Luns. 29.04.2024
El tiempo

FUTFEM: O Ponteceso alonxa ao Muxía da loita pola promoción

  • O Corme, único equipo invicto do FUTFEM costeiro e de todo o Fútbol da Costa xunto co Xallas da 3ª Galicia masculina, é o primeiro en asegurar a promoción de ascenso.
Oscar Santos dixiriu o POnteceso-Muxia
Oscar Santos dixiriu o Ponteceso-Muxia
FUTFEM: O Ponteceso alonxa ao Muxía da loita pola promoción

Quedan 5 xornadas para o remate das ligas femininas e os nosos equipos seguen competindo. Na 2ª, Xallas e Cee sumaron xa sen demasiado en xogo, mentres as Miúdas continúan sen levantar cabeza.

A emoción continúa na 3ª, onde Corme e Dumbría manteñen a pugna polo liderato, o título da primeira edición desta Liga da Costa Feminina e o ascenso á 2ª. Cóstalle cada partido ao Corme vencer, e así lle aconteceu de novo en Corcubión, mentres que o Dumbría vence con máis facilidade. O Corme ten 2 puntos de vantaxe pero un partido máis e veremos como chegan ambos equipos ao enfrontamento directo da penúltima no Conco. 
Así e todo, grandes novas para o Corme de Rubén Souto, pois a falta de 5 xornadas conseguiu matemáticamente a clasificación para a fase de ascenso, sendo ademais o único equipo invicto que queda na competición, e xunto ao Xallas masculino, de todo o Fútbol da Costa!

O partido da xornada xogouse no Pinguel, na pelexa pola 2ª praza de promoción. O Ponteceso venceu ao Muxía, sumando agora 4 puntos máis que as muxiás, e tendo un partido menos. A semana que vén, un Corme-Ponteceso e un Fisterra-Dumbría.

2ª División Feminina, Gr.1, xornada 25

Xallas - Antas (2-0)

Xallas feminino

  • Xallas: Rosio; Carla, Saskia, Ali, Andrea Otero; María, Noelia, Andrea Barbeira; Olalla, Claudia e Paula Barcia. Tamén xogaron: Michelle, Zaira, Inés, Laura e Yaiza.
  • Goles: 1-0, m.4: Andrea Otero nun córner; 2-0, m.47: Claudia a pase de Olalla.

O Xallas femenino voltou a senda da vitoria no municipal de Fontenla onde se escaparon poucos puntos. Adiantouse nos primeiros minutos o equipo local despois de comezar moi metidas en co dominio da pelota. Sería Andrea Otero á saída dun saque de curruncho adiantaría moi pronto ás de Rupper. A calor, a viaxe e as dimensións do terreo de xogo influenciaron a capacidade de reacción do equipo de Antas de Ulla que o intentou antes do descanso pero atopouse cunha Rosio moi ben colocada e que non lles dou ningunha opcion. Na saída de vestiarios ós poucos minutos Claudia Facal faría o segundo da tarde nunha gran acción de Olalla que lle dou o gol en bandexa.
Coa ventaxa no marcador e os cambios o ritmo decaeu pero as locais non pasaron apuros, dedicando a vitoria á capi, Luchy que vén de pasar por quirófano.

Meicende - As Miúdas (4-0)

  • As Miúdas: Adriana, Atenea, Elba, Leire, Clara, Cristina, Ana Romero, Laura Sieira, Marta Piñeiro, Adriana e Saray. Tamén: Alba, Ximena, Pati e Carlota.

Aguantou máis dunha hora de xogo o cadro muradán pero sucumbiu tras encaixar o primeiro tanto.

Santiso - Cee (1-1)

  • Cee: Sharay, Lucía Rod., Lucía Facal, Sieira, Nerea, Paula Veiga, Saray Duarte, Sabela, Laura, Martínez, Nayara.
  • Goles: 1-0, m.12: Elía; 1-1, m.65: Paula Veiga.

Con 11 xustas se presentaba o Cee en Santiso, e conseguía sacar un empate ante unha das de abaixo, cun tanto de Pauliña Veiga no ecuador da segunda metade. Xa son 20 os tantos da cerquedá do cadro ceense.

3ª División Feminina, Gr.2, xornada 25

Mazaricos - Outes (3-0)

Mazaricos fem plantel

  • Mazarcos: Valeria, Silva, Paula Maneiro, Saray, Iria Buján, Raquel Antelo, Antía Lado, Claudia, Lúa, Anxela e Paula Rod. Tamén: María Antelo, Leire, Iria Hermida, Mariña e Valeria Cerbán.
  • Goles: 1-0, m.23: Claudia; 2-0, m.38: Ánxela; 3-0, m.76: Mariña.
Mazaricos pina feminina
O Mazaricos tamén é unha piña

Partido moi malo o que fixeron as de Rachón fronte a un Outes que segue mellorando cada partido, pero que segue con moitos problemas cara gol. O cadro local dominaba, pero as de Dani aguantaban seguras atrás, ata o gol inicial de Claudia nun balón morto tras varios rexeites. O partido era lento, pero as da Serra comezaban a carburar algo máis, subindo liñas e chegando algo á área contraria, pero noutra xogada de rexeites, Ánxela ampliaba a renda para as amarelas.

Na segunda o partido seguiu con moitas imprecisións e pouco ritmo, cun Outes competindo man a man.

Nicrarianse - Cabana (1-0)

  • Cabana: Miriam, Antia (Nuria), Sheila, Aroa, Valeria (Begoña), Inma, Alejandra (Aitana), Iria, Saray (Natalie), Irene, Adriana (Jessi Pose).
  • Gol: 1-0, m.16: Myriam.

Partido no que os dous equipos se contrarrestaron e non dispuxeron de moitas ocasións de gol. Non houbo un dominador claro e as defensas estiveron por encima dos ataques. Resolviuse cunha indecisión das cabanesas que nunha xogada sen perigo deixaron que a dianteira do Negreira Myriam se anticipara e lle dera a vitoria ás locais. Ningún dos equipos fixo demasiados méritos e o empate parecía o máis xusto.

Ponteceso - Muxía (3-1)

  • Ponteceso: María, Noe (Laura R.) , Ainhoa, Myre, Berdeal, Eva, Muíño (Lucivili) Andrea (Saray), Noemí (Lara), Oanes, Claudia. Tamén: Colores.
  • Muxía: Sheila, Andrea Dom., Paula Vilela, Marta Caamaño, Irene, Marcela, Andrea Insua, Patri Romaní, Denise, Nerea Barrientos e Raquel. Tamén: Paula Rey, Sara Haz, Nuria, Xeila.
  • Goles: 1-0, m.3: Claudia aproveita o rexeite de Sheila a un tiro de Oanes; 2-0, m.57: Noemi; 2-1, m.58: Patri Romaní; 3-1, m.84: Eva.

Ponteceso e Muxía feminino no Pinguel

O partidazo da xornada xogábase no Pinguel. A calor impediu un xogo máis vivo, pero aínda así o choque estivo emocionte. Adiantouse o cadro local moi pronto, e o partido tivo unha primeira metade de moita brega no medio campo.

Subiron liñas as de Congui e Isma Márquez na segunda, pero as de Curro aproveitaron os espazos nas bandas para romper por velocidade e facer as mellores ocasións. Nun erro das muxiás na saída do balón Noemí facía o segundo. Pouco duraría o 2-0, cando no minuto 58 Patri Romaní aproveita unha falta para colocar o balón na escadra dereita, para meter ao equipo de novo no partido. A muxiá continúa pichichi da categoría con 31 goles, polos 27 de Andrea (Ponteceso) e 25 de Andrea (Fisterra).

Estivo o choque igualadísimo e aberto durante 20 minutos, cada vez máis envorcado, pero non acertaron e foi á contra o que sentenciou o Ponteceso, nunha carreira por banda de Lara, que deixou para Claudia rematase, e o rexeite lle queda a Eva para facer o terceiro e definitivo tanto, que sitúa ao Ponteceso moi preto da Promoción.

Familia do SD Ponteceso feminino celebrando a vitoria
Familia do SD Ponteceso feminino celebrando a vitoria

Bergantiños B - Fisterra (8-0)

Bergan B

    Bergantiños: Sofía; Aroa V, María, Amelia, Carla; Clara, Jimena; Erika; Antía, Arancha, Aroa G. Tamén: Ainhoa, Aïsha e Iria.
  • Fisterra: Lucia, Paula, Ana, Ludia, Tamara, Irene, Aroa, Jimena, Xaira, Rosa e Andrea. Tamén: Adela, Antía, Jenifer, Tatiana, e Marcote.
  • Goles: Arancha (2), Erika (2), Carla (2), Aroa, Clara.
  •  

Dominio do cadro local que xa aos 10 minutos mandaba por 2-0. As fisterrás, con baixas, viron como as locais vixiaban moi ben a Andrea, que apenas tivo un par de tiros de falta perigosos en todo o partido. As bergantiñás, pola contra, estiveron moi acertadas cara gol, e cada chegada era convertida no marcador.

Camariñas - Dubra (8-0)

  • Camariñas: Desiré; Laura Garrote, Rosana, Rocío (Ana Pana), Uxía (Daniela), Laura Pose; Nuria, María, Elena (Ainoa), Maira (Saray) e Paula (Lara).
  • Goles: Paula (3), María de penalti; Elena, Nuria, Maura, e Saray.

O mellor partido xogado das de Juan Cabrejo e Pepucho no que vai de Liga. A defensa e a meta Desiré apenas interviu gracias ao gran traballo colectivo, e ao acerto arriba. Aos 6 minutos o marcador xa sinalaba 2-0 e ía xa media ducia ao descanso. Destacar a Paula Mouzo, cun triplete, e a Saray, que marcou o gol máis bonito da tarde.

Dumbría - Noia B (5-0)

  • Dumbría: Lissette, Noa, Paula Carril, Lucía, María, Sabela, Yoli, Eva, Claudia, Paula Fandiño, Kelly. Tamén: Laura Montero, Juliette, Serena, Lara e Reyes.
  • Goles: 1-0, m.22: Eva; 2-0, m.30: Claudia; 3-0, m.32: Eva; 4-0, m.34: Paula Fandiño; 5-0, m.47: Claudia.

Está chegando o cadro de Santi Lira á recta final do curso con moi boas sensacións. E así o confirmou no Conco ante o filial do Noia, que só prantou cara durante o primeiro cuarto de hora. A partir do segundo tanto, despois da pausa de hidratación, chegaron 3 seguidos e o equipo soubo ler o partido e dominar só sufrindo o potente sol.

Dumbria CF Feminino abril 2024
Dumbría CF celebrando a vitoria

Corcubion - Corme (0-1)

  • Corcubión: Alexia, Alexandra Loo, Marta Lavandeira, Carla, Cristina, Helena López, Paula Trinidad, Daniela, Noa, Elena Atán e Ana Sierra. Tamén: Elisa e Andrea.
  • Corme: Belén; Lucía, Laura (Aroa), Ana (Vero); Nerea (Candela), Olalla, Ana, Natalia, Cris (Aurora), Carla e María (Mónica).
  • Gol: 0-1, m.35: en propia.

Estáselle facendo longa a temporada ao Corcubió, pero tamén a este Corme que se mantén no máis alto da táboa pero que sofre cada partido. O domingo, ademais houbo moita calor no Cubaleiro, provocando moito cansanzo e imprecisións nos dous equipos.

Intentou o Corme volver ao seu xogo combinativo, e o conseguiu sobre todo no segundo treito do primeiro tempo, despois da pausa de hidratación. Adiantáronse aí as de Rubén Souto, cun gol con algo de fortuna.

Intentaron darlle continuidade ao xogo na sgeunda, pero as de Rubén Castillo puxéronllo difícil, pelexando moito, e mesmo tendo ocasións de gol para empatar. Conn todo, a vitoria do Corme foi merecida.

MÁIS NOVAS DO FUTFEM

 

CRÓNICAS DO FUTFEM

 

Comentarios