Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Crónica dunha primeira gran tempada do FSF Vila de Cee

Crónica dunha primeira gran tempada do FSF Vila de Cee
Vila de Cee FSF-Foto-David Castro

Unha vez rematada a temporada coa eliminación da Copa Provincial, non facemos máis que recoller aquí a crónica que a directiva do FSF Vila de Cee vén de configurar. I é que mellor ca eles non imos ser nós os que contemos como foi a temporada. Así que, sen máis, aí vos deixamos, coa familia do FSF Vila de Cee, mentres cumple o seu primeiro ano de vida.

Crónica da temporada 2013/2014

O FSF Vila De Cee, a punto de cumplir o seu primer ano, acaba de rematar a súa primeira temporada de forma oficial, acadando un 7º posto na Liga Provincial Femenina da Coruña e chegando a 1⁄4 de final na Copa Provincial Femenina da Coruña. A directiva sentímonos moi orgullosos deste complicado ano, máis aínda cando nestas fechas o ano pasado tan so eramos un proxecto na cabeza dun grupiño de xente sensibilizados por unhas rapazas no pobo con moitas gañas de xogar o futbol sala e practicar o seu deporte favorito e poder ter as mesmas oportunidades cos seus semellantes masculinos na súas edades.

Os comenzos non foron fáciles, máis ben complicados, con moito papeleo, estatutos, actas de constitución, inscripcións, conversas cas instuitucións en resumen moita burocracia. Aínda con todo conseguimos arrancar con este bonito proxecto, con erros de principiantes que aínda seguimos a cometer, pero con gañas de ir correxindo e aprendendo, e seguir para adiante, pois neste primer ano hemos sufrido un pouco , pero disfrutado moitisimo e nos sentimos orgullosos e felices do conseguido, sendo conscientes de que todavía nos queda un mundo por evolucionar , traballar, aprender , sufrir e divertirnos para ser un gran Club de Futbol Sala Femenino en Cee e na nosa comarca.

Agradecementos

Co dito dende a directiva hemos precisado de moita axuda e recibida a caudales dentro do noso entorno o cal queremos agradecer de forma esencial a:

  • Ferroatlántica: o noso principal patrocinador , dende o principio se implicaron no noso proxecto, e consideramos que sen eles nos sería moi difícil arrancar e sair adiante.
  • C.C. Finisterrae: fundamentales para o club, dende o primer dia implicados dunha forma mais que activa onde sempre nos recibiron cas portas abertas.
  • Clínica de Fisoterapia a Xunqueira : agredecer o seu apoio e a sua implicación profesional e personal de forma desinteresada co equipo, e co material deportivo.
  • E.S. Bazarra: gracias pola súa colaboración e seguir desmostrando a súa implicación no deporte base.
  • Grupo Santitel: agradecimniento por o seu compromiso aportando material deportivo.
  • Mac-Rober: Colaboración no material deportivo.
  • Clínica Fisioterapia Sar: Colaboración con material deportivo.
  • Asociación Empresarios de Cee: Os cales firmaron un convenio cunha aportación económica onde levamos por toda Galicia nas nosas camisetas o lema de “Concello de Cee, capital comercial da costa da Morte”.
  • Fisober FSF: gracias o Club veciño por toda a axuda e ánimo nos comenzos, agradecemos de forma principal o seu Presidente Fran Toba , o cal o molestamos con mil e unha chamadas e sempre nos respondiu con toda a súa experiencia de máis de 10 anos nesta difícil e complicada empresa.
  • Gracias a xente e ao comercio de Cee, por convertirse de forma abundante coma socios do noso club o cal servenos de base e alento para seguir avanzando neste bonito proxecto.
  • Gracias a ese público que foi medrando xornada a xornada, convertíndose nunha afección exemplar e gracias de forma moi especial a peña de aficionados de Brens, os cales non deixaron de animarnos e seguirnos por toda a provincia.
  • Moitas gracias a Elvira Freire Canosa, coma presidenta do Union Club Cee, pois ela foi a semilla do proxecto, ca cal comenzou a fraguarse a primeira unión de rapazas.
  • Gracias os pais e nais das rapazas, por a sua paciencia, implicación, colaboración con toda a directiva.

Con todo este apoio recibido, esta directiva cargase as pilas para seguir traballando e loitando e seguir neste tan bonito proxecto o cal non fixo mais que comenzar, grazas a todos por ser parte de esta gran familia “FSF VILA DE CEE”.

Crónica deportiva

No aspecto deportivo, o equipo non parou de crecer dia a dia, entrenamiento a entrenamiento e partido a partido.
Comenzaron entrenado en agosto do 2013 unhas 12 rapazas, e as poucas semanas xa tivemos que inscribir 16 fichas na federación. A altura de navidades xa nos acudían a entrenar 20 rapazas e rematamos o campeonato cunhas 24 rapazas dende os 8 anos de idade.
Na liga os primeiros partidos foron complicados, pois partíamos cunhas xogadoras as cales aínda que individualmente mostraban calidade de abondo, case ninguna había competido de forma oficial, perderonse os seis primeiros partidos, mais nunca caeron no desánimo, e a base de traballo e entrenamiento conseguiron coller o pulso a competición, conseguindo ganarlle a case todos os equipos da parte alta da clasificación, e acadando un 7o posto o final mais ca merecido.

Na copa hemos quedado eliminados en 1⁄4 de final, tocounos un dos equipos grandes da liga,”A Fervenza F.S.F”, un dos clubs mais veteranos do futbol sala femenino en Galicia. Non obstante gañamos o primeiro partido por un 2-1 e perdemos o segundo por 1-0, e dicir que quedamos eliminados pola diferencia de goles, con todo mostramos un gran nivel de xogo e sentimonos orgullosos do nivel mostrado.

Xogadora a xogadora

Co dito mostramos unha pequeña valoración e comentario de todas as nosas rapazas que participaron na competición oficial:

  • Adriana: A Gran Capitana e a veterana do equipo, comenzou coma porteira, pero a súa aptitude coma líder do grupo converteuna no primer referente dentro da cancha e como líder indiscutible, mandou en defensa, mandou na dianteira e convertiusedo no comodin do equipo . Imprescindible dentro do campo e imprescindible no vestuario.
  • Carla: Comenzou xogando no campo, mais os entrenadores vironlle atiptudes para a portería. Unha lesión na mitade do ano frenoulle un pouco a sua evolución, pero co seu compromiso convirtarase nunha das futuras porteiras insicutibles do equipo.
  • Belén: Vindo do futbol, coma dianteira, sufriu coma xogadora de futbol sala, non chegandose a adaptar nunca a pista. A sua insistencia e pasión como xogadora do equipo fixo que acabase como porteira, e de forma increíble acabou asumindo a titularidade na portería e facendo un final de liga e de copa espectacular.
  • Claudia: Con carácter, temperamento e disciplina fan dela unha gran defensa, a seguir asi ca súa xuventude convertirase nun pilar do equipo.
  • Marta: Portento físico, potencia, resistencia e un tiro potentísimo, comenzou a metade do ano, e a evolución mostrada resulta espectacular.
  • Alba: Temperamento a raudales, outra que se incorporou a metade do ano, veterana con alma de líder, resistencia física e velocidade a convertiron en titular indiscutible na defensa.
  • Sandra: A alma do equipo, compromiso total, case non fallou ningún entrenamiento, calidade técnica, posicionamiento , universal no campo, estivo un pouco peleada co gol pero ainda así seu traballo e xenorosidad na pista xenerou moitas victorias para o equipo.
  • Raquel: Cualidades geniales para este deporte, posicionamiento perfecto no campo, intuición defensiva e bo trato do balón fan dela unha gran defensa.
  • Sofía: A xonvenciña do equipo, a risueña e a alma alegre, nadie e capaz de presionar o rival como ela, intensidade total.
  • Andrea Muíño: A distancia non lle permitiu poder entrenar de forma continua. Técnica a raudales.
  • Ana Trinidad: Uf, carácter, tensión, competitividade, sacrificio, calidad técnica, temperamento, e dicir toda unha Crack, mil e un adxectivos son poucos para definir. Con ela na pista e coma se xogasemos con 6.
  • Serena: Gañas e máis gañas de xogar e entrenar, empezou a metade de ano, suple o seu posicionamiento con ganas, vontade e esforzó, sempre necesario e imprescindible en calquera equipo.
  • Andrea Romero: A alegría do vestuario e sen duda a mellor zurda da liga, xogadora de fantasia, regates increíbles, todo un espectáculo na pista. O seu futuro neste deporte non ten límites.
  • Bea: A máis tímida do equipo, pero o mesmo tempo moi traballadora, tiro potente, e co seu esforzó seguirá evolucionando.
  • María: Clase, elegancia, e calidade, fundamental na pista, de menos a mais, converténdose nunha xogadora titular indescutible, colocación, técnica, e compañerismo na pista fan de ela unha das mellores xogadoras do equipo.
  • Tati: A modelo do equipo, aporta potencia, tiro e velocidade, fan dela unha xogadora mais que imprescindible e necesaria.

A directiva e técnicos do equipo felicitamos a todolas xogadoras pola sua aptitude, comportamiento e compromiso en levar o nome do Club “ F.S.F. Vila de Cee”.


E nós felicitamos á familia do Vila de Cee polo seu grandísimo traballo.

Crónicas da temporada no Fútbol Sala Feminino costeiro

Fonte

  • Crónica enviada pola familia do FSF Vila de Cee.
  • Redacción de QPC ([email protected]).

Comentarios