Esixen de novo á Xunta que actúe ante posibles irregularidades na venda de Ferroatlántica
Hai 15 días acusaba á Xunta de lavarse as man ante a polémica venda de Ferroatlántica a un fondo estadounidense. Onte, despois de dúas semanas sen o goberno galego defina a súa posición, o BNG volve á carga, pedindo á Xunta que actúe para evitar calquera tipo de fraude no proceso de venda.
A portavoz parlamentaria de Industria, Noa Presas, lembrou que a Xunta ten que estar firme ante unha posible segregación encuberta das fábricas e as centrais, pois esta levaría á desaparición paulatina dos centros de producións de ferroaliaxes de Cee e Dumbría. Nesa liña lembrou “as prácticas de “extorsión” da dirección da multinacional no seu anterior intento de venda no que pretendía segregar a explotación hidroeléctrica da industrial, -pese a ser ilegal-, ao que se suma un ERE unicamente para castigar Galiza mentres premiaba fábricas doutros territorios”.
Valorou tamén como sorprendente que “a empresa, pese a ter decida a venda, manteña o recurso presentado contra a resolución de Augas de Galiza contraria á segregación das centrais, e tamén a operación de escisión da fábrica de Sabón do resto da unidade industrial, que non ten unanimidade no cadro de persoal”.
Este contexto “fai pensar que estamos diante dunha operación de venda fraudulenta, a través dunha axenda oculta que inclúe segregar as ferroaleacións das centrais hidroeléctricas pola porta de atrás”. Asegura que “a segregación oculta sería un pelotazo para o señor Villar Mir e a sentenza da morte para esta industria no país”, por iso o BNG demanda ao Goberno galego para que leve a cabo as actuación necesarias “para impedir calquera venda fraudulenta” que poña en risco as condicións de explotación do saltos hidroeléctricos dos ríos Xallas e Grande.
Novas do co conflito #Ferroatlántica
- 13-06-19: Venda de Ferroatlántica no Parlamento: BNG acusa á Xunta de lavarse as mans e PSOE pide transparencia.
- 04-06-19: As primeiras reaccións dun Comité dividido e uns traballadores indefensos ante a venda das fábricas.
- 04-06-19: Villar Mir acaba vendendo Ferroatlántica.
- 01-06-19: Os catro grupos parlamentares escoitaron a preocupación dos traballadores de Ferroatlántica ante a posible venda das centrais e as fábricas.
- 25-05-19: O persoal de Ferroatlántica continúa as protestas contra "os especuladores da enerxía" e para esixir a reactivación dos fornos.
- 21-05-19: Traballadores de Ferroatlántica uníronse á loita común das industrias electrointensivas.
- 10-05-19: Traballadores de Ferroatlántica maniféstanse contra a posible “segregación encuberta” das fábricas e as centrais.
- 25-04-19: O Comité de Ferroatlántica denuncia que a empresa volve intentar a venda ilegal das Centrais Hidroeléctricas.
- 15-04-19: As mobilizacións volven a Ferroatlántica trala escisión das factorías do grupo.
- 01-04-19: Os traballadores de Ferroatlántica esperan unha posición moito máis firme da Xunta.
- 29-03-19: O desconcerto laboral cabrea aos traballadores de Ferroatlántica.
- 27-03-19: O Parlamento únese para defender aos traballadores de Ferroatlántica sen danar á empresa.
- 26-03-19: O mutismo de Ferroatlántica segue encendendo ao Comité.
- 13-03-19: O Comité de Ferroatlántica pídelle a López Madrid que veña a negociar o ERTE á Costa da Morte.
- 02-03-19: Concentración ás portas de Brens e reunión en Madrid.
- 28-02-19: Novas negociacións, concentracións e denuncias tensan aínda máis o conflito Ferroatlántica.
- 26-02-19: “Non asinamos o acordo pero conseguimos frear a versión máis dura do ERTE”.
- 25-02-19: O Director Xeral de Industria recibirá ao Comité de Ferroatlántica.
- 22-02-19: A dirección de Ferroatlántica non só se nega a arrincar os fornos, senón que se formula ampliar o ERTE.
- 22-02-19: O Conselleiro confirma que se Ferroatlántica para outro forno rescatará a concesión das centrais.
- 20-02-19: A CIG esíxelle a Ferroatlántica a reactivación dos fornos para continuar negociando.
- 15-02-19: O Comité de Ferroatlántica comeza a unirse ante o perigo do ERE.
- Febreiro 2019: O ERTE de Ferroatlántica poderá afectar a máis do 50% dos traballadores costeiros.
- Febreiro 2019: Os traballadores de Ferroatlántica enfróntanse ao ERTE co Comité absolutamente quebrado.
- 06-02-19: Os grupos parlamentarios lembran a blindaxe dos postos de Ferroatlántica á concesión hidroeléctrica.
- 05-02-19: “O ERE de Ferroatlántica non se axusta á legalidade”:
- 28-01-19: Ferroatlántica divide ao pleno de Cee.
- Xaneiro 19: En Marea esixe a Xunta que faga cumprir a concesión a Ferroatlántica.
- Xaneiro 19: A CIG mobilízase pola readmisión do traballador despedido por un comentario nas rrss.
- Xaneiro 19: O Concello de Cee compromete o seu apoio cos traballadores de Ferroatlántica:
- Xaneiro 19:O berro dos traballadores de Ferroatlántica tamén se escoitou na Coruña.
- Xaneiro 19: “O PSOE fai unha boa declaración de intencións a 6 meses vista pero en 15 días algún pode estar xa na rúa”.
- Xaneiro 19: O BNG leva a pleno o peche dos fornos de Ferroatlántica.
- Xaneiro 19: En Marea critica o peche dos fornos dunha eternamente subvencionada Ferroatlántica.
- Xaneiro 19: “Fornos apagados, todos parados”.
- Xaneiro 19: A parálise de dous fornos e a retirada de materias primas, avisos previos do ERE de Ferroatlántica.
- Decembro 18: A CIG salta ante o posible ERE temporal nas fábricas de Ferroatlántica.
- Decembro 18: Ferroatlántica despide un traballador que foi delegado sindical da CIG por un comentario nunha rede social.
- Outubro 18: A CIG reclama a anulación da votación na que se aprobou o Acordo Marco en Ferroatlántica.
- Xuño 18: O Comité de Ferroatlántica non saiu con boas sensacións da reunión coa Dirección.
- Maio 18: O Comité queima o Acordo Marco de Ferroatlántica.
- Decembro 17: Os traballadores de Ferroatlántica volven concentrarse contra o chamado “Acordo Marco”.
- Decembro 17: Augas de Galicia confirma que as centrais e a fábrica de Brens son inseparables.
- Novembro 17: “A gran mentira” do Plan Industrial de Ferroatlántica:
- 16-02-17: O Parlamento galego esixe por unanimidade que non se autorice a venda de Ferroatlántica
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
Artigos relacionados
- 04-06-19: Luís Lamela: Ferroatlántica e un novo futuro.
- Novembro 2017, José Luís Louzán: “A gran mentira” do Plan Industrial de Ferroatlántica.
- Novembro 2016, José Luís Louzán: Débedas pendentes.