O Modesto Patrimonio: Historia dos lugares da parroquia de Buxantes

Interesante sería coñecer a historia de cómo se formaron as aldeas ou os lugares da parroquia de Buxantes e tamén a orixen dos alcumes ou apodos polos que coñecemos os veciños. Témolo bastante complicado porque se perdeu a transmisión oral e a falta de documentación escrita. Dame pena que cando falas con algún veciño de idade, que son os que poden contar historias dos seus antepasados, algúns dínche que na casa tíñan unha lacena con documentos vellos, moi malos de ler, e como non servían para nada os queimaron na horta; agora gardamos os documentos novos da concentración parcelaria cos seus planos e as partillas que son os que nos interesan. Pena que non se dan conta que coa queima deses antigos documentos herdados borran a historia da súa familia. Von falar do lugar de Vilar, onde nacín e o que mellor coñezo. Na actualidade son cinco vecinos coñecidos como: Casa dos Modestos, Casa do Corchete, Casa do Vara, Casa do Recamán e a Casa do Rico. Desapareceron no século pasado os da Casa do Relojero, Casa de Jesusa e a Casa de Blanco. Na actualidade, tódolos veciños do concello podémolos localizar polos alcumes e polas súas coordenadas U.T.M. (ED-50; ETRS89) nun libro telefónico que publiquei no ano 2001 que axudou a localizar aos propietarios dos teléfonos recén instalados.
Un inventario do ano 1761 fala de cinco vecinos en Vilar, sendo os cabezas de familia Andrés Martínez de 57 anos, que debía estar na Casa do Vara. Antonio Trillo de 28, casado con Andrea Canosa, que debía debía ser da Casa dos Modestos. María Pérez de 55 anos, víuva de José Pérez, que debían estar na Casa do Rico. Lucas Agulleiro de 44 anos e Simón dos Santos de 55 anos. Estes últimos debían pertenecer a dúas familias que venderon as terras e marcharon para outras latitudes.
Si repasamos outro inventario do ano 1840 do reparto foral, non fala de vecinos sinon de “casais”. Así o Casal de Blanco (en ruínas) non tiña habitantes. O Casal de Francisco Trillo Lema correspondía a actual Casa dos Modestos. O Casal de Joaquín Cives, representado por Juan Agra correspondía a actual Casa do Corchete. O Casal de Ventura Grille, pai de Antonia Grille, debía ser a actual Casa do Recamán. O Casal de Leonardo Gómez, representado por Juan Trillo, debía pertencer a Casa do Rico. O Casal de Domingo Trillo, natural de Busto. Este cedeu os seus dereitos a Domingo Quintáns da Filgueira. Outro inventario do ano 1850 fala de José Trillo Pardiñas da Casa dos Modestos, José Blanco da Casa de Blanco. Francisco Agra da Casa do Corchete, María Gómez y Angela Gomez, descoñecemos os seus apodos. Andrea e Ventura Grille, da Casa do Recamán. Tamén estaba Miguel del Río, María Castro máis coñecida como “María da Billota” da Casa do Relojero e José Vara, coñecido como “ O Barbudo” (tiña a barba larga) da Casa do Vara.
Si entramos no século XX este lugar sufriu grandes transformacións. No ano 1952 aparece a luz eléctrica; no ano 1992, con 5 veciños e 29 habitantes, aparece a concentración parcelaria que transformou totalmente os métodos de labranza e a críanza da gandería en toda a parroquia. Nace unha nova estructura urbanística e paisajística e outro método de traballo mecanizado. Desaparecen a “Pedra do Lar” polas bilbaínas e o butano, e as “Cañeiras”, para transformarse en aparcamentos, os “Lavadoiros” sustituídos por lavadoras, as “Cortes do Gando” por cuadras mecanizadas, os “Carros das Vacas” por tractores, os “Palleiros” por silos, os camiños públicos por pistas asfaltadas, os “Hórreos” trasfórmanse en monumentos arquitectónicos. Os “Muíños de Auga” quedan abandonados nas beiras dos ríos. Unha estadística de 1997 dí que neste lugar había 5 veciños, 14 homes, 15 mulleres, 10 hórreos, 7 coches e 6 tractores. Con todo o exposto, este lugar aillado logrou modernizarse e poñerse no mapa.
Patrimonio Pindexo
- Monte do Pindo, o remedio natural para rebaixar o colesterol.
- O Modesto Patrimonio: Subida ó Pico de Peñafiel do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A toponimia do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: O topónimo: O Pindo ou Monte Pindo?.
- O Modesto Patrimonio: Explorando a toponimia dos camiños do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cabana das Chozas, outra Caverna dos refuxiados no Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Furna do Río da Barco.
- O Modesto Patrimonio: Fonte Mateo e A Cova dos Morcegos no Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cova da Pendente do Monte Pindo.
- O Modesto Patrimonio: Os muíños do Monte do Pindo.
- Con Pepe do Fieiro redescubrindo os tesouros do Monte Pindo.
- Pepe do Fieiro: “Dicían os nosos vellos…”.
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1).
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 0).
- Da Raínha Lupa á Cova da Xoana, pasando por Duio, con Pepe do Fieiro.
- Os muíños do Monte do Pindo, por Modesto García Quintáns.
OUTROS ARTIGOS NO "MODESTO PATRIMONIO”
- Buxantes. Recordando os tempos pasados
- A Devesa do Anllares (Arcos)
- As cancelas do lugar do Ézaro. De mediados do 1800 aos finais do 1900
- O río Castro nas imaxes de satélite modernas
- Penas Sacras polo territorio de Dumbría.
- O Marco do Couto e O Vakner no concello de Dumbría.
- A primitiva capela de San Antoniño de Brens.
- O Calendario dos artegos.
- A pedra do Encanto de Olveiroa.
- Os muíños fariñeiros en Dumbría.
- O Cruceiro do Alto de Gures.
- Muíños Hidráulicos no Concello de Cee.
- Modesto García Quintáns debulla a historia da Casa da Vacariza, que entra na lista vermella do Patrimonio.
- Ano 1902: Consternación na comarca de Fisterra ante a catástrofe no Ézaro.
- Modesto García Quintáns debulla a historia da Casa da Vacariza, que entra na lista vermella do Patrimonio.
- O Modesto Patrimonio: O Cruceiro de Rebordelo,
- Demografía no Concello de Dumbría.
- A Bandeira do Concello de Dumbría.
- A fervenza de Miñóns de Buxantes.
- A Central Hidroeléctrica de Buxán de Dumbría.
- O escudo de Dumbría.
- Os Pasales, a barreira natural do paso sobre o Río Xallas.
- A Casa da Pedra do Ézaro.
- O muíño fariñeiro máis antigo documentado no Concello de Dumbría.
- Memoria histórica lingüística (toponímia) e etnografía do Concello de Dumbría.
- O Cura Rioboo de Berdeogas.
- O Balcón da Costa da Morte.
- As antigas cancelas e e corredoiras de Dumbría
- O Hórreo na Comarca de Fisterra.
- A hidrografía no concello de Dumbría.
- A Ferigresía de Refoxos.
- A Ruta de Pallares.
- Muíños do Río da Lagarteira (II).
- Muíños do Río da Lagarteira (I).
- Un paseo á Ermida das Neves de Buxantes.
- O caserío dO Cotelo de Olveira.
- O Cemiterio de Buxantes.
- A Santiña de Trasufre.
- O Castro de Alvarellos de Berdeogas.
- Lugas de Castrelo, Colúns.
- A Capela de San Marcos do Logos.
- Os muíños do Rego de Quenxe.
- Por que lle chaman as Caldeiras do Castro?:
- Semellanza dos nosos muíños fariñeiros cos canarios.
- Os muíños da nosa comarca.
- Recordando o día máis angustioso de Xesús.
- As varas: As antigas unidades de medida.
- Recordando algo da historia da parroquia de Berdeogas.
- A hidrocentral “Electra del Jallas”.
- O 50 aniversario do Encoro da Fervenza.
- A igrexa parroquial de Dumbría.
- Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- O piñeiro-marco entre Cee e Corcubión.
- A escola de Dumbría.
- Reparación do piso e do teito da Igrexa de Buxantes.
- O Dolmen da Pedra da Arca.
- A Cabana da palla do millo.
- Apañar o mato en primavera.
- A Ponte de Canelas en Dumbría.
- O arado de madeira ou tamén chamado romano.
- O Cruceiro pantasma do Monte de Olveira.
- Memoria Histórica de Buxantes – Muíño da Fonte Santa.
- O Castro de Castromiñán.
- O lugar de Quenxe.
- A Igrexa Parroquial de Buxantes.
- A Igrexa Parroquial da Ameixenda.
- O Bico do Santo en Carnota.