O Modesto Patrimonio: Historia da antiga Ermida da Fonte Santa de Buxantes
Parte desta historia xa foi publicada por este autor, no ano 2013 na revista Santuario das Neves pero con este artigo imos ampliala con más detalles. A información foi sacada de documentos antiguos, e das anotacións sacadas polo cura D. Manuel de Coucieiro e dos comentarios de vecinos de idad avanzada da parroquia.
Este lugar, coñecido como “Caserío da Fonte Santa", xa desaparecido, localízase nas coordenadas ETRS89, X = 489661; Y = 4758460 a unha altura de 260 m. sobre o nivel do mar. Encóntrase na encrucillada de dous Camiños Reales que procedente do Pindo – O Ézaro conduce a Muxía e o de Fisterra - Cee a Santiago cruzábanse neste punto. Algún documento antigo fala que aquí existía un “Oratorio” no S. XV influenciado polo benedictinos do Mosteiro de Baíñas, que sería mais tarde ampliado a unha capela. Falan que neste territorio existía ocultas certas enerxías especiales e unha fonte con augas milagrosas e curativas. Se chegamos o S.XVII, nunha visita pastoral do Canónigo Gerónimo del Hoyo nos conta que “En esta ermita conocida como Nuestra Señora de la Fuente Santa por lo que tiene muy buena y grande fuente. Un poco más abajo posee una gran pila redonda. Tiene 16 ferrados de trigo de renta y piezas de ganado por el monte”.
A auga desta fonte foi canalizada por un canal de terra nun treito de un quilómetro para abastecer o lugar de Figueiroa.
Si repasamos o catastro do Marqués da Ensenada, sobre o ano 1761 existía neste lugar un veciño labrador coñecido como Isidro Miguez. Tiña 2 bois, unha vaca, 12 ovellas, 2 carneiros, 5 cordeiros e un lechón. Tamén tiña leiras labradías. Unha coñecida como Leira Grande situada o sur da capela e outra pequeña o norte. O lado da casa, que xa non existe, tiña a eira e maila horta coñecida como Tras das Cortes, o Agro das Eiras. Tamén tiña un hórreo. Según me contaron este hórreo foi traladado ao lugar de Figueiroa, que todavía existe. Tamén tiña un muíño no río da Carballa, próximo Os Pasales do Corchete, desaparecido a mediados del S.XX por unha crecida. Nun documento encontramos que un fillo desta familia chamado Domingo Miguez foi a servir ao arzobispo de Toledo e os vecinos de Buxantes o recordaron mediante un funeral o 12 de Decembro de 1786 na igrexa parroquial.
Xa no ano 1785, sendo cura Bentura (escrito con B) Gregorio González Fajín tiña o “Libro de visitas” donde asentaban a contabilidad, sendo mayordomos nesas datas Tomás de Quintáns, Cayetano Blanco, Gregorio de Sendón, estes último debían ser do lugar de Miñóns.
Esta capela fíxose pequeña para acoller os devotos e no ano 1791 o cura D. Ventura Gregorio González Fajín contratou a súa ampliación sin contar co permiso de frades de Moraime. Estes, enfadados, provocaron un preito e grandes problemas co cura e cos mayordomos pola súa posesión. Resolto o preito fixeron a capela actual gracias a venta das bestas que tiñan en aparcería polo montes da parroquia. Uns anos máis tarde construiron unha pequeña capela exterior no lateral norte para oir misa os días da feira o terceiro Domingo de cada mes.
O caserío da Fonte Santa, aparte de ser taberna-posada facía de oficina onde se xuntaban os escribanos e notarios para escriturar documentos forales da comarca. Tamén era unha especie de albergue para as deligencias e peregrinos hacia Santiago e Muxía.
Todo cambiou coa chegada do exército napoleónico no ano 1809. Depois de acampar no lugar de Hospital, o días 12 e 13 de Abril, con rumbo a Cee e Corcubión queimaron o caserío das Casas de Maias (xunto a fábrica do Hospital) e destrozaron o lugar da Fonte Santa. Contaban persoas de idade avanzada escoitar da xente maior que o dono do lugar, encamado, non pudo escapar e o ataron o rabo dunha besta e o arrastraron has as Brañas Hedras, distante uns 500 metros. Unha salvaxada…
A Capela foi recuperando a fama a partir do ano 1912 ata 1961 coa familia Domingo Sendón do lugar de Miñóns, recién chegado de Buenos Aires e co seu fillo Benedicto. Como administradores lograron darlle moita fama, sendo unha das mellores festas da comarca. Outro veciño, coñecido como Pais de Figueiroa, carpinteiro, canteiro e Ferreiro preocupábase de que a capela non se deteriorada. Restaurou a caixa do altar maior, pintou o retablo. No ano 1918 fixeron obras na fonte colocando as pías de pedra e dos caños de latón. A festa das Neves celebrábase o 5 de Agosto pero neste mes era de moito traballo cando se recollia a colleita dos cereales como o trigo e o centeo e no ano 1923 determinaron cambiar a festa ao 8 de Setembro. No ano 1932 costruiuse a espadaña sobre a porta principal de entrada onde máis tarde roubáronlle a campana. No ano 1934 construise a sacristía polo lateral norte, onde comían os curas os días de festa. Tamén o 8 de Xuño de 1882 comenzou unha feira de gando e frutos, que se celebraba os terceiros domingos de cada mes, que máis tarde sería trasladada a Pereiriña, co nome de “Feira Nova”.
Sobre o ano 1960 comenzaron os traballos da concentración parcelaria en Buxantes. Primeiro concentrouse o monte, tomando posesión das fincas no ano 1964 e no 1969 as fincas de labradío. O solar da capela duns 800 m2 que estaba cercada con muro, non sufriu transformación, lindando cun camiño público polo lateral norte e oeste, e fora deste recinto, a uns 30 m. encóntrase a milagreira Fonte Santa unida por un carreiro de servidumbre. A uns 60 m. polo leste lindaba co camino o lugar da Carballa onde existía un cruceiro que os días de festa era visitado coa procesión. Naquela época, o cura da parroquia, D. Jesús Blanco Pailos determinou, finalizada a concentración, traladou a dentro do recinto amurallado coa mala fortuna que no traslado rompeo. Tamén trouse outro cruceiro que estaba a 700 m. no Camino Real e facía de marco entre as parroquias de Buxantes e Dumbría para colocalo xunto a fonte que todavía existe. Coa chegada deste cura, no ano 1958, surdiron moitas desavenencias organizativas e os comisarios abandonaron os cargos. A partir de aquí non houbo festas durante uns anos, quedando limitado os actos relixiosos. Sorprende que este cura non fixera as xestións necesarias para aumentar o recinto sagrado pedindo unha “masa común”, metendo a Fonte Santa dentro. Co paso do tempo a parroquia comenzou a sufrir estas consecuencias o carecer de espacio para eventos culturales, orquesta, actividades gastronómicas e aparcamento de vehículos. Pode este territorio recuperar na actualidade o prestixio que tiña cos noso antepasados?.
Creo que si. No ano 2002 un veciño do lugar de Figueiroa (q.e.d.) e os seus herdeiros, que lindaban polo norte donaron desinteresadamente uns 800 m2 para uso e disfrute dos parroquianos. O concello o preparou como merendero y área de descanso para os peregrinos, mantendo parte dos restos do antigo lugar da Fonte Santa como testigo. Este veciño tamén cede voluntariamente o terreo para o aparcamento os días de festa. Falta que o outro veciño que faga algo semellante co terreo da fonte mediante un acordo parroquial. Co valor deste terreo sagrado, nadie se fai rico e solo se cobrará a longo prazo deixando un recordo histórico para todo os vecinos e devotos da comarca. O concello tamén colabora en restaurar o muro caído, merendeiro, e a limpeza, e arreglo dos camiños do entorno. Creemos e esperamos que pronto se recupere o prestixio perdido deste Santuario.
NOVAS DE MODESTO
OUTROS ARTIGOS NO "MODESTO PATRIMONIO”
- A Devesa do Anllares (Arcos)
- As cancelas do lugar do Ézaro. De mediados do 1800 aos finais do 1900
- O río Castro nas imaxes de satélite modernas
- Penas Sacras polo territorio de Dumbría.
- O Marco do Couto e O Vakner no concello de Dumbría.
- A primitiva capela de San Antoniño de Brens.
- O Calendario dos artegos.
- A pedra do Encanto de Olveiroa.
- Os muíños fariñeiros en Dumbría.
- O Cruceiro do Alto de Gures.
- Muíños Hidráulicos no Concello de Cee.
- Modesto García Quintáns debulla a historia da Casa da Vacariza, que entra na lista vermella do Patrimonio.
- Ano 1902: Consternación na comarca de Fisterra ante a catástrofe no Ézaro.
- Modesto García Quintáns debulla a historia da Casa da Vacariza, que entra na lista vermella do Patrimonio.
- O Modesto Patrimonio: O Cruceiro de Rebordelo,
- Demografía no Concello de Dumbría.
- A Bandeira do Concello de Dumbría.
- A fervenza de Miñóns de Buxantes.
- A Central Hidroeléctrica de Buxán de Dumbría.
- O escudo de Dumbría.
- Os Pasales, a barreira natural do paso sobre o Río Xallas.
- A Casa da Pedra do Ézaro.
- O muíño fariñeiro máis antigo documentado no Concello de Dumbría.
- Memoria histórica lingüística (toponímia) e etnografía do Concello de Dumbría.
- O Cura Rioboo de Berdeogas.
- O Balcón da Costa da Morte.
- As antigas cancelas e e corredoiras de Dumbría
- O Hórreo na Comarca de Fisterra.
- A hidrografía no concello de Dumbría.
- A Ferigresía de Refoxos.
- A Ruta de Pallares.
- Muíños do Río da Lagarteira (II).
- Muíños do Río da Lagarteira (I).
- Un paseo á Ermida das Neves de Buxantes.
- O caserío dO Cotelo de Olveira.
- O Cemiterio de Buxantes.
- A Santiña de Trasufre.
- O Castro de Alvarellos de Berdeogas.
- Lugas de Castrelo, Colúns.
- A Capela de San Marcos do Logos.
- Os muíños do Rego de Quenxe.
- Por que lle chaman as Caldeiras do Castro?:
- Semellanza dos nosos muíños fariñeiros cos canarios.
- Os muíños da nosa comarca.
- Recordando o día máis angustioso de Xesús.
- As varas: As antigas unidades de medida.
- Recordando algo da historia da parroquia de Berdeogas.
- A hidrocentral “Electra del Jallas”.
- O 50 aniversario do Encoro da Fervenza.
- A igrexa parroquial de Dumbría.
- Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- O piñeiro-marco entre Cee e Corcubión.
- A escola de Dumbría.
- Reparación do piso e do teito da Igrexa de Buxantes.
- O Dolmen da Pedra da Arca.
- A Cabana da palla do millo.
- Apañar o mato en primavera.
- A Ponte de Canelas en Dumbría.
- O arado de madeira ou tamén chamado romano.
- O Cruceiro pantasma do Monte de Olveira.
- Memoria Histórica de Buxantes – Muíño da Fonte Santa.
- O Castro de Castromiñán.
- O lugar de Quenxe.
- A Igrexa Parroquial de Buxantes.
- A Igrexa Parroquial da Ameixenda.
- O Bico do Santo en Carnota.
Patrimonio Pindexo
- Monte do Pindo, o remedio natural para rebaixar o colesterol.
- O Modesto Patrimonio: Subida ó Pico de Peñafiel do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A toponimia do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: O topónimo: O Pindo ou Monte Pindo?.
- O Modesto Patrimonio: Explorando a toponimia dos camiños do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cabana das Chozas, outra Caverna dos refuxiados no Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Furna do Río da Barco.
- O Modesto Patrimonio: Fonte Mateo e A Cova dos Morcegos no Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cova da Pendente do Monte Pindo.
- O Modesto Patrimonio: Os muíños do Monte do Pindo.
- Con Pepe do Fieiro redescubrindo os tesouros do Monte Pindo.
- Pepe do Fieiro: “Dicían os nosos vellos…”.
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1).
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 0).
- Da Raínha Lupa á Cova da Xoana, pasando por Duio, con Pepe do Fieiro.
- Os muíños do Monte do Pindo, por Modesto García Quintáns.