sábado. 07.12.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: O Cemiterio de Dumbría e a familia Piloto

Cemiterio de Dumbria no 1930
Cemiterio de Dumbria no 1930
O Modesto Patrimonio: O Cemiterio de Dumbría e a familia Piloto

Polo lateral sur da igrexa parroquial de Dumbría e pegado o seu muro existen uns panteóns de pedra que sempre chaman a atención dos visitantes. Sábese que o primitivo cemiterio parroquial estaba no chan da igrexa e cuberto con lousas numeradas. Foi a partir do ano 1883 cando se comenzou a enterrar fora e as lousas foron usadas como piso na entrada da igrexa. O actual cura párroco, D. Ramón, revisou o libro de defuncións para ver de aclarar algo sobre este monumento fúnebre e conseguiu unha reseña do libro de defuncións que fala de José Paz Rodríguez, fillo lexítimo de José Paz Fernández e de Laura Rodríguez. Faleceu as 9 da mañá do día 16 de Xaneiro de 1921 por unha insuficiencia cardíaca (infarto), estando de cura párroco naquelas datas D. Ramón López Puente, tío do famoso médico de Toba (1906 -1941).

Placa de Jose Paz no Cemiterio de Dumbria
Placa de Jose Paz no Cemiterio de Dumbría

Segundo o libro di que  asistiron o enterro-funeral 13 sacerdotes, aplicándolles máis tarde un trintenario de misas gregorianas. Por conversas con persoas maiores sábese que foi militar e vivía nunha finca amurallada con casa de pedra, hórreos e alpendres situada a escasos metros o noroeste desta igrexa parroquial. A vivenda familiar estaba situada no lateral leste e pegada o camiño que conducía a actual casa do Monte. Vista por fora chama a atención na fachada do leste tres furados sobre o pedestal da ventana principal de cantería que eran usados para defenderse dos ladróns con arma de fogo, metendo o trabuco polo furado e disparando cara abaixo . Esta finca sería anos máis tarde partida en varias. Sábese que polo lateral oeste e lindando coa estrada principal, físoxe unha escola de nenas, na que estiveron de maestras as lesbianas da Coruña Marcela Gracia e Elisa Sánchez nos anos 1889-1900, que tantas críticas e calamidades pasaron o ser descubertas.
Sabemos onde está enterrado, pero non se encontran documentos que falen moiton da historia deste home.

Cemiterio de Dumbria estado actual

José Paz naceu o 23 de Febrero de 1875. Ingresou no exército, como teniente 2º e casou con Inocencia Martín Sotillo, mestra de Fisterra, que tiña unha filla extramatrimonial chamada Nieves que a adotou como herdeira, tomando o seu apelido Paz. A súa filla Nieves casou cun médico de Quintáns (Muxía), chamado Daniel Paz ,que o mesmo tempo fixose piloto e tiveron varios fillos: un marchou para Arxentina que nunca mais se soubo e u outro foi o heredeiro das fincas dos lugares de Quintáns (Muxía) e de Dumbría. A partir de aquí esta familia sería coñecida na comarca como “O Piloto de Quintáns”, formando parentesco coa familia Cerdeiras de Corcubión, que eran empresarios de varias fábricas de salazóns pola comarca e ricos en terras. 

Si retrocedemos na historia imos falar algo da igrexa parroquial de Dumbría. No ano 1587 estaba na paraxe da Agra dos Adriños, moi preto do río Fragoso por onde pasaba o antigo camiño de Cee-Berdoias. Os parroquianos determinaron trasladala uns 600 m. ao nordes sobre un terreno alto e chan cedido pola rica familia Paz – Rodríguez, por estar máis centrada e con boas comunicacións.  As pedras desta igrexa foron transportadas en carros e a nova obra rematou no ano 1699, sendo cura párroco D. Francisco del Río Montenegro natural de Cecebre (Cambre), que morreu en Dumbría no ano 1736. Nestes traballos participaron varias confrarías e veciños de Dumbría, así como Alonso Pose, Andrés Gonzáles e os familiares de Paz Rodríguez, xunto coa súa muller Inocencia. No ano 1754 un incendio destruiu o retablo maior da igrexa, perdéndose varias imaxes, sendo reparado no 1757. Transcurrido varios años, o solar, pegado a igrexa polo lateral norte, cerrado con muro alto, propiedade de Nieves, fui partido entre as familias dos Cerdeiras e do Piloto que tiñan como caseiro ao “Mico”, veciño, que vivía na Casa do Monte. A finca do Piloto foi comprada máis tarde por Fe de Canelas e as outras, da familia dos Cerdeiras, foron compradas pola familia do  Tuto e mais a de Antonio do Tarrelo.

NOVAS DE MODESTO

OUTROS ARTIGOS NO "MODESTO PATRIMONIO”

Patrimonio Pindexo

Comentarios