Pintura romana para seguir coñecendo mundo coa Galería Mulleres de Muxía


Filla do pintor Orazio Gentileschi, a pintora romana Artemisia Gentileschi (1563-1639) é a protagonista deste mes de abril da Galería Mulleres do Concello de Muxía. Esa proposta, da nosa colaboradora Viki Rivadulla dende o Departamento de Cultura municipal, que nos serve para repasar a historia mundial a través de nomes de mulleres singulares.
Pois hoxe imos ata a Italia do século XVII, brocha en man, para sumerxirnos na pintura de Artemisia Gentileschi. Dende pequena axudaba ao seu pai no taller de pintura, mesturando as cores, limpando os pinceis etc.... Aos 12 anos perde a súa nai, facéndose cargo dos seus irmáns e a casa. Seu pai púxoa moi noviña baixo a protección do seu amigo o pintor Agostino Tassi que violou a Artemisia e sometuna a un acoso constante. Houbo un proceso contra Tassi, que foi unha pública humillación para ela. Prolongouse por 7 meses e nese período a vítima pasou a ser xulgada e mesmo torturada. Ademais someteuselle a vergonzosos exames xinecolóxicos, para constatar se tiña unha vida sexual activa.
Durante moito tempo a historia falou dela máis por estas humillacións sufridas que polo seu grande talento.Foi a primeira muller en ser admitida na Accademia del Disegno de Florencia e puido relacionarse con artistas recoñecidos e conseguir o padroado de persoas importantes.
Tivo un xeito moi persoal de enfocar os temas, innovador e rompendo as regras; en moitas das súas obras aparecen figuras de heroínas históricas e lendarias, todas profundamente marcadas coa violencia da vida e da historia como Judith, Bethsabé, Lucrecia, Cleopatra, a Madalena…
Por sorte, hoxe Artemisia Gentileschi é máis coñecida e respectada pola calidade e modernidade da súa obra, destacando por ser unha notable 'caravaggista' que dominou o claroscuro e dotou ás súas obras dun realismo dramático.
Galería Mulleres de Muxía
- Marzo 2014: A Galería Mulleres celebra os seus 4 anos recuperando a historia nome a nome con Concha Blanco.
- Febreiro 2014: A escultura arxentina de Lola Mora protagoniza o febreiro da Galería Mulleres.
- Xaneiro 2014: A Galería Mulleres de Muxía arrinca 2014 co compromiso de Elena Poniatowska.
- Decembro 2013: A Galería Mulleres de Muxía achéganos ao mundo de Doris Lessing.
- Novembro 2013: A escultora francesa Camille Claudel chega á Costa a través da Galería Mulleres.
- Outubro 2013: Savia nova con Berta Dávila para o outubro da Galería Mulleres.
- Setembro 2013: Un setembro heroico con María Soliña na Galería Mulleres de Muxía.
- Xullo 2013: Marta Dacosta, máis compromiso social para a Galería Mulleres.
- Xuño 2013: A escritora Marica Campo protagoniza o xuño da Galería Mulleres.
- Maio 2013: Rebeca Baceiredo aporta pensamento á Galería Mulleres de Muxía.
- Abril 2013: A artista muxiá Eva Castiñeira na Galería Mulleres de abril.
- Marzo 2013: A Galería Mulleres de Muxía cumple 3 anos con Teresa Alvajar.
- Febreiro 2013: Fina Casalderrey. Unha académica da RAG para o febreiro da Galería Mulleres.
- Xaneiro 2013: Exeria: a primeira peregrina cristiá estrea o 2013 na Galería Mulleres de Muxía.
- Decembro 2012: Luz Pozo, poesía mariñá para a Galería Mulleres.
- Novembro 2012: Un baile con Carolina Otero dende a Galería Mulleres de Muxía.
- Outubro 2012: Anisia Miranda protagoniza o outubro da Galería Mulleres de Muxía.
- Setembro 2012: Chavela Vargas no inicio do novo curso na Galería Mulleres.
- Agosto 2012: Syra Alonso achéganos ás torturas da represión franquista dende a Galería Mulleres.
- Xullo 2012: A Galería Mulleres preséntanos á pedagoga Antía Cal.
- Xuño 2012: Remedios Varo, pintura surrealista para o xuño da Galería Mulleres.
- Maio 2012: Xela Arias: poesía e tradución para o maio da Galería Mulleres de Muxía.
- Abril 2012: A científica Angeles Alvariño protagoniza o abril da Galería Mulleres de Muxía.
- Marzo 2012: Aurora Marco protagoniza o mes de marzo da Galería Mulleres e se achega por Muxía.
- Febreiro 2012: O Concello de Muxía dedica o mes de febreiro da Galería Mulleres a María Reimóndez.
- Xaneiro 2012: A Galería Mulleres de Muxía inclínase ante Frida Calo.
- Decembro 2011: A Galería Mulleres lembra este mes de decembro á imprescibible Concepción Arenal.
- Novembro 2011: A Galería Mulleres recupera o compromiso de María Miramontes.
- Outubro 2011: A Galería Mulleres expón este outubro á escritora Teresa Moure.
- Agosto 2011: Luisa Villalta, na Galería Mulleres durante este mes de agosto.
- Xullo 2011: A galería Mulleres de xullo está dedicada á filósofa e profesora galega Mª Xosé Agra Romero.
- Xuño 2011: Simon de Beauvoír, unha pensadora no xuño da Galería Mulleres.
- Maio 2011: María do Carme Kruckenberg, muller do maio na Galería Mulleres.
- Abril 2011: A Galería Mulleres viaxa ata Alemaña para coñecer á pintora alemá Käthe Kollwitz.
- Marzo 2011: A fisterrá Celia Rivas protagoniza o marzal da Galería Mulleres de Muxía.
- Febreiro 2011: Xohana Torres, a muller de febreiro na Galería Mulleres de Muxía.
- Xaneiro 2011: Xaneiro é o mes de Luz Darriba na Galería Mulleres de Muxía.
- Decembro 2010: A pensadora María Zambrano, a protagonista do Novembro da Galería Mulleres.
- Outubro 2010: Marilar Aleixandre protagoniza o outubro da Galería Mulleres.
- Setembro 2010: Coñecendo á actriz María Casares coa Galería Mulleres.
- Agosto 2010: A actriz e escritora Paula Carballeira protagoniza o agosto da Galería Mulleres.
- Xullo 2010: A transgresora pintora Maruja Mallo protagoniza o xullo da Galería Mulleres de Muxía.
- Xuño 2010: A escritora e pioneira feminista María Xosé Queizán protagoniza o xuño da Galería Mulleres.
- Maio 2010: Muxía dedica o maio da Galería Mulleres a Rosalía de Castro.
- Abril 2010: A primeira muller membro da RAG protagoniza o mes de abril da “Galería Mulleres” de Muxía.
- Marzo 2010: María Lado estrea a Galería Mulleres do Concello de Muxía.
Fonte
- Concello de Muxía, da man de Viki Rivadulla.