mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Modesto Patrimonio: Lugar de Figueiroa de Buxantes

Lugar de Figueroa-Buxantes-Dumbria-Modesto Garcia Quintans
O Modesto Patrimonio: Lugar de Figueiroa de Buxantes

Imos recordar parte da historia deste lugar de Figueiroa, da parroquia de Buxantes. Isto podémolo facer porque un veciño deixoume consultar uns documentos vellos en bo estado, pero malos de ler, que tiña gardados no caixón do olvido. Este lugar de Figueiroa localizase nas coordenadas UTM: X= 489937; Y= 4757946, cunha altitude de 230 m sobre o nivel do mar, e ten na actualidade tres vecinos coñecidos como Casa dos Castros, Casa de Pais e a Casa de Consuelo.

Se retrocedemos no tempo ao ano 1552 o terreo deste lugar, coñecido como “Coto de Figueiroa”, foi aforado, tendo que pagar a renta aos frades de Moraime. O documento fala que neste lugar había tres casas, pero no fala nada do lugar da Fonte Santa, destruído polos franceses, nin da capela das Neves. Sobre o ano 1800, outro documento fala de tres casas e dous veciños coñecidos como Ramón Castro Bermúdez (murió el 28-07-1876), casado con María Calo Canosa (murió 28-07-1876) e Francisco Pais Maceiras que vivía na parroquia de San Martiño de Fontecada no concello de Santa Comba. Estos vecinos tiñan que pagar unha renta anual de 2.740 reais. ao Priorato de Moraime por un terreo que abarcaba 611 ferrados. Estaba circundado todo o seu contorno con muro de pedra e lindaba polo norte con terreos comúns de Buxantes, polo sur co río chamado da Carballa, polo este co mesmo río e polo oeste con monte aberto e terras de labradío do lugar de Busto. Non fala nada dos terreos do lugar da Fonte Santa. Ademais tamén tiñan un trozo de monte coñecido como Monte da Cheda. Na marxe dereita do río da Carballa tiñan dous muíños.

Muino de Pais-Figueroa-Dumbria-Modesto Garcia Quintans

O primeiro próximo aos pasais coñecido como “Muíño de Pais” e o outro no Terreo do Fial de Ramón Castro. Uns 100 m. río arriba deste pasais existía outro muíño coñecido como da “Fonte Santa”. No ano 1908 esta renda pasou mediante escritura a favor de Emilio Mendez Brandón e a súa muller Valentina Bartolomé González, de Santiago de Compostela, tendo que pagar os veciños 44 ferrados de trigo, ademáis 7 reais anuais polo monte da Cheda. O Monte Foral foi comprado no ano 1909 en parte por Francisco Quintáns Trillo de Figueiroa e Domingo Quintáns Trillo da Filgueira quen máis tarde llo vendería ao seu irmán Francisco por 256 pts. Descoñecemos o ano en que se construíu o canal, duns 850 m. que sae da Fonte das Neves para abastecer e regar os herbais, pero anteriormente tiña un picho frente a casa de Francisco da auga procedente da fonte do Carballo.

Muino do Fial-Dumbria--Modesto Garcia Quintans

Do terceiro veciño non se sabe nada. Unha veciña maior deste lugar contoume que no dintel dunha casa vella deste lugar existía unha Cruz de David, símbolo xudío, polo que cabe sospeitar que alí vivíu algunha familia xudía cando os reis Católicos ordenaron a súa expulsión dos seus reinados sobre o ano 1490. Tamén me contaron que sobre o dintel da porta travesa da capela das Neves había outra cruz xudía que foi quitada por orden do cura. A mediados do século XIX neste lugar había tres veciños e catro casas coñecidos como: “Casa dos Cores”, “Casa dos Castros”, “Casa do Pesco” e a “Casa de Arriba”, onde estaba o lavadoiro.  Na casa do Pesco vivíu un familiar de Pais chamado José Pais Otero, casado con Inocencia Trillo de Busto que  tivo tres fillos: José fixo a carreira de Rexistrador da Propiedade por libre, cuidando as ovellas polo monte das Neves, gracias aos libros proporcionados polo seu tío José Pais García, cura dos Baos de Mazaricos. José ía a examinarse a Univesidade de Santiago e o seu irmán Modesto fixo maxisterio da mesma forma. O outro irmán Evaristo din que emigrou a México e nunca mais se supo del. Un fillo de Modesto foi un xogador de fútbol moi famoso do equipo do Zaragoza. 

 

Patrimonio Pindexo

 

OUTROS ARTIGOS NO "MODESTO PATRIMONIO”

Comentarios