreiro abríu o marcador nunha contra. O cadro xalleiro reaccionou e Andi acadaba o empate pero pronto Silva e Pablo facían a sentenza para os locais.
Ambos equipos protestaron a actitude arbitral.

Liga da Copa da Costa Xuvenil. Grupo 2, xornada 5
Quedan dúas xornadas para que remate a Liga sur da Copa e Muxía e Lira parece que teñen as papeletas para quedar fóra dos Oitavos, pero ollo co Mazaricos, que tampouco parece moi sobrado. Por arriba, o Cee, imparable, e o resto, moi igualados.
Muros - Fisterra (2-3)
- Goles: 1-0, min.5: Edu de penalti; 1-1, min.17: Abel; 2-1, min.30: Ramón: 2-2, min.42: Adrián; 2-3, min.89: Gabi Pazos de penalti.
Partido intenso no Eleuterio Balayo que o Fisterra acabou levantando, demostrando que cando ten gañas é un equipo temible. O Muros, a pesar das 8 baixas, meteuse por diante ante en dúas ocasións, pero o cadro verde foi quen de empatar o marcador por dúas veces na primeira metade, e esperar ao último suspiro, cando un penalti lle deu ospuntos.
Lira - Outes (1-8)
- Goles: Veleiro (3), Paulo (3), Zeta e Babu para o Outes; Yago Costa para os lirachos.
Aguantou o Lira a primeira metade, pero tralo 3º deixáronse ir na segunda metade. Primeiro Veleiro marcou 3, despois o relevo goleador colleuno Paulo que anotou outros 3, e Zeta e Babu remataron a faena.
Muxía - Cee (0-2)
- MUXÍA: Fabio, Andrés, Antonio, Maca, José Ramón, Juanjo, Edi, Marco, Samuel, Víctor e Mario.
- CEE: Paulo, Alex Corcu (Carlos Leis, min.65), Guicho, Tivi, Esteban, Rafa, Andrés (Michi, min.85), Tebo, Picallo (Álex Ferrío, min.46), Nanón e Pablo (Marco, min.70).
- Goles: 0-1, min.20: Pablo tras un erro do porteiro muxián; 0-2, min.88: MIchi tras unha xogada por banda de Ferrío.
- X.7: Dumbría e Esteirana buscarán o ascenso á Liga Galega.
- X.6: O peixe case vendido.
- X.5: A Esteirana súmase ao barco do Dumbría.
- X.4: O Dumbría queda só pero os resultados favorecen á Esteirana.
- X.3: Dumbría e Esteirana escapan cando arrinca a Copa.
- X.2: O Dumbría bate na mesa e a Esteirana segue o ritmo.
- David Castro analiza a Previa da Fase de Ascenso Xuvenil cos protagonistas.
- Os Xuvenís xa teñen grupos para a segunda fase da Liga e a Previa da Copa.
- X.22: Xuvenís: Sen sorpresas cara a segunda fase.
- X.21: Xuvenís: Todo listo no Sur e moito por decidir no Norte para a última xornada.
- X.20: O Dumbría campión e 3 das 6 prazas cubertas.
- X.19: Todo encarrilado a falta de 3 xornadas.
- X.18: As cousas claras, pero non tanto.
- X.17: Descanso de Nadal para algúns.
- X.16: Escapan os 3 de arriba.
- X.15: Perfílanse as 3 primeiras prazas de cada grupo.
- X.14: O Cabana freou ao Malpica.
- X.13: Xornada cos despachos como protagonistas.
- X.12: Xuvenís: O Malpica dá un paso adiante no Norte e Esteirana e Cee no Sur.
- X.11: Dúas loitas abertas no ecuador.
- X.10: Novo cambio de líder na igualada Liga Norte.
- X.9: Xuvenís: O Dumbría impón a sua lei no Sur e 4 equipos loitan igualados no Norte.
- X.8: O Malpica dá un paso adiante tirando de efectividade.
- X.7: O Dumbría manda no Sur e a igualdade no norte.
- X.6: Facéndose ao cambio xeracional.
- X.5: O Dumbría arrasa polo Sur mentres no Norte volven cambiar de líder.
- X.4: Nin a calor pode con eles.
- X.3: Con medo a descolgarse.
- X.2: Arrincaron dúas Ligas tremendamente abertas.
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- Facebook Fútbol da Costa.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
- Xa temos sorteo da I Copa da Costa Infantil.
- División Honra Cadete: Mantendo o ritmo.
- 3ª Autonómica: Todo listo para a última batalla.
- 2ª Autonómica: De infarto por arriba e por abaixo.
- 1ª Autonómica: Os de arriba marcan o paso.
- Preferente: Peor case imposible.
- Resultados e crónica da última xornada de marzo do Fútbol da Costa.
- O Gato parapenaltis.
- O campo de fútbol de Louro terá herba artificial a temporada que vén.
- Alberto Pose: Unha fiestra aberta para acoller Campionatos Nacionais na Costa da Morte.
- Óscar Suárez e Raúl lideran as táboas dos pichichis da Costa.
- A Pipa de Corredoira: 30 novos adestradores diplomados na Costa.
- Alberto Pose: Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
Con Fabio, xogador de campo, baixo paus, e apenas 11 efectivos tiña que recibir o Muxía a todo un Cee. E deu a cara o equipo de Javier Lema, e mesmo foi superior durante moitos minutos ao cadro ceense. Foi un partido sen dominador, sen ocasións, bastante frouxo polas dúas bandas nas que o Cee non se adaptou ao céspede de Arliña.
O Cee adiantouse por medio de Pablo, pero foron os minutos nos que a incertidume estivo no marcador. Puido o Muxía empatar pero os Víctor e Mario non estiveron finos nos mans a mans e foi Michi, xa case que co tempo cumplido, o que sentenciaba.
Crónicas das Ligas Xuvenís
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
O Album de cromos do #FutboldaCosta
