Domingo. 28.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: O San Lorenzo recobra o alento

O San Lorenzo celebrando a vitoria
O San Lorenzo celebrando a vitoria
1ª Galicia: O San Lorenzo recobra o alento

Recuperou as boas sensacións o San Lorenzo cunah vitoria tremenda en Tordoia. Os de Miguel Lapido, que levan unha segunda volta moi errática, sumaban os 3 puntos no campo do 5º clasificado, e pegan un saltiño na clasificación que lles permite mirar as 7 últimas xornadas cunha marxe bastante cómoda sobre o descenso.

Con 36 puntos, os carballeses están empatados cun Fisterra capaz de todo, e que sufría a terceira derrota seguida ademais cunha goleada ante outro rival da zona morna.

A xornada deparou dous empates bastante positivos, os colleitados polo Baio e pola Esteirana ante equipos da zona noble.
O que non puido co líder, a pesar de telo en vilo ata o pitido final, foi o Dumbría.

Tordoia - San Lorenzo (1-4)

  • Goles: 0-1, m.8: Juanjo; 1-1, m.51: Alberto Fraga; 1-2, m.57: Riki; 13, m.86: Hugo Canedo; 1-4, m.91: Alex Taibo.

Saíron presionando alto os de Lapido, roubando ben arriba e saíndo con velocidade. Así se adiantaban pronto co tanto de Juanjo. A lesión de Samuel provoca que o equipo fose dando pasos atrás, e os locais remataban dominando a primeira metade, e mesmo puidendo ampliar dende os 11 metros, pero Puyol, un dos grandes protagonistas do partido.

Na segunda o Tordoia sometía ao San Lorenzo, meténdoo na súa área. Empataban, pero o cadro visitante non se amilabana, e nunha contra Riki acertaba a marcar un 1-2 que lle daba moito aire a un equipo que o estaba pasando mal.
Houbo aí 15 minutos de control local pero sen que os carballeses pasaron apuros, pero a maquinaria local seguía empurrando e envocarban o campo, pero nun rexeite nunha xogada a balón parado, Hugo moi importante na segunda metade, anotaba un rotundo 1-3. Xa cos locais envorcadísimos no desconto, Taibo facía o definitivo para deleite diun cadro carballés que soubo sufrir e matar o partido.

Cordeiro - Esteirana (0-0)

Partido moi serio dos de Néstor, dando sensacións de competición, despois dun duro mes no que colleitaron 4 derrotas seguidas. Gran traballo defensivo, neutralizando as individualidades locais, evitando que houbese ocasións de gol en ningunha das dúas áreas. Si tivo un par de ocasións os esteiráns pero o resultado foi xusto. “Cando equipo está concentrado somos un equipo moi díficil de batir. Teño que felicitar aos meus rapaces polo despregamento físico”, apunta o míster Néstor.

Calo - Fisterra (7-2)

  • Goles: 1-0, m.4: ELoy; 2-0, m.24: Andrés Díaz; 2-1, m.35: Lobelos nunha xogada a balón parado; 3-1, m.40: Adrián; 4-1, m.50: Adrián de penalti; 4-2, m.54: Breixo nun córner; 5-2, m.75: Paulo; 6-2, m.78: Sergio; 7-2, m.87: Marcos Mella.

SD Fisterra en Calo

Saíron moi mal os fisterráns que recibiron dous goles e aínda puido ter caído algún máis, por mor dos erros atrás. Pero arriba percutían os fisterráns e á media hora recurtaban. Parecía que ía acabar o primeiro tempo con esperanzas pero un novo erro defensivo permite aos locais facer o terceiro.
Nada máis saír, novo erro, e penalti regalado. Aínda non sucumbíu aí o equipo, que recurtaba cun gol de Breixo e mesmo estivo a piques de colocarse 4-3 se non lle anulan un gol por fóra de xogo a Estévez. Pero o 5º tanto dos locais xa provocou a desaparición do equipo, recibindo 3 máis e mesmo tendo Joselu que salvar un par máis.

Negreira - Dumbría (1-0)

  • Gol: 1-0, m.64: Brais.

5 partidos sen gañar leva o Dumbría, pero así e todo o adestrador Pablo Conde sae moi contento polo traballo do equipo. Onte no Municipal nicrariense o cadro dumbriés competiu man a man cun dos grandes trasatlánticos da categoría. Na primeira metade non sufriron demasiado os costeiros e mesmo Dani Chao puido adiantar aos seus nunha xogada que se marchou fóra.

No inicio da segunda, tamén avisaron os costeiros con unha de Raúl, pero eran os locais os que se adiantaban nun córner, a base de insistir. Non puido fisicamente o cadro dumbriés repoñerse dese golpe e estivo máis preto no treito final o 2-0 que o empate. Así e todo, a sensación foi moi boa.

Baio - Puebla (1-1)

11 do Baio-Foto-Luis Gonzalez

  • Goles: 1-0, m.51: Josiño; 1-1, m.58: en propia porta.

Bo empate do Baio ante todo un Puebla, a pesar de que os locais fixeron máis ppor levar os puntos. Os de Félix, coas ideas moi claras e reducindo as virtudes do rival, fixeron un choque moi serio, conseguiron ser mellores no cómputo global do partido.

Conseguían meterse por diante na primeira metade os baieses, pero os visitantes empataban nunha xogada de fortuna, nunha das súas poucas chegadas.

CD Baio celebrando un gol no Platas Reinoso-Foto-Luis GOnzalez
CD Baio celebrando un gol no Platas Reinoso-Foto-Luis González
Puebla-Baio-Guille Botas-Foto-Luis Gonzalez
Guille Botas co balón-Foto-Luis González

 

CRÓNICAS DA 1ª GALICIA

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios