Xuvenís: Todo listo no Sur e moito por decidir no Norte para a última xornada
Se no Sur todo o peixe está vendido, a última xornada será apaixoante polo Norte, polo que a APP do Fútbol da Costa botará fume na tarde sabatina.
Reunión da 2ª Fase e da Copa
E atentos, que este vindeiro luns 3 de febreiro, hai convocada pola Federación unha reunión en Baio ás 20:15 para artellar a Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega e á Copa da Costa.
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 21
Como está a cousa polo Norte. Falta unha xornada e 3 equipos loitarán por dúas prazas para a Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega. Co Cabana xa matematicamente campión, Corme, Malpica e Coristanco, por esa orde, terán que solventar os, a priori, sinxelos partidos que lles restan.
Ao Corme chégalle un empate en Muxía para ser 2º, pero toca unah complicada papeleta en Arliña.
Ao Malpica válelle facer o mesmo que o Coristanco, pero cómpre destacar que este terá, a priori, un partido fácil ante o Porteño.
Polo tanto, en teoría deberían gañar os 3 pero só o Coristanco non depende de si mesmo, polo que se non perde o Corme, ou empata ou perde o Malpica, o Coristanco quedaría fóra.
Corme - Cabana (2-2)
- CORME: Rubén, Sergio, Iván, Cristian, Eloy, Joshua, Isma, Brais, Juanma, Manu (Antonio, min.50) e Isaac (Fran, min.63).
- CABANA: Adrián, Cristian (Grille, min.55), Raúl, Laik, Aurelio, Diego Mato, Redondo (Cristian Varela, min.87), Iván Mato, Álex, Dani Mato e Pablo (Darío, min.73).
- Goles: 1-0, min.20: Isaac por riba do porteiro; 1-1, min.35: Diego Mato de trallazo pola escuadra; 2-1, min.75: Joshua de penalti por unhas mans; 2-2, min.80: Diego Mato de falta pola escuadra.
Partido tremendamente igualado o disputado o que se xogou este pasado sábado no campo do Cairo entre dous equipos fortes como son o Corme e o Cabana. Un encontro xogado entre una inmensa niebla e cunha mezcla de nerviosismo e emoción. Cun Cabana, iso si, que tirou un pouco máis do partido, cun lixeiro dominio, pero aínda así algo nerviosos.
Sen embargo, comezaría o Corme meténdose por diante cun tanto de Isaac en posible fóra de xogo, segundo protestaron os visitantes. Pero Diego Mato anulaba a vantaxe tras varios bos minutos dos de Fernando, para marchar ao descanso en táboas.
Arrincaba a segunda e o colexiado inventaba un penalti que Joshua non marraba. Tiña que volver remar o cadro rossonero ante un Corme bastante cómodo, e foi de novo Diego, de falta e pola escuadra, o que asinaría unhas xustas táboas, que deixan ao Cabana campión, e ao Corme con moitas posibilidades de meterse na seguinte fase.
Laxe - Muxía (4-4)
- LAXE: Martín, Sergio Cotelo, Sergio Lema, Simal, Soto, Santi, Dani, Djamel, Elías, Adrián Lema e Manu (Saleta, min.46).
- MUXÍA: Hugo, Carlos, Juanjo, Ancho, Andrés, Santi, Edi, Víctor Alcaina, Josiño e Castreje.
- Goles: 0-1, min.1: Adrián Lema; 1-1, min.20: Castreje; 1-2, min.22: Víctor Alcaina; 1-3, min.40: Víctor Alcaina; 2-3, min.55: Elías; 3-3, min.80: Adrián Lema; 4-3, min.82: Elías; 4-4, min.89: Josiño.
Partidazo en Laxe de ida e volta e movemento nos marcadores. O Muxía se metía por dúas veces por diante na primeira metade, pero o Laxe respobndía na segunda, dándolle a volta ao marcador e mesmo poñendose por diante. Un tanto de Josiño xa case que co tempo cumplido puña as táboas finais no marcador.
Baio - Porteño (9-0)
- Goles: Kevin (3), Estefan (2), David, Cristian Pazos, Santi Díaz e Jose At.
Partido sen historia que polo menos lle serve ao Baio de quitarse á espiña por unha temporada inxusta polos méritos realizados polo equipo de Pastoriza, que acabou abonado ao empate.
Ponteceso - Castriz (3-0)
- Goles: 1-0, min.10: Pablo Pailos; 2-0, min.80: Alberto Recarey; 3-0, min.88: Pablo Pailos.
Partido dominado polo Ponteceso, pero ante un Castriz que aguantou 80 minutos metido no partido. Só o gol no min.80 de Alberto Recarey sentenciaba o choque.
Coristanco - Malpica (5-4)
- CORISTANCO: Nacho, Iván (Suárez, min.65), Varela, Rubén, Navarro, Brandón, Jorge, Bértoa, Joaquín (Pombo, min.65), Joni e Fondo.
- MALPICA: Manuel, Jorge, Víctor Novo, Canario, Steven, Mouri (David, min.72), Eloy, Guille, Pitís, Almeida (Brais, min.94), Kevin.
- Goles: 0-1, min.2: Almeida coa caña tras un córner; 1-1, min.10: Jorge de cabeza; 1-2, min.15: Kevin a centro de Almeida; 2-2, min.20: Jorge de falta; 3-2, min.25: Jorge de novo de falta; 3-3, min.44: Pitís aproveita un rexeite de Nacho; 4-2, min.70: Suárez; 5-3, min.74: Joni a centro de Suárez; 5-4, min.76: Kevin en xogada individual.
Partidazo na Rocheira cun ambientazo espectacular. E non era para menos pois o Coristanco tiña opcións de meterse na 3ª praza a falta dunha xornada para o final. Pero non o conseguíu e o a priori inútil gol de Kevin ao remate do partido serve para que o Malpica manteña o golaverage individual e parta con vantaxe de cara á última xornada.
Como dicimos, foi un partido de poder a poder. A primeira media hora foi de tolos. O Malpica pegaba e o Coristanco tiña que remontar ata en dúas ocasións, para poñerse por diante con dous fermosos goles de falta de Jorge, como vemos no vídeo que nos pasa a SD.
Pitías facía a igualada ao fío do descanso deixando unha segunda metade espectacular. Comezaba mellor o Malpica a segunda pero enfronte atoparon a un Nacho que pasa por ser dos mellores porteiros da categoría. Sen embargo, o Coristanco non fallaba, e Suárez primeiro, e Joni, o mellor do partido, despois, puñan o 5-3 no marcador cun remate acrobático.
O Malpica volcouse e de contado Kevin facía ese goliño que vale media praza, e seguiron intentando conseguir o empate pero a defensa local empregouse a fondo para evitalo.
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 21
Impresionante o que está a facer Diego Lobelos e Óscar Leis con este Dumbría. 15 vitorias e 2 empates en 17 partidos, con 74 goles a favor e só 9 en contra, dando conta do traballo táctico e técnico que hai detrás desta fantástica camada de xogadores, chamados a seguir facendo cousas grandes para o fútbol da Costa.
Coa vitoria do Dumbría ante o Cee, Esteirana e XSC certificaron o seu pase. Os blaugranas non perdoaron en Mazaricos pero aos verdes e laranxas se lles atragantou a mellor versión, a que só aparece de cando en vez, do Fisterra.
Así, Outes, Fisterra, Cee, Muros, Soneira, Mazaricos e Lira afrontarán a primeira fase da Copa, mentres Dumbría, Esteirana e XSC buscarán cos 3 primeiros do Norte o campionato de Liga e unha segunda praza que dea acceso á Fase de Ascenso á Liga Galega.
Xallas StComba - Fisterra (2-4)
- XSC: Coke, Xoel, Alberto, Alex, Cristian Torres, Tefi, Jose M., Adrián, Styven, Pablo Landeira e Fabián.
- FISTERRA: Ángel, Javi, Cartamil, Suárez, Breixo, Gabi, Beto, Moisés, Josema, Noé e Abel.
- Goles: 1-0, min.10: Adrián Caamaño; 1-1, min.20: Abel; 2-1, min.47: Fabián; 2-2, min.60: Abel; 2-3, min.65: Suárez; 2-4, min.70: Noé.
Moi bo partido do Fisterra de Nacho, que só contaba con 11 xogadores, pero dos que rinden. Ademais, Abel está a un nivelazo e así o demostrou con 2 tantos e un despliegue fantástico no terreo de xogo.
Foi un choque vistoso, con alternativas no marcador, e o cadro fisterrán tivo que remontar ata en dúas veces os goles xalleiros. Un cadro de Rafa que, se cadra, sabéndose xa case clasificados, saían algo relaxados. 3 goles consecutivos no ecuador da segunda, aproveitando a páxara local, acabaron co partido.
Mazaricos - Esteirana (0-4)
- Goles: 0-1, min.15: Raúl Lestón; 0-2, min.20: Raúl Lestón; 0-3, min.55: Raúl Lestón; 0-4, min.60: Raúl Lestón.
Partido no que a Esteirana tivo a sorte de cara e encarrilou pronto o partido.
Soneira - Outes (0-3)
- Goles: 0-1, min.25: Babu; 0-2, min.35: Veleiro; 0-3, min.75: Yura.
Non foi tan clara a vitoria do Outes ante un Soneira que aguantou ben a primeira metade. De feito, púidose meter por diante o cadro local pero non acertou e de contado Babu adiantaba aos visitantes. Veleiro ampliaba a renda antes do descanso e aí case que mataba o partido, pois a segunda foi case de trámite e só valeu para que Yura, que completou unha gran fin de semana tamén cos maiores, ampliase a renda.
Dumbría - Cee (4-0)
- DUMBRÍA: David, Fanián, Jorge, Castro, Adrián, Alex, Martín, Alcaina, Kevin, Antón Lestón e Javi. Tamén: Roberto, Mauro, Marcote e Couto.
- CEE: Paulo, Mario, Picallo, Cristian, Tebo, Abraham, Jorge, Rafa, Felipe, Pablo e Esteban. Tamén: Styven, Vilela, Marco, Alex e Fernando.
- Goles: 1-0, min.2: Javi; 2-0, min.10: Alcaina; 3-0, min.30: Martín; 4-0, min.60: Marcote.
O líder recibía no derbi a un Cee que tiña que gañar para poder clasificarse para a liguilla, pero en 10 minutos esfumouse dita posibilidade. I é que sen facer nada do outro mundo, só saíndo algo máis enganchados, o Dumbría adiantaríase xa no minuto 2 con gol de Javi. E moi pouco despois Alcaina cun bo disparo desde fóra do area ponia o segundo.
O Cee intentábao sen moito acerto, proba diso o erro na saída de balón que costaría o terceiro gol de Martín só ante un Paulo que nada pode facer.
Cun omnipresente Tebo e un gran Pikallo, que puido meter o 3-1, o Cee intentaba ter o balón, pero o acerto dumbriés era maior gran axudados pola solidez dunha liña defensiva inconmensurable todo o encontro e ao gran partido de Adrián Alcaina. Xa na segunda parte, un remate de volea de Marcote dentro da área poría o definitivo 4-0, demostrando o gran traballo de Óscar Leis e Diego Lobelos á fronte desta fantástica camada de xogadores. Sen dúbida, os favoritos para levar o título na segunda fase, e claros candidatos a subir á Liga Galega.
Crónicas das Ligas Xuvenís
- X.20: O Dumbría campión e 3 das 6 prazas cubertas.
- X.19: Todo encarrilado a falta de 3 xornadas.
- X.18: As cousas claras, pero non tanto.
- X.17: Descanso de Nadal para algúns.
- X.16: Escapan os 3 de arriba.
- X.15: Perfílanse as 3 primeiras prazas de cada grupo.
- X.14: O Cabana freou ao Malpica.
- X.13: Xornada cos despachos como protagonistas.
- X.12: Xuvenís: O Malpica dá un paso adiante no Norte e Esteirana e Cee no Sur.
- X.11: Dúas loitas abertas no ecuador.
- X.10: Novo cambio de líder na igualada Liga Norte.
- X.9: Xuvenís: O Dumbría impón a sua lei no Sur e 4 equipos loitan igualados no Norte.
- X.8: O Malpica dá un paso adiante tirando de efectividade.
- X.7: O Dumbría manda no Sur e a igualdade no norte.
- X.6: Facéndose ao cambio xeracional.
- X.5: O Dumbría arrasa polo Sur mentres no Norte volven cambiar de líder.
- X.4: Nin a calor pode con eles.
- X.3: Con medo a descolgarse.
- X.2: Arrincaron dúas Ligas tremendamente abertas.
Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
- Facebook Fútbol da Costa.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
- División de Honra Cadete: O Dumbría saca o rodete.
- 3ª Autonómica: O Montelouro non deixa escapar ao Baíñas.
- 2ª Autonómica: Emoción ata o último suspiro no carrusel da Liga da Costa.
- 1ª Autonómica: O Malpica mete en problemas á Esteirana e o Ponteceso asoma a cabeza.
- Resultados dunha nova xornada completa no Fútbol costeiro.
Artigos relacionados
- A maquinaria colchonera en Dumbría conta cos grandes formadores da zona.
- Máis dun milleiro de persoas comprobaron a importancia social do clube decano do Fútbol da Costa.
- Doro e Antonio Mouro, xalleiros do ano.
- Santa Comba será a sede dun novo curso de Adestradores.
- A Escola dumbriesa do Atlético de Madrid abre as súas portas a toda a bisbarra.
- A Pipa de Corredoira: 30 novos adestradores diplomados na Costa.
- Alberto Pose: Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
- O libro Mar de Paixón presentouse cos grandes mitos do Fútbol da Costa.
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
- #Regateegol: Vídeoentrevista cos presidentes máis novos do Fútbol da Costa.
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Colabora o UC Cee, o blog do Malpica de Luis Porto e Cabana SD.