FUTFEM: O Dumbría ratificou o seu poderío ligueiro á espera dunha Copa de mércores
Penúltima xornada das Ligas FUTFEM, mentres, Xallas, Cee e As Miúdas están desexando rematar a liga, na 3ª Galicia, unha vez celebrado o título e o ascenso a semana pasada, o Dumbría ratificou o seu poderío nesta Liga da Costa feminina vencendo ante o Corme.
Con todo, a nota máis destacada é a disputa da devaluada Copa da Costa nesta xornada de mércores. Se ben o Corcubión-Corme retrásase ao venres 17, este mércores ás 20:30h e ás 21:00h hai 3 eliminatorias…
Dumbría - Corme (4-1)
- Dumbría: Lissette, Noa, Paula Carril, María, Sabela, Yoli, Claudia, Serena, María, Eva e Kelly. Tamén: Lara, Lucía Fdez., Laura, Juliette e Reyes.
- Corme: Belén; Irene (Salomé), Aroa, Vero: Candela (Lucía), Ana, Olalla, Natalia, Cris, Carla, Nerea (Ana).
- Goles: 1-0, m.12: Kelly; 2-0, m.35: Eva; 3-0, m.44: Claudia; 3-1, m.61: Carla; 4-1, m.89: Kelly.
Enfrontábanse os dous mellores equipos da competición, co permiso do Ponteceso, no Conco, xa co título solventado pero sendo o Corme o único equipo capaz de gañarlle ao cadro dumbriés no que vai de Liga. E a pesar do último mes, que se lle fixo costa arriba ás de Rubén Souto, e temporada das azuis é espectacular. Mellor aínda a do Dumbría de Santi Lira, que vai volver á categoría na que tiña que ter estado de non ser pola desfeita federativa do ano pasado coas promocións.
No partido, comezaron ben as cormeláns, ante un Dumbría máis espeso. Pero apareceu a calidade, e Kelly abría o marcador cun bo gol dende fóra da área. Con máis tranquilidade movendo o balón, o Dumbría ía cercando a meta de Belén e Eva cun bo movemento poría o 2-0 e pouco despois Claudia faría o 3-0 tras un golpeo de fora da área.
Na segunda xa sería mais un partido para darlle minutos a todas por parte dos dous equipos que se cerraría con un gran gol de Carla e outro detalle de calidade de Kelly.
O Resto da xornada
Pouco que contar da penúltima xornada ligueira, sen practicamente nada en xogo. Sorpredente a derrota do Ponteceso ante un Nicrariense que foi de menos a máis no que vai de curso. A pesar de ser as de Curro as que abriron o marcador cun gol de Claudia e dominaran case toda a primeira metade, as locais pronto igualaron o marcador de penalti por unhas mans nun rexeite dun córner. Arrincaban ben as pondalianas á segunda, pero unha contra rápida permitía ás locais poñerse por diante, e malia ter numerosas ocasións, o balón non quixo entrar.
Pola súa parte, o Mazaricos pechaba a temporada ligueira xogando por primeira vez no tapete natural de Peña do Ouro ante o Cabana. Primeira parte igualada na que o gol local de Mariña era iguladao polo de Irene. No último treito de partido, o Mazaricos meteu unha marcha máis e acabou meténdose por diante con dúas faltas dende o borde da área de Claudia e Mariña, dedicando a vitoria a Tamara, que para o mes opérase do xeonllo.
O Bergan B ademais demostraba tamén a súa melloría ante un Corcubión quen ten a cabeza no choque copeiro co Corme do venres.
Tamén caía o Fisterra, facendo un gran partido en Dubra, e sendo insuficiente o gol de Leny no treito final para alcanzar a remontada.
O Camariñas venceu en Cerqueda e o Outes volveu caer ante o Noia B.
MÁIS NOVAS DO FUTFEM
- O FUTFEM volve ao seu berce: A Esteirana súmase á revolución do Fútbol Feminino da Costa.
- A experiencia inmersiva das xogadoras da Selección da Costa-QPC
- Andrea e Aisha, as pioneiras árbitras do Fútbol da Costa.
- Guía para seguir a revolución do FUTFEM da Costa
CRÓNICAS DO FUTFEM
- X.28: O Dumbría cantou o alirón da primeira Liga da Costa feminina.
- X.27: O Dumbría, a un paso do título da Liga da Costa.
- X.26: O Ponteceso arrebatou o liderato e a condición de invicto ao Corme.
- X.25: O Ponteceso alonxa ao Muxía da loita pola promoción.
- X.24: O Camariñas frea ao Corme e ponlle o título a tiro ao Dumbría.
- X.23: O Corme tamén supera o obstáculo do Muxía.
- X.22: Xornada de fermosos derbis.
- X.21: O Cabana alonxa ao Muxía da loita polo título.
- X.20: Derbi de tolos en Ara Solis.
- X.19: Xallas, Cee e As Miúdas fan o primeiro triplete do curso.
- X.18: Corme, Dumbría e Muxía manteñen a puxa aberta.
- X.17: Cee e Xallas recuperan o sabor da vitoria na xornada marcada polo colexiado "exhibicionista”.
- X.16: O Corme, único equipo invicto, colócase líder.
- X.15: O Dumbría remata como campioas de inverno da fermosa Liga da Costa.
- X.14: O Corme frea ao Dumbría.
- X.13: O Dumbría bate na mesa cunha goleada ao Muxía.
- X.12: O Ponteceso tropeza no Cubaleiro.
- X.11: Un derbi polo 25N.
- X.10: O Ponteceso frea ao Muxía e as 4 de arriba apretan o alto da táboa.
- X.9: O Muxía escapa.
- X.8: Corme e Muxía mediron as súas forzas.
- X.6: Xornada de vento, auga, frío e moita brega.
- X.5: A Liga da Costa Feminina está máis aberta que nunca.
- X.4: Perdendo o medo.
- X.3, 5 goles polo aniversario.
- X.2: 16 equipos collendo inercia positiva.
- X.1: FUTFEM: E comezou o curso para as costeiras.