luns. 16.02.2026
El tiempo

11 ofertas para a construción do novo treito da AG55

O movemento de terras xa está realizado dende hai máis dunha décadas. Esta é a vista dende a AC-432, a altura de Pasarela, onde remata o novo treito, nunha foto realizada en 2017
11 ofertas para a construción do novo treito da AG55

A Xunta vén de recibir 11 ofertas de empresas para a execución das obras de prolongación da autovía da Costa da Morte, no treito entre Santa Irena, no municipio coruñés de Vimianzo, e a estrada AC-432. O Goberno galego licita estes traballos por máis de 36 M€. 

Ademais, a Xunta recibiu 13 ofertas para o contrato de servizo para o control e vixilancia, seguimento ambiental e arqueolóxico, e coordinación da seguridade e saúde da obra, licitada por 1,3M€.

A nova intervención abrangue 5,8 novos quilómetros de estrada, ata a intersección coa AC-432, que comunica Vimianzo e Camariñas. Este treito construirase sobre unha traza con parte do movemento de terras xa executado.

As obras incluirán a construción de 2 enlaces e a previsión dun terceiro, 3 viadutos, 6 pasos superiores, 3 pasos inferiores e 6 obras de drenaxe. Cabe sinalar como estrutura máis singular do proxecto o viaduto sobre o río Vimianzo, que permitirá o cruzamento da vía sobre esta contorna, entre os puntos quilométricos  7+005 e 7+249.
 

Histórico da Autovía

 

Comentarios