Santos catacumbais na Arquidiocese de Santiago: San Fidel de Carril, mártir
O 13 de abril de 1817 foi un día de gran solemnidade para a parroquia de Santiago de Carril, xa que nesa xornada foron entronizados os restos do mártir san Fidel. Segundo o opúsculo “Vida do glorioso mártir san Fidel”, escrita polo cóengo Gaspar Fernández Zunzunegui, maxistral da Catedral de Santiago, publicada en 1876, sinala que o Santo -cuxo oficio era o de militar- sufriu o martirio a principios do século IV, un 28 de outubro, e que o seu nacemento tivera lugar preto de Milán. Despois da súa morte, os restos serían depositados nas catacumbas de Roma. Esta narración haxiográfica, ao meu xuízo, non conta con sentido algún: primeiro, porque o autor non cita fonte algunha; segundo, aporta datos vagos e carentes de fundamento, tomando elementos comúns doutras vidas de Santos para encher lagoas e carencias na presente; terceiro, tampouco ten moito sentido a disposición do enterramento efectuada logo do martirio, e cuarto e último, o autor confundiuse con outro san Fidel, chamado de Como, cuxos restos se conservan en Milán, e cuxa festa é, en efecto, o 28 de outubro. O máis probable é que o san Fidel de Carril sexa un de tantos cristiáns anónimos tomados das Catacumbas romanas para premiar e agasallar aos curiais, familias e clérigos ilustres, sendo rebautizado cun nome relativo a unha virtude ou característica, neste caso da mesma “Fe”, “Fiel”.
Logo da exhumación dos restos, co vas sanguinis, o corpo foi entregado en 1816 ao bispo de Eivissa, don Felipe González Abarca, que o remitiu ao carrilexo Simón Álvarez Robés. Consérvase no arquivo parroquial un libro de esmolas de san Fidel que vai dende 1817 a 1844. Logo de embarcar as reliquias en Italia, primeiro fixo escala en Barcelona; de alí a Valencia, onde houbo que pagar polo seu rescate 694 reais e 17 marabedís; logo disto, a embarcación parou en Cádiz e de alí, baixo a dirección de Bernardo Franco, chegou ao porto de Vilagarcía. Costou este periplo a suma de 4975 reais. A esta cifra agregáronselle outros 770 reais pola documentación, breves e indulxencias outorgadas á reliquia. Segundo di o opúsculo de Zunzunegui, a urna foi depositada na igrexa de Cortegada, a onde acudiu unha comisión presidida por Ramón Flórez Villamil, cura de Santa Baia de Xil e arcipreste do Salnés, xunto con varios sacerdotes. como o párroco de Carril, o de Portas, Lantaño, e outros individuos, co fin de autenticar a veracidade dos restos, operación efectuada el 12 abril de 1817.
Feitas todas as dilixencias, dispúxose unha procesión para conducir o corpo de san Fidel á igrexa de Carril; temos noticia que se fixeron gastos considerables, como a feitura dun altar, pintado por un tal Estillo, a razón de 240 reais, con pinturas traídas de Santiago, e baixo a idea do escultor Sagra de Noia, que cobrou polos seus deseños 20 reais; encargóuselle unha lámina para facer estampas a un gravador da saga dos Piedra de Santiago, percibindo 400 reais por este traballo; do mesmo xeito, encargouse en Compostela oitenta ducias de foguetes; da Peregrina de Pontevedra tróuxose o “papamoscas”; chamáronse varios predicadores, danzantes, músicos, etc. Costou a instalación do corpo do Santo e a súa primeira festa a cantidade de 14.259 reais, unha cifra bastante elevada para aqueles anos. Para que comprendamos o valor da moeda, na década dos vinte-trinta do século XIX, con 20.000 reais podíanse construír tres retablos de boas dimensións.
Actualmente os restos do Santo, colocados nunha figura de cera xacente e vestidos á romana, atópanse debaixo da mesa dun altar lateral; a súa festa ten lugar o domingo seguinte á solemnidade do Apóstolo Santiago, patrón da parroquia, e con tal motivo construíuse no ano 2021 a imaxe do mártir, para sacalo na procesión.
Outros artigos de Luís Bermúdez sobre patrimonio eclesiástico
- José Carballeira Pérez (1858-1942), benemérito párroco de San Xoán de Carballo
- A devoción a Santa Apolonia en Castro
- Santos catacumbais na Arquidiocese de Santiago: San Vitorio, mártir
- Un crime de novela acontecido en 1895 nunha parroquia de Carballo
- Noventa e cinco anos da imaxe da Virxe Milagrosa en Entrecruces
- Unha nova aldea para unha gran igrexa: a construción dunhas vivendas públicas no entorno da parroquial de Rus en 1789
- Os párrocos de Santa María de Traba e San Martiño de Oca, en Coristanco, dende finais do século XVI
- Un libro de rendas e esmolas da parroquia de Santa Baia de Castro, en Coristanco, do ano 1711
- Un documento inédito redactado en Rus en 1796: o testamento da esposa do artista Ignacio Tiburcio Freire
- Ritos e liturxia popular nos santuarios da zona de Bergantiños
- Santos catacumbais na Arquidiocese de Santiago: San Calisto, mártir
- O incendio do retablo de Noicela en 1906
- A reliquia de Santo Outelo de Goiáns
- Narciso Coello de Portugal (1864-1945), crego de Bértoa
- Unha imaxe peculiar e valiosa: a Virxe de Guadalupe de Oza
- Os párrocos de Bergantiños na visita pastoral de 1817
- A contratación da campá maior de Rus, en Carballo, en 1791
- A cruz parroquial de Verdes, en Coristanco: unha das pezas de prata de máis antigüidade na zona de Bergantiños
- As constitucións de 1771 da confraría de Santa María de Ferreira
- Analizando polo miúdo a custodia de San Pedro de Valenza, en Coristanco
- Setenta anos da chegada de don Cipriano Reiriz de Dios (1902-1983) a Valenza, Coristanco: o crego que fixo progresar o rural.
- A igrexa de Santa Baia de Castro, en Coristanco, a través da visita pastoral de 1817
- A igrexa de Santa Baia de Castro, en Coristanco, a través das visitas pastorais dos séculos XVII e XVIII
- Milagres da Virxe de Pastoriza nas comarcas de Bergantiños e Soneira
- Santos e marcos: a discusión entre san Xián e santa Baia polo lugar de Lume da Cova
- A pirotecnia e as festas de Bergantiños no pasado
- A supresión e anexión das parroquias de San Xusto e Verdes
- Os toques das campás en Bergantiños e o contrato das campás de Oza, Xaviña e Lemaio
- As capelanías existentes en Bergantiños a mediados do século XVIII
- O preito de Santa Minia de Seavia (1870)
- Algunhas sepulturas históricas nas igrexas da zona de Bergantiños
- Don Nicolás Varela Díaz: un fillo ilustre da comarca de Bergantiños
- A devoción a san Antonio de Padua na parroquia de Agualada
- A Virxe da Saleta de Silván: avogosa e protectora das patacas de Coristanco
- A capela das Salgueiras, en Coristanco: de ermida particular a templo veciñal
- A devoción a san Roque na comarca de Bergantiños