Os Reis Magos non dan tregua no futbol da Costa
22:36 06/01/15
Hoxe era dia de Reis e dia de regalos e familia, pero por motivos axenos o futbol costeiro e sobre todo por uns motivos de dor, no dia de hoxe xogabanse dous encontros na 2ª da Costa , por un lado o Castriz enfrontabase o Buño esta mañá nun encontro moi moi bonito onde os locais puideron levarse o encontro pero que o final acabaria en empate a 2. Xa na tarde de Reis xogabase o Seaia - Baiñas, onde os locais goleaban a un Baiñas que o parón Navideño non lles sentou nada ben. Con estos dous encontros cerrabase a xornada 17 da 2ª Autonómica da Costa. Feliz dia de Reis.
Castriz - Buño (2-2)
- Castriz: Diego, Martin, Cili, Alex, Uru, Agra, Adrian Prol, Bolón, Chinda, Luis e Victor (Juan Velo, min.45).
- Buño: Toni, Eloy, Fran, Matias, Diego, Jorge, Neucha, Emilio, Victor, Dani Calvete (Juan Antelo, min.75) e Martin (Miguel Dourado, min.85)
- Arbitro: Ruben Reborido
- Expulsión: Esteban Blanco (Adestrador do Castriz)
- Goles: 0-1, min.25: Cilindro (Propia porta); 1-1, min.28: Chinda; 2-1, min.50: Oscar Bolon; 2-2, min.70: Neucha.
Na segunda parte seguía apretando o Castriz con claras ocasións diante do porteiro man man pero que non era capaz de materializar, pero nunha falta votada por Bolón falla o porteiro visitante e colase no fondo da rede, os locais porianse por diante e seguirían apretando unha e outra vez pero sin ser capaces de materializar todalas ocasións que estaban a ter. A raiz dunha xogada na que Agra leva un golpe e ten q ser atendido o Buño veuse arriba e conseguiria empatar cun gol moi protestado dos xalleiros, algunha ocasión mais terian pero sin moito perigo. A partir dese gol o Castriz volve a sair dese bache e volve a ter varias ocasions moi claras pero que segue sen convertir. Nos intres finais os xalleiros protestarian un penalti clarisimo por unha man dun defensa que o arbitro non vería. No desconto os locais gozarian de algunha ocasión mais, pero estaba claro que hoxe non era o dia. En outras ocasións e con ocasións menos claras cas deste encontro o resultado sería distinto. Final do encontro con un empate a 2-2 que lles sabe a moi pouco os locais despois do visto sobre o terreo de xogo.
Sporting Seaia - Baiñas (4-0)
- Sporting Seaia: Jesús, Adrian, Vistas, Avelino, Dimaga, Eme, Miguel Riveiro (Parga, min.75), Nando, Damián (Magovi, min.70), Camilo e Tato.
- Baiñas: Sergio, Rodri, Martin, Mario, Hector (Marcos, min.75), Cristian (Tasky, min.50), Jaime, Esteban (Samuel, min.60), Eloy e Javi Suarez.
- Goles: 1-0, min.25: Camilo; 2-0, min.45: Camilo; 3-0, min.65: Miguel Riveiro; 4-0,min.85: Dimaga.
A segunda metade sería un pouco mais do mesmo, un Sporting Seaia dominando o encontro e o Baiñas intentando realizar algunha xogada para recurtar distancias pero sin exito ningún. Nesta parte os locais marcarian 2 goles mais onde o 3-0 obra de Miguel Riveiro dende fora do área era de unha autentica beleza. O cuarto chegaría nos intres finais cun Seaia apretando e os visitantes intentando aguantar das imbestidas. Así se chegaría o final do encontro con este 4-0 que deixa o Seaia na metade da tabla e o Baiñas algo tocado. Unha tarde de Reis con Alegrias para uns e Carbóns para outros. Colexiado moi discutido por ambos lados que non gustou moito a ningún dos equipos.
Novas relacionadas
Crónicas da Liga da Costa
- X.15: Un grupo de 7 equipos persegue ao implacable San Lorenzo.
- X.14: O San Lorenzo amosa o seu poderío e o Ponteceso saca a cabeza a costa do Montelouro.
- X.13: Unha xogada de Fair play para o recordo.
- X.12: O San Lorenzo non frea.
- X.11: O San Lorenzo marca o ritmo.
- x.10: O Castriz non pode co ritmo de San Lorenzo e Zas.
- X.9 :O trío de arriba non perdoa.
- X.8: O San Lorenzo asalto o liderato.
- X.7: O Castriz aproveita os líos dos rivais.
- X.6: Ratificando o bo comezo de Liga.
- X.5: Só Castriz e Zas dan un paso.
- X.4: 7 en cabeza.
- X.3: Cee e Volantes quedan sós.
- X.2: Xornada de estreas.
- X.1: Roda o Balón na 2ª Autonómica da Costa.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
- 1ª Autonómica: Pechando o 2014 cun líder sólido e un derbi de infarto.
- Preferente: A mocidade toma o relevo de cara a 2015.
- Os 80 resultados e a análise da última xornada do 2014 no Fútbol da Costa.
Novas relacionadas
- Preferente: A mocidade toma o relevo de cara a 2015.
- Rafael Louzán, ‘xefe’ do fútbol galego.
- Os vellos roqueiros toman os pichichis.
- Pablo Varela: Una tarde al lado de Frank Lampard.
- Xa temos Cadro da Copa da Costa 2015.
- Entrevista de David Castro co meta coristanqués de 1ª División, Rubén.
- Os clubs poden cambiar os horarios nas categorias inferiores sen avisar ao rival.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).