Mércores. 01.05.2024
El tiempo

O Fisober B, único equipo costeiro nas semis da Copa Provincial

O Fisober B, único equipo costeiro nas semis da Copa Provincial
As mozas do Fisober contentas en Pontevedra

Fin de semana completa de fútbol sala, pois ademais da Copa Provincial, o Fisober tamén disputou un torneo mentres se celebraba o intenso Copa-Maratón de Cee.

Resultados dispares para un e outros. O Fisober B conseguía pasar, con algo de sorte, ás Semifinais de Copa. E a sorte que tiveron as vimiancesas faltoulles a Ponteceso FSF e Vila de Cee, que caían ante Work (cun 1-1 na volta) e polo Fervenza (1-0) respectivamente.

Mentres o Fisober caía no Torneo de Pontevedra ante o Leis.

Copa Provincial, Volta dos Cuartos

  • Resultado: BEART 5 CORUÑA – FISOBER “B” F.S.F. (3-4).
  • FISOBER B: Paula, Patri, Ana, Tamara e Laura; tamén xogaron: Inés, Andrea e Noelia.
  • Goles: 0-1 Ana, 0-2 Ana (descanso), 1-2 Melania, 2-2 Leny, 2-3 Patri, 2-4 Inés, 3-4 Leny.

Partido correspondente os cuartos de final da Copa Provincial disputado o sábado en A Coruña. Como se desprendeu do partido de ida os pequenos detalles definirían a eliminatoria i eses caeron a favor das da Costa, nuns cuartos de final emocionantísimos e igualadísimos no que calquera dos dous equipos puido pasar a semifinais.
As locais arrancaron moi fortes e as visitantes moi nerviosas, cun 5 Coruña pretendía saír en perigosas contras. Ata en tres moi claras ocasións puideron adiantarse as coruñesas. Na primeira definiron mal, na segunda enviaron o trabe e na terceira sacou Inés baixo paus.
Co paso dos minutos foron atopándose algo máis cómodas as visitantes. E nos últimos minutos da primeira metade todo trocou. A minuto e medio para a súa finalización Ana aproveitou un lanzamento de falta para poñer en vantaxe as visitantes. E nos últimos segundos, unha falta local que supuxo a sexta e conseguinte lanzamento de dobre penalti, de novo Ana aproveitou a oportunidade para facer o cero a dous xa co crono a cero.

Volvíase do tempo de lecer con vantaxe visitante, pero as locais non estaban dispostas a rendirse. Os dous minutos Melania facía o primeiro gol local para manter a eliminatoria viva. O partido abriuse máis e aparecían ocasións en ambos lados. Pero ningún dos equipos era quen de marcar. Ata que a dez minutos para o fin Leny igualaba o partido e deixaba as locais a un gol de igualar a eliminatoria.Emoción e tensión na pista.
Cando entrábamos nos últimos cinco minutos as locais decidíronse polo ataque de 5 para igualar a eliminatoria, pero dúas perdidas foron aproveitadas por Patri e por Inés para facer o terceiro e cuarto gol visitante que decidían a eliminatoria a prol das da Costa. Nos últimos segundos Leny facía o tres a catro definitivo despois dun claro penalti de Ana.

Agora nas semifinais as da Costa enfrontaranse A Fervenza B, para o que parece difícil que poidan recuperarse as lesionadas Anabel, Natalia, Alejandra e Paula Fandiño.

Copa Provincial, Volta dos Cuartos

Ponteceso FSF- Grupo Work
  • Resultado: Grupo Work - Concello de Ponteceso FSF (1-1)
  • A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Martina, Carla, Carmen e Sandra – tamén xogaron –Cintia, Noa, Ana, Bea e Zeltia.
  • Goles: 1-0.- Carmen; 1-1.- Cintia.

Intenso partido o visto a tarde do sábado na Sagrada Familia, con dous equipos motivados e con ganas de pasar á semifinal da Copa. A primeira metade foi moi igualada en canto a xogo e ocasións. Os dous equipos saíron metidos no partido, presionando arriba e complicándolle a saída do balón ás rivais, pero ambos conxuntos aguantaron ben a presión en defensa. Pouco a pouco iban xerando oportunidades e creando perigo nas porterías contrarias. As pontecesanas, que contaban con varias xogadoras tocadas do partido anterior, intentaban poñerse por diante no marcador con varios tiros de Cintia e Sandra, pero despéxaos sen problema a gardameta local. No momento en que máis igualado estaba o partido e a poucos minutos de ir cara os vestiarios, un erro en defensa das pontecesanas provoca un man a man entre Carmen e a porteira visitante, que a coruñesa resolve cun tiro que pasa entre as pernas de Salomé, adiantando ó Grupo Work no marcador. Intentarion volver poñer as táboas no luminoso as pondalianas, pero sen conseguilo e chegando ó descanso co 1 a 0.

No segundo período saíron máis enchufadas as xogadoras de Barca e Curro, tendo tanto o dominio do balón como o do partido. Nada podían facer as herculinas para evitar a chegada das pontecesanas á súa portería agás faltas. Cintia era a que máis perigo creaba para as visitantes, chegando moitas veces á liña de fondo e dando ó pase ó segundo pao, ó que non conseguía chegar ningunha compañeira. Tan só tiveron unha ocasión clara as do Grupo Work, un man a man tras unha contra que para ben Bea, que sustituíra a Salomé no final da primeira metade. Seguíao intentando o Ponteceso, e nunha xogada de Cintia, sinala penalti o colexiado por man dunha defensora, penalti que a mesma Cintia se encarga de transformar, poñendo outra vez o empate no marcador e sabendo que ainda tiñan tempo para remontar o partido. Tras este gol non deixaron de intentalo as pontecesanas, que seguían dominando o partido, pero non tiñan sorte de cara á portería rival. A 15 segundos do final, chegaba a última oportunidade de acadar a vitoria e o pase a semifinais, por medio dun tiro de castigo tras pitar o árbitro a sexta falta das coruñesas. A encargada de tiralo era Cintia, que xa transformara o penalti, pero desta vez a porteira herculina sería a protagonista, tras pararlle o tiro e levar ó seu equipo ás semifinais da Copa Provincial.

Desta vez, a sorte viroulle as costas ás pontecesanas que, a pesar de ser mellores nos dous partidos da eliminatoria, viron como as contrincantes pasaban de ronda sen gañarlles ningún partido. Pese á eliminatoria, vimos no cadro pontecesán unha boa imaxe no terreo de xogo, o que deixa ó equipo satisfeito co traballo realizado, ainda que triste por non acadar o pase á seguinte eliminatoria. Remataban así unha tempada chea de altos e baixos.

Trofeo Cidade de Pontevedra

Fisober en Pontevedra
Comentarios