O Aquacénit métese na fase de Ascenso á 3ª Nacional


Por fin un sábado con máis vitorias que derrotas no ximnasio de Zas. A primeira, a do Anorthosis Vimianzo ante un rival mermado polas baixas, pero tamén ao que se lle tiñan moitas gañas.
Ademais, as boas novas complétaas o Concello de Zas Aquacenit que coa súa vitoria asegura o 2º posto (de momento aparece de 1º) da 1ª Galega, posición que dá aceso a unha praza de ascenso a 3ª División Nacional, onde competiría co Anorthosis.
3ª División Nacional. Grupo Norte
- Resultado: Anorthosis Vimianzo - SD Hípica 5-2 (18-9)
O feito de ter a permanencia asegurada facilitou o xogo e a concentración dos soneiráns. Moi ben todos os xogadores do Anorthosis (Gonchu, Marce e Roi). Ao igual que nos dous encontros anteriores nos dobres Roi e Gonchu volveron a remontar un 2-0 en contra. Con esta vitoria o Anorthosis asegúrase o 8º posto na clasificación.
1ª División Galega. Grupo Centro
- Resultado: Concello de Zas Aquacenit - CTM Lalín "B" 5-2 (18-11)
- Resultado: Concello de Zas O Gaiteiro - CTM Lalín "B" 0-7 (1-21)
Do encontro resaltar o pique particular entre Miguel Rey e Brais Soto, favorable de momento ao lalinense. Tamén a volta de Chris Roy despois da súa lesión. Coma sempre Andrés Fagín non tivo problemas nos seus partidos e solventounos todos favorablemente.
No outro encontro a superioridade do Lalín "B" sobre Concello de Zas O Gaiteiro manifestouse no resultado.
2ª División Galega. Grupo Centro
- Resultado: Concello de Zas O Pinar - Oroso TM Talleres MR 7-0 (21-10)
- Resultado: Concello de Zas O Pinar - Oroso TM Hotel Santa Cruz 0-7 (5-21)
En 2ª galega moita diferencia entre os equipos como así o din os resultados abultados. Con esta xornada rematou a liga nesta categoría.
Vindeira cita
No vindeiro fin de semana son os campionatos galegos sub-23 e alevín en Narón, ao que do Anorthosis irán so os alevíns que participarán cun equipo alevín femenino o sábado, e o domingo serán os individuais nos que participarán Lorena Castro, Ana García, Marta Costa, Raúl López e Eduardo Cernadas nas probas individuais, dobres e dobres mixtos. Esperemos algunha sorpresa agradable, pois o obxectivo e disfrutar e aprender.
Novas relacionadas
- O Anorthosis asina a permanencia na 3ª Nacional.
- O Anorthosis queda cunha soa vitoria de marxe.
- Completa fin de semana para a familia do tenis de mesa soneirán.
- As baixas merman ao Anorthosis e só o Aquacenit suma.
- O Anorthosis cae dando a cara.
- O Gaiteiro dá as alegrías que esqueceu o Aquacenit.
- Ao Anorthosis sáenlle as contas.
- O Aquacénit deixa escapar o liderato.
- O Gaiteiro xa sabe gañar.
- A familia Anorthosis salva unha xornada excesiva chea de baixas.
- O Anorthosis tamén gaña e engancha por Nadal.
- O Aquacenit mantén o ritmo da familia Anorthosis.
- O Aquacenit mantense no máis alto.
- Dúas vitorias alonxan ao Anorthosis da zona de perigo.
- O Anorthosis non pode despistarse e o Aquacenit apunta alto.
- O Concello de Zas Aquacenit ponse líder na 1ª Galega.
- O Anorthosis non vai de “cenicienta”.
- Nova xornada completa de tenis de mesa nun ateigado pavillón de Zas.
- O Anorthosis terá unha longa tempada na 3ª Nacional.
- O tenis de mesa costeiro estrea campaña con vitoria.
- O Anorthosis comeza unha nova campaña con 6 equipos en liza.
- A Costa xa ten o seu torneo galego de tenis de mesa.
- Gran participación dos zaenses nos Provincias de tenis de mesa.
- O tenis de mesa pechou unha exitosa I Liga Intermunicipal cun gran ambiente e vitorias corcubionesas.
- O Anorthosis Vimianzo é novo equipo de 1ª División Galega de tenis de mesa.
- A campiona Galega benxamín de tenis de mesa chámase Lorena e é de Zas.
Fonte
- Nota de prensa de Estevo Lema.