Martes. 30.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: Dúas loitas moi vivas

SD Oza dedicando a vitoria en Zas a Javi
O SD Oza dedicou a vitoria en Zas ao seu capi Javi
3ª Galicia: Dúas loitas moi vivas

Quedan dúas loitas ben vivas a falta de 5 xornadas para o remate. Descansaba o Xallas, xa co ascenso directo sentenciado e a dous chanzos de asegurar o título. Quen acompará no ascenso directo ao cadro xalleiro será unha das pelexas. Soneira e Sofán B non ceden, pero tampouco o Corcubión, a só 4 e 3 puntos de vimianceses e carballeses e cun partido menos.

Na loita pola promoción, o Oza case que deixaba sentenciada a súa presenza freando ademais a un Zas que vén de menos a máis.

A 6ª praza, que ten o Lira, é a que pode sufrir variacións. O Buño vencía ao cadro liracho, polo que Cerqueda, Zas e Malpica, a pesar das derrotas, aínda teñen opcións. Mal partido do Seaia nas Fontiñas despedíndose xa da batalla.

Buño - Lira (4-3)

  • Buño: Fran Souto, Alan, Fran, Breo, Eloy Santos, Hugo, Elías Suárez, Castro, Suso, Facal. Tamén: Jorge Calvete, Fabián, Andrés, Brais.
  • Lira: Raúl, Isaac Maceiras, César Calvo, Cartamil, Amoedo, Migueliño, Juan, Marcos Sánchez, Ángel Sestayo, Ánge Vigo, Ra. Tamén: Alexis Cambeiro, Aron, Marcos Pérez, Oli e Alexis Lago.
  • Goles: 1-0, m.17: Hugo; 1-1, m.28: Ángel Sestayo; 2-1, m.47: Breo; 2-2, m.56: Juan; 3-2, m.70: Breo de penalti; 4-2, m.75: Fran; 4-3, m.82: Amoedo.

Vistoso partido en Xaviña, nun partido importante na loita pola promoción. O Buño foi superior ante un Lira, que non conseguía defender o xogo combinativo do Buño e non acaba de crear perigo nas contras. Nun dos moitos córners que conseguía o cadro local, Hugo abría o marcador. Tiña que aparecer Raúl para salvar ao Lira salvando un man a man e mandando ao longueiro un tiro de Breo. Foi situándose o cadro liracho, que empataba cun tiro de fóra de Ángel, e tendo dúas boas ocasións antes do descanso, cunha falta de Amoedo que petaba no longueiro, e unha saída de Fran que Ángel toca e sae por pouco.

Saíron mellor os visitantes na segunda, con 4 córners, peroera o Buño o que se metía por diante por medio de Breo nunha contra. O Lira empurraba pero o Buño afiaba a sías contra. Era Juan o que empataba de tiro dende a frontal, con media hora por diante.

Pero aí o Lira cometeu un par de erros en defensa: un penalti de Amoedo que permitía a Breo facer o terceiro, e un erro na saída de balón que permitía a Fran facer o cuarto, a pesar dos dous paradóns de Raúl.

Foron os carnotáns á desesperada, e Amoedo recortaba a balón parado, tendo aínda outro remate Cartamil para case empatar.

Laxe - Ameixenda (6-2)

  • Goles: 0-1, m.1: Cristian Canosa; 1-1, m.11: Pedro; 1-2, m.15: Óscar; 2-2, m.32: Pedro; 3-2 m.60: Pedro; 4-2, m.71: Íker; 5-2, m.86: Fran; 6-2, m.89: Aarón.

Saía o Ameixenda moi enchufado no partido conseguíndose meter por diante ata en dúas ocasións. Pero o Laxe conseguía empatar á media hora. A expulsión do ceense Jesús ao final da primeira foi clave par o devir da segunda, cando o Laxe foi superior e acabou goleando.

Atlético Pereiriña - Sofán B (0-5)

Sofan B copia
11 do Sofán B
  • Goles: 0-1, m.12: Dani Calvete; 0-2, m.27: Adrián Vázquez; 0-3, m.60: Mario Vila; 0-4, m.70: Adrián Vázquez; 0-5, m.80: Adrián Vázquez.

Demasiado castigo para o Pereiriña que non fixo mal partido ante un gran Sofán. Os de Joaquín Quintáns seguen cunha praga de lesións e tiñan só 11 xogadores polo que aguantaron ata ao hora de partido. Tres goles de Adrián Vázquez, que se afianza no alto da táboa de “pichichi”, forn claves, nun partido no que debutaba Tacko Saydou cos de Barca.

Malpica - Soneira (0-1)

  • Malpica: Nacho, Jorge Pargha, Pombo, Diego, Lou, Cristian, Eloy Vilas, Adrián Pose, Samuel Periscal, Chicha e Aday. Tamén: Lamas, Pablo, Aitor, Arcay e Nando Cabeza.
  • Soneira: Martín, Javi, Senra, Javi, Quiles, Oreiro, Brais, Héctor, Richi, Yuyo e Vía. Tamén: Brais Dono, Álvaro, Dani Costa, Adrián Sendón, David.
  • Gol: 0-1, m.43: Vía de falta.

SCD Malpica-Soneira SD en Pedra Queimada

Partido moi igualado no que cada equipo dominou unha parte e onde o acerto de Vía nun gran lanzamento de falta acabando a 1 metade decidiu o partido.

Na segunda, o Malpica veuse máis arriba, pero o Soneira soubo nadar e gardar a roupa.

Así foi o golazo de Vía que decidiu o partido.

Zas - Oza (2-3)

11 do Sporting Zas en San Andres_Foto-Noe Tourinan
11 do Sporting Zas en San Andrés. Foto-Noe Touriñán
  • Zas: Pereiras, Anxo, Marcos Pillar, Juan Touriñán, Rubén Forján, Andrés, Javi Suárez, Brais, Darío, Dani Mato e Iván. Tamén: Solís, Eloy, Fariña, Ronny, Esteban Romar.
11 do SD Oza en Zas-foto-Noe Tourinan
11 do SD Oza en Zas-foto-Noe Touriñán
  • Oza: Brais, Moreno, Alberto, Casais (Aron), Dani (Hugo), Lavandeira, Alex Freire, Archi, Edu (Diego), Nacho e Abib.
  • Goles: 0-1, m.36: Abib; 1-1, m.47: Dani Mato; 1-2, m.48: Moreno; 2-2, m.68: Dani Mato; 2-3, m.74: Alex Freire de penalti.

Foi un partido moi emocionante con bo ambiente e con dous equipos na loita polo postos dos playoffs.

Na primeira metade foi mellor o Oza, moito mellor asentado e coas ideas máis claras coa pelota, así tiveron varios achegamentos sen moito perigo na portería de Pereiras. En cambio, o Zas non se atopaba cómodo nin coa pelota non sen ela, e nunha perda na saída de balón, o Oza atopou a vantaxe no marcador co gol do seu dianteiro Abib. Tras o gol houbo unha pequena reacción do Zas pero sen demasiada importancia co que se chegaría co 0-1 ó descanso.

Tralo paso por vestiarios os de Pereiro e Forján moveron algunha peza en busca da reacción e pronto Dani Mato faría o empate. Sen tempo, Moreno volvía meter aos carballeses por diante á saída un córner, o que obrigou ao Zas a volver apretar, e malia non estar moi fino, apareceu a calidade de Javi Suárez e de Dani Mato para volver empatar. Andrés e Álvaro xa ameazaran ao porteiro do Oza.

No treito final, un penalti protestado polos locais por uns agarróns, permitiu a Alex Freire facer o gol da vitoria, asegurar practicamente o seu posto na promoción e deixar a Zas na loita pola 6ª praza.

Os carballeses adicáronlle o triunfo a Javier "Hooligan da Costa" que onte estivo de aniversario.

Nantón - Seaia (2-0)

  • Goles: 1-0, m.18: Iván Moreira nun córner botado por Redondo; 2-0, m.34: Iván Redondo nunha contra a pase de Javi.

Entrou mellor o Nantón no partido, máis intenso e máis acertado nos duelos ante un Seaia que non se adaptou o campo en ningún momento. Non é que houbese moitas ocasións, pero adiantábase o Nantón nun córner e poñeria terra de por medio nunha mala saída de balón que non desaproveitaría Redondo para facer o segundo.

Cambiou o conto na segunda, cun Seaia de Dani Calvete que se fixo co mando do partido, pero non foi capaz nin siquiera recortar distancias malia ter varias ocasións.

Corcubión - Cerqueda (1-0)

  • Corcubión: Bruno, Martín, Fuentes, Mario, Antu, Díaz, Alán, Gorka, Nando, Iago e César. Tamén Isaac, Luis Lojo e Samu Trillo.
  • Cerqueda: Héctor, Verdes, Dani Riexía, Samuel, Rubén, Joel, Gus, Suso, Íker, Hugo Fraga e Martín Añón. Tamén: Julián, Sergio, Julio, Andrés e Palermo.
  • Gol: 1-0, m.21: Nando.

Empezaba máis metido no partido o equipo local tentando saír xogando desde atrás e levar o peso do partido ante un Cerqueda, con moitas baixas, cun gran nivel defensivo e que prefería aguantar replegado e saír rápido. Iago avisou primeiro cun balón ó pau, pero sería Nando quen nunha boa xogada colectiva faría o único gol do partido. Pouco despois él mesmo pudo aumentar a renta nunha contra, pero o balón se lle iría desviado.

Na segunda metade o ritmo do partido baixou. O Cerqueda foi subindo liñas e dispuxo dalgunha ocasión a balón parado, sobre todo por medio de Palermo, que esta vez, e iso parece nova, non marcou. Tivo tamén o Corcubión algunha contra, mentres os malpicáns pediron un par de penaltis sobre Andrés e Julio. O Cerqueda viuse mermado pola lesión, cos cambios feitos, do meta xuvenil Héctor.

CRÓNICAS DA 3ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios