FUTFEM: O Camariñas frea ao Corme e ponlle o título a tiro ao Dumbría

Conseguiu o Camariñas sacar un punto do Cairo ante o líder, o que apreta aínda máis o alto da táboa. O Dumbría non fallaba e queda agora a 2 puntos do Corme, pero cun partido menos e cun Dumbría-Corme pendente para a penúltima xornada.
Ademais, na loita pola promoción, o Muxía recuperou a senda da vitoria e recorta distancias contra un Ponteceso que non pasou do empate no derbi das Redondas.
Na 2ª, as nosas seguen sufrindo o tourmalet, enfrontándose varias xornadas aos líderes da categoría.
2ª División Feminina, Gr.1, xornada 24
Pastoriza - Xallas (3-2)
- Xallas: Rosio; Carla, Saskia, Ali, Andrea Otero; Laura, Noelia, Andrea Barbeira; Olalla, Claudia e Michelle. Tamén xogaron: Zaira, Daniela e Paula Barcia..
- Goles: 1-0, m.9; 2-0, m.50; 2-1, m.55: Claudia; 2-2, m.60: Olalla; 3-2, m.80.
Bo partido das xalleiras pese que o resultado non chegou para puntuar despois dunha longa serie sin coñecer a derrota. Un Xallas que pese a algunha baixa dou a cara diante das segundas clasificadas, e estivo a piques de volver cun puntiño despois de facer o máis difícil, remontar un 2-0
Adiantouse o Pastoriza cun protestado gol por posible fóra de xogo, cando aínda non estaban ben asentadas as xalleiras, que tiveron que cambiar o plantexamento. Con ese gol en contra chegouse o descanso, onde a raíz do visto no primeiro tempo as xalleiras, viñéronse arriba e comezaron moito mellor, dominando e con moita afouteza meteron ao Pastoriza atrás, pero unha contra ben levada do equipo local con tres toques plantáronse diante de Rosio e a batiron de disparo cruzado no que pouco poido facer.
O equipo verdea, a pesar do castigo, aínda que lle costou, levantou a cabeza e trataron de seguir expoñendo todas as súas bazas, para recortar distancias, cousa que chegou das botas de Claudia Facal cun fermoso disparo dende a frontal. O gol espoleou aínda máis o Xallas facendo crer na remontada que cinco minutos máis tarde Olalla cunha xogada individual lograba o empate.
Lonxe de meterse atrás, as de Rupper tiveron a vitoria cunha ocasión de Olalla, pero non acertou e á volta chegaba o doloroso terceiro tanto das locais.
Cee - San Pedro (1-3)
- Cee: Sharay, Lucía Rod., Facal, Nerea, Antía, Sabela, Laura, Martínez, Paula Veiga, Saray Duarte e Nayara. Tamén: Noemi e Lucía Sieira.
- Goles: 1-0, m.8: Nerea; 1-1, m.29; 1-2, m.66; 1-3, m.91.
Enfrontábase o Cee ao líder, e prantou cara dende o comezo, pero pouco a pouco o poderío físico das visitantes (as ceenses apenas tiñan 11 xogadoras dispoñibles), foi sendo determinante. Así e todo, as ceenses puideron facerse co partido pois co 1-0 tiveron varias ocasións para ampliar a renda, e co 1-2, tamén houbo varias chegadas para o empate antes da sentenza no desconto.
3ª División Feminina, Gr.2, xornada 24
Muxía - Corcubión (3-0)
- Muxía: Sheila, Paula Vilela, Marta, Marcela, Sara Dom., Andrea, Nerea Barrientos, Patri Romaní, Denise, Irene e Nerea Pazos. Tamén: Raquel, Claudia, Sara Haz e Nuria.
- Corcubión: Alexia, Elisa, Alexandra Lojo, Marta Lavandeira, Carla, Cris, Helena López, Elena Atán, Ana Sierra, Noa e Paula Trinidad. Tamén: Claudia, Andrea e Daniela.
- Goles: 1-0, m.79: Patri Romaní; 2-0, m.82: Nerea Barrientos; 3-0, m.90: Patri Romaní.
Resultado abultado tralo visto no terreo de Arliña onde o Corcubión aguantou moi ben durante 80 minutos, e só a calidade de Patri Romaní no treito final desequilibrou a balanza. Foi unha primeira meta igualada, co Corcubión tendo o vento a favor, e conseguindo chegar á área contraria, onde Sheila tivo que facer varias paradas de mérito. Co paso dos minutos o Muxía foise estirando e tamén tiña que aparecer Alexia na área visitante para parar co pé un tiro de Patri Romaní.
Na segunda, o partido desenvolveuse no campo do Corcubión. O Muxía, co vento a favor, empurraba, pero as de Rubén Castillo aguantaban as xogadas da 3 muxiá. Pero foi no m.80 cando unha das xogadoras máis desiquilbrantes da liga facía un golazo dende fóra da área que metían en vantaxe ás de Congui e Isma Márquez. Non tardou en facer outra xogada e ceder para que Nerea Barrientos fixese o segundo, e non satisfeita, aínda tivo tempo para facer o terceiro…
Cabana - Ponteceso (2-2)
- Cabana: Miriam, Antia (Nuria),Sheila, Aroa, Valeria (Begoña), Inma, Alejandra ( Natalie), Irene, Iria, Isabel (Saray), Adriana (Aitana).
- Ponteceso: María, Noe, Ainhoa, Myre, Laura R (Silvia), Berdeal, Eva (Lara) Muíño, Andrea, Noemí, Claudia. Tamén: Colores, Lucivili e Saray.
- Goles: 0-1, m.20: Andrea tras un saque de banda de Ahinoa; 1-1, m.40: Irene; 1-2, m.67: Andrea a pase de Berdeal; 2-2, m.77: Irene de falta.
Derbi bergantiñán nas Redondas, que respondeu ás expectactivas con moita loita, emoción, competitividade pero tamén con deportividade. As dúas pichichis, Adnrea e Irene, demostraron a súa calidade.
Foi un choque sen dominador claro, con ocasións nas dúas bandas. Adiantábanse as de Curro aproveitando unha das súas armas (o saque de banda de Ahinoa), pero a superioridade duraría tan só un cuarto de hora cando Irene acababa o empate de tiro cruzado logo dunha falta lateral.
Saíu máis dominador o Ponteceso na segunda parte e puxo en apretos a Miriam pero a meta cabanesa respondiu con seguridade. Era Andrea de novo quen adiantaba as visitantes cun tiro cruzado dende o borde da área. Reaccionaba o cadro de José Manuel e Irene de falta empataba. Ata o final o choque convertiuse nun ida por volta pero o marcador non se movería.
Dubra - Mazaricos (0-1)
- Mazaricos: Valeria, Saray, Claudia, Paula Maneiro, María Senra, Fátima, Katia, Iria, Lúa, Ánxela e Mariña. Tamén: Silvia, Paula Rod., María Antelo, Raquel e Araceli.
- Gol: 0-1, m.52: Mariña a pase de Raquel.
Custoulles sumar os puntos ás de Rachón, que saían durmidas e que tardaban e collerlle o ritmo ao partido, sufrindo varias ocasións das locais.
Despois do descanso e ca volta de xogadoras tan importantes como Silvia ou Ánxela, o equipo empezou a mostrar unha imaxe máis fiel a do equipo de sempre. Comezaron a facerse co control e pronto chegou o gol de Mariña a pase de Raquel. O dominio seguía sendo das onte brancas, pero aínda tamén as locais lanzaron algunha contra.
Corme - Camariñas (0-0)
- Corme: Belén; Laura, Aroa, Vero (Ana), Nerea (Mónica), Olalla, Lucía (Candela), Natalia, Ana, Carla e María.
- Camariñas: Desiré, Laura Garrote, Rosana, Rocío, Uxía (Lola), Laura Pose, María, Ana Pana (Daniela), Saray (Lara), Elena (Nuria) e Maira (Ainoa).
Partido moi difícil de xogar debido ó vento reinante no Cairo. O Camariñas, un dos equipos máis mellorados ao longo da temproada e máis intensos da categoría, comezaba co vento a favor e obrigaba a Belén a responder a tiros de María e de Elena. O Corme, que intentaba combinar algo máis, tamén tivo unha boa ocasión nunha vaselina que saíu por riba do longueiro.
Houbo unha xogada polémica, que á media hora cando Rocío remata un córner, marca e con todo o equipo celebrando o colexiado anula por mans.
Na segunda parte dominou máis o Corme na que lanzaría dous tiros ós paus por medio de Natalia e Carla. Un punto moi valioso na casa das líderes.
Cerqueda - Dumbría (0-5)
- Goles: 0-1, m.6: Claudia; 0-2, m.29: Eva Lema; 0-3, m.37: Kelly; 0-4, m.46: Paula Fandiño; 0-5, m.78: Alba.
Non sufriu o Dumbría e foi superior ao Cerqueda xa dende o comezo. O Cerqueda estaba atrás, pero pronto Claudia abriu a tea de araña aproveitando unha segunda xogada. A partir de aí, co marcador a favor, as dumbriesas souberon baixar o balón e ir esperando os ocos, indo 0-3 ao descanso. O Cerqueda loitou ata o final, pero foi imposible.
Fisterra - Nicrariense (2-1)
- Fisterra: Lucía, Paula Liñeiro, Ana Buiturón, Tamara, Xaira, Irene, Aroa, Jimena, Leni, Andrea e Antía. Tamén: Adela, Jeni, Tati, e Lucía Marcote.
- Goles: 1-0,m .17: Jimena; 2-0, m.86: Lucía Marcote; 2-1, m.94: Noa Beiroa.

Partido moi igualado coas visitantes buscaban seguido á súa dianteira Aya, tendo que aparecer a meta fisterrá Lucía en varias ocasións. Jimena adiantaba ás de Fran, que saían na segunda pelexando moito, e defendendo moi ben. O Nicrariense apretaba pero as costeiras estaban ben armadas e xa no treito final unha escapada permitíu o segundo. Xa no desconto, recurtaban as visitantes pero sen tempo para a remontada.

MÁIS NOVAS DO FUTFEM
- A experiencia inmersiva das xogadoras da Selección da Costa-QPC
- A festa solidaria da FUTFEM da Costa en favor da Asoc. Galega de Ataxias
- Así quedan os e as Pichichis neste remate de 2023.
- Andrea e Aisha, as pioneiras árbitras do Fútbol da Costa.
- Guía para seguir a revolución do FUTFEM da Costa
CRÓNICAS DO FUTFEM
- X.23: O Corme tamén supera o obstáculo do Muxía.
- X.22: Xornada de fermosos derbis.
- X.21: O Cabana alonxa ao Muxía da loita polo título.
- X.20: Derbi de tolos en Ara Solis.
- X.19: Xallas, Cee e As Miúdas fan o primeiro triplete do curso.
- X.18: Corme, Dumbría e Muxía manteñen a puxa aberta.
- X.17: Cee e Xallas recuperan o sabor da vitoria na xornada marcada polo colexiado "exhibicionista”.
- X.16: O Corme, único equipo invicto, colócase líder.
- X.15: O Dumbría remata como campioas de inverno da fermosa Liga da Costa.
- X.14: O Corme frea ao Dumbría.
- X.13: O Dumbría bate na mesa cunha goleada ao Muxía.
- X.12: O Ponteceso tropeza no Cubaleiro.
- X.11: Un derbi polo 25N.
- X.10: O Ponteceso frea ao Muxía e as 4 de arriba apretan o alto da táboa.
- X.9: O Muxía escapa.
- X.8: Corme e Muxía mediron as súas forzas.
- X.6: Xornada de vento, auga, frío e moita brega.
- X.5: A Liga da Costa Feminina está máis aberta que nunca.
- X.4: Perdendo o medo.
- X.3, 5 goles polo aniversario.
- X.2: 16 equipos collendo inercia positiva.
- X.1: FUTFEM: E comezou o curso para as costeiras.