Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Anorthosis asina a permanencia na 3ª Nacional

O Anorthosis asina a permanencia na 3ª Nacional
O Equipo do Anorthosis, formado por Gonchu, Roi e Moncho, acadaron a permanencia na 3ª Nacional

Coas 2 vitorias acadadas o sábado pasado e a falta de 3 xornadas para o final (2 para o soneiráns), o Anorthosis Vimianzo conseguiu matematicamente a permanencia na 3ª División Nacional, categoría que estreaba esta temporada e que ao principio dela a gran maioría dos equipos prantexábanse como obxectivo a permanencia e entre eles, por suposto, estaba o Anorthosis Vimianzo. Así que obxectivo cumprido para a familia do tenis de mesa soneirá, que agora mira para a canteira.

3ª División Nacional Masculina, grupo norte

  • Breogán Oleiros "D" - Anorthosis Vimianzo 2-5 (10-17)
  • Breogán Oleiros "B" - Anorthosis Vimianzo 2-5 (10- 15)

Non foron fáciles as vitorias do sábado ante os equipos de Oleiros, un deles tamén impplicado na liorta do descenso e o outro xa descendido pero moi correoso. A clave nos dous encontros estivo no partido de dobres, sobre todo contra Breogán Oleiros "D" no que os soneiráns remontaron un 2-0 en contra e o 5º set decidiuse por 15-17 (recordamos que se vai a 11 puntos) con varias alternativas no marcador para conseguir a vitoria no parcial. Antes Gonchu e Roi gañaran os seus partidos e Ramón Varela perdera contra Antonio González, polo que este dobre víase crucial de cara o resultado final, tanta era a tensión que os do banquillo de Oleiros retiraronse uns metros para non vivilo tan de cerca nos puntos decisivos. Algo parecido pasou co Oleiros "B", neste caso foi de 12-14 para os soneiráns.

Polo Anorthosis Vimianzo xogaron, como arriba apuntabamos, Gonchu Martínez (Santa Comba), Roi Martínez (Camariñas) e Moncho Varela (Carballo). Gonchu e Roi gañaron todos os seus partidos, individuais e dobres, e Moncho Varela non foi quen de gañar un so partido, notándose a falta de actividade no xogo aínda que non a ilusión e os bos consellos dende o banco.

1ª División Galega, grupo centro

  • Oroso TM Hotel Santa Cruz - Concello de Zas Aquacenit 1-6 (3-19)
  • Oroso TM E.S. Sigüeiro - Concello de Zas Aquacenit 0-7 (1-21)

Vitorias normais e esperadas do Concello de Zas Aquacenit en Oroso e máis fácil do esperado ante o 4º clasificado, Oroso Peluquería Tije xa que este tiña as baixas das súas mellores xogadoras (Saleta Nuñez e Silvia Álvarez) por mor dunha concentración nacional femenina en león. so Stevo perdeu o seu partido ante Camilo gonzález por 3-1, no resto foron victorias claras tanto de Stevo como de Miguel Rey e Andrés Fagín, estes dous en individuais e dobres.

2ª División Galega, grupo centro

  • Liceo Casino Xuvenil - Construcciones Cernadas 7-0 (21-0)
  • Liceo Casino infantil - Construcciones Cernadas 7-0 (21-2)

En 2ª galega, o Construcciones Cernadas despediu a temporada viaxando a Vilagarcía e saíndo derrotado por 7-0 e 7-0, que marca a diferencia actual entre as dúas canteiras.

Próxima xornada

En 3ª división nacional o encontro que estaba previsto para o domingo as 11 da mañá entre Anorthosis Vimianzo e SD Hípica adiántase para o sábado as 17'00h. no lugar habitual, o ximnasio do CPI de Zas.

Así quedan os encontros:

  • Sabado 29 de abril no ximnasio do CPI de Zas:
    - 3ª división nacional grupo norte: Ás 17'00 h. Anorthosis Vimianzo - SD Hípica de A Coruña.
  • 1ª división galega grupo centro:
    - Ás 16'00 h. Concello de Zas Aquacenit - CTM Lalín "B".
    - Ás 18'00 h. Concello de Zas O Gaiteiro - CTM Lalín "B".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios