Sábado. 27.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Baio, o único que suma da Costa

Esteirana-Baio--Foto-Luis Gonzalez 2
Esteirana-Baio-Fotos de Luis González
1ª Galicia: O Baio, o único que suma da Costa

Nova xornada, e xa van varias nesta serie de campionato, nefasta para os equipos da Cosa. 4 derrotas e só a vitoria do Baio no derbi (alguén tiña que sumar) ante a Esteirana.

Tivo opcións o San Lorenzo, pero caeu ante un potente Unión. Máis duras foron as derrotas do Dumbría ante un Calo, e do Fisterra ante o Tordoia, encaixando practicamente no desconto.

Esteirana - Baio (0-1)

11 da SD Esteirana ante o Baio-Foto-Luis Gonzalez

  • Esteirana: MJ, Simón, Code, Damián, Tobío, Alex Rama, Pachi, Oli, Elías, Kevin Rial, Rober Pladur. Tamén: Martín Rama, Adrián, Pablo Rama, Kdvin Lariño, Alex, Brais Noceda e Sergio.

11 do CD Baio en Esteiro-Foto-Luis Gonzalez

  • Baio: Javi Souto, Pablo Rod., Norberto, Pazos, Dani, Damián, Sergio Antelo, Bieito, Porty, Josiño, Diego Santancier. Tamén: Iván Fraga, Bruno, Pablo, Guille Botas, Sergio ERod., Alex Muíño.
  • Gol: 1-0, m.32: Josiño.

Esteirana-Baio no Xose Luis Vara-Foto-Luis Gonzalez

Afeccion no Xose Luis Vara-Foto-Luis Gonzalez

Partido típico de derbi, con poucas ocasións de gol, clásico de empate, que se decidiu nunha acción illada na primeira metade. O Baio tivo algo máis de dominio e control, pero apenas houbo chegadas nas áreas. Na segunda, a Esteirana estirose pero os baieses souberon xogaron co resultado de cara, facendo desgastar ao cadro esteirán que non foi quen de xerar xogo de perigo.

Se para o adestrador baiés Félix foi unha “vitoria merecida”, para o cadro esteirán, “o fútbol está sendo un pouco inxusto coa Esteirana. Estamos recibindo demasiado castigo para o visto no campo”, sinala un Néstor que se ben valora que o seu equipo non fixo un gran partido e está inmerso nunha dinámica moi negativa (5 partidos sen gañar), o Baio apenas inquedou un par de veces á meta local.

Esteirana-Baio Guille-Foto-Luis Gonzalez
Esteirana-Baio-Foto-Luís González

Fisterra - Tordoia (2-3)

  • Fisterra: Paulo, Colombia, Breixo, Rubén, Aarón, Jano, Juan, Luis, Lobelos, Adrián Makaay, Estévez. Tamén: Lois, Mario, Juan Lagoa, Marcote, Christian e Guille.
  • Goles: 1-0, m.6: Jano remata unha falta de Makaay; 1-1, m.25: Denis; 1-2, m.59: Alberto; 2-2, m.73: Estévez tra un pase de Guille; 2-3, m.85: Denis.

Fisterra en Bertamirans

Morreu na beira o Fisterra despois de facer un partido de supervivencia. Chegaba con moitas baixas o cadro de Lobelos, pero empezaban facendo unha media hora moi boa, facendo dano a balón parado, marcando e roubando e tendo ocasións. Pero con pouco facían o empate os visitantes, que ían comezando a superar liñas.

Na segunda volveu comezar ben o Fisterra, pero ao cuarto de hora marcan tras unha boa parada de Paulo. Arriscaron aí os locais, con Rubén conectando con Estévez, tendo boas ocasións para empatar, ata que un pase de Guille consegue deixar só a un Estévez que non perdoa. Estaba o partido para caer do lado local facendo mesmo triangulacións fermosas, e mesmo Makaay manda ao pau.  

Pero volveu aparecer Denis Becerra, o eterno "matacosteiros", que pesca un despexe lonxo tras varios rexeites para darlle a vitoria aos de Nando Muíño. Os últimos instantes son de acoso constante dos fisterrás pero non houbo sorte.

San Lorenzo - Unión (0-2)

  • San Lorenzo: Puyol, Samuel, Lucho. Pablo, Alex Costa, Alberto Campos, Mateo Canedo, Juanjo Diego Varela, Alex Taibo. Tamén: Manu Mato, Raúl, Joaquín, Iago, Riki, Jonathan, David Lorenzo.
  • Goles: 0-1, m.15: Cristian de falta; 0-2, m.90: Reboiras de falta.

Duas faltas directas demostraron a pegada do Unión. O cadro visitante dominou a primeira metade, pero sen demasiado perigo, agás esa falta de Cristian, un lateral esquerdo doutra categoría, que xa vén facendo estragos aos equipos costeiros.

Na Na segunda foron máis arriba os de Lapdo, que se tornaron dominadores. Pouco a pouco ían envorcando máis e máis o campo, e cando máis apretaban, xa no treito final chegaba a mellor ocasión, cun remate de Juanjo ao longueiro. E do posible empate, na xogada seguinte falta dubidosa ao borde da área, expulsión de Mateo Canedo, e gol de falta de Pablo Reiras…

Dumbría - Calo (1-2)

11 do CF Dumbria

  • Dumbría: Anxo, Samuel, Pablo Paz, Kanario, Gabri Goyes, Adrián Periscal, Mataso, Lucas, Raúl, Mario e Dani Chao. Tamén: Isma, Alex Sendón, Alex Blanco, Antón, Alex Sánchez e Xián.
  • Goles: 1-0, m.4: Goyes; 1-1, m.54: Andrés Díaz; 1-2, m.90: Marcos Mella.

Kanario capi do Dumbria co trio arbitral

4º partido sen gañar do cadro dumbriés, que deixou escapar 2 puntos no desconto.

CRÓNICAS DA 1ª GALICIA

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios