Luns. 29.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: Outes, Ponteceso e Corme disputaranse a última praza da promoción de ascenso

Victor Alcaina no Muxia-Cee da Liga da Costa-Foto-Marina Busto
Víctor Alcaina no Muxía-Cee-Foto-Marina Busto
2ª Galicia: Outes, Ponteceso e Corme disputaranse a última praza da promoción de ascenso

Trala consecución do xa cantado título da Liga da Costa por parte do Castriz na xornada sabatina, a 2ª Galicia continúa moi viva, con dúas loitas aínda moi abertas.

Por arriba, 3 equipos quedan pelexando pola última praza de promoción. Outes, Ponteceso e Corme venceron partidos complicados ante todo un Porteño, Baiñas e Coristanco, e abren unha fenda co resto de equipos. Así, con 4 xornadas por diante, o Outes ten 2 puntos máis que o Ponteceso e 4 que o Corme, pero todo está moi aberto.

A outra loita é por abaixo. A vitoria in extremis do Muros ante o Camelle dalle un respiro aos de Vinto, que se aloxan do descenso directo e dunha hipotética primeira posició de arrastre. Era precisamente un dos últimos vagóns para o cadro camellán, quedando agora a loita por evitar os dous postos de descenso directo case que nun man a man entre Baíñas e Volantes. A dia de hoxe hai un punto de diferencia en favor do Volantes, pero ollo, que na última xornada igual tempos un fraticida Baíñas-Volantes en Vimianzo.

A novidade desta semana foi a destitución de Roski como adestrador do Baíñas, nunha decisión moi sorprendente a falta de 5 xornadas, tralo gran traballo do adestrador da Ponte, que está competindo con todo o mundo nun proxecto con xente da casa. O eterno Sanchiño, sempre aí, tomaba o mando dos verdes na derrota ante o Ponteceso.

Camariñas - Monte Louro (1-2)

  • Camariñas: Pablo, Brais (Manuel), Caamaño, Oliver, Pablo Suárez, Moriño, Nazo, Hugo (Carlos), Soule, Víctor (David), e Djibril.
  • Monte Louro: Pedro, Miguel Verán, Palo, Rodri, Manolo Chouza, David Pais, Chano, Abel Rey, Oscar Fari, Javi. Tamén: Luismi, Yeray, Raúl e Fabio.
  • Goles: 1-0, m.30: Caamaño; 1-1, m.50: Luismi; 1-2, m.57: Raúl.

Partido adiantado ao sábado, con moita calor, con dominio local na primeira metade, adiantándose o cadro camariñán nun córner. Puido ampliar a renda o equipo de Cabrejo e Faus, con ocasións de Víctor, Oliver e unha de Nazo á que respondeu o porteiro loureán Pedro cun dos seus paradóns.

Pero saíu moi enchufado o cadro de Bibi na segunda, gracias aos cambios que pronto empataba e mesmo lle daba á volta ao marcador a balón parado. Intentaron reaccionar os camarilñáns pero o Louro fíxose forte e non cedeu sumando 3 puntos que lle dan unha tranquilidade definitiva.

Castriz - Volantes (1-2)

  • Castriz: David, Fabián, Elvis, Samuel, Iván Facal, Alberto Mata, Adrián García, Noli, Pastoriza, Sebas e Braulio. Tamén: Coke, Álvaro, Marcos Mouro, Piñeiro e Anxo.
  • Volantes: Alex de Yi, Javi Romero, Manu Teijo, Ayuba, Manu, Kevin Waldomar, Oladipo, Anxo, Pesco e Raúl. Tamén: Cerbán, Ángel e Barreiro.
  • Goles: 1-0, m.19: Adrián García de penalti; 1-1, mn.30: Raúl Lestón de falta marca un golazo; 2-1, m.94: Adrián García de voleón dende 30 metros.

Xa celebramos, en directo, a celebración do título tras un partido agónico. O Volantes respondía ao gol de penalti de Adrián García, gracias a un golazo de falta de Raúl Lestón.

Na segunda, foi un monólogo dos rossoneros, pero o equipo de Gus aguantaba e aguantaba. Chegou o delirio no m.94 cun voleón dende 30 metros de Adrián García, un dos protagonistas deste final de temporada que encumbra no máis alto ao cadro xalleiro, e que manda aos de Miguel Chouza á 1ª Galicia.

Muxía - Cee (7-2)

  • Muxía: Ángel, Peski, Anxo, Michael, Gusa, Víctor Alcaina, Darío, Isma Márquez, Julián, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Domingo, Congui, David, Mairo e Manu Martínez.
  • Cee: Yago, Oreiro, Borja, Iago Trillo, Bujeiro, Anxo, Jose, Eze, Adam, Bruno e Isma. Tamén: Isaías, Jonathan, Diouck, Regueiro e Carlos.
  • Goles: 1-0, m.29: Víctor Alcaina; 2-0, m.36: Isma Márquez; 3-0, m.43: Fran Moreira; 4-0, m.48: Fran Moreira; 5-0, m.55: Manu Nogueira; 6-0, m.60: Víctor Alcaina; 6-1, m.70: Bruno de penalti; 6-2, m.87: Adam; 7-2, m.90: Manu Nogueira.
Muxia-Cee da Liga da Costa-Foto-Marina Busto 2
Foto-Marina Busto 

Gran partido do Muxía ante un Cee nefasto en defensa, que sufría en cada balón ás costas e permitía unha ocasión clara tras outra. As bandas deste Muxía son moi perigosas e así o demostraron con numerosas ocasións de gol, e cunha seriedade moi firme atrás, agás os últimos 20 minutos, nos que o Cee puido maquillar o resultado, cun novo tanto de Bruno, pichichi ata agora da categoría con 31 tantos, 3 máis que Djibril.

Recupera así as boas sensacións o cadro de Nando e Fran Toba, pensando xa na Promoción.

Bruno no Muxia-Cee da Liga da Costa-Foto-Marina Busto
O fisterrán do Cee Bruno é pichichi da Liga-Foto-Marina Busto

Outes - Porteño (2-1)

  • Outes: Dani, Jura, Chía Claudino, Estefan (Aarón Insua), Babu, Pablo, Iván (Adrián), Keko, Ryan e Yago Dosil (Óscar).
  • Porteño: Sergio, Nico, Brais, Pablo, Rodri, Mayor, Joseba, Nico, Darío, Manoliño e Miguel (Jairo).
  • Goles: 1-0, m.18: Ryan a pase de Keko; 1-1, m.50: Darío; 2-1, m.95: Keko.

Outes-Porteno no Cunchido-Foto-Parker 2

Con 12 xogadores presentábanse os de Cousillas e Javi Baña, e así e todo fixo un gran partido ante un gran Outes. Con todo, os da Ponte critican que a actuación arbitral foi clave para o devir do encontro.

Comezaba o choque moi aberto, cun cadro de Alex Romero máis dominador pero un Porteño moi ben armado e sacando contras boas. Protestaron un gol anulado os da Ponte ao principio, e foron os locais os que aproveitaban unha contra iniciada por Keko e resolta por Ryan.

Mudou moito o partido ao inicio da segunda metade, cun Porteño que estirou o equipo e gañaba as disputas en medio campo. Rondaba o empate, e finalmente chegou tras un balón ás costas que colleu mal situados aos centrais locais e Darío marcaba. Eran bos momentos do cadro da Ponte, que pediu unha expulsión e non entendeu un par de fóras de xogo claves, así que pouco a pouco o equipo local foi recuperando terreo e co empuxe dos últimos minutos foi quen de sumar unha vitoria importantísima para achegarse á promoción gracias a un gol de Keko de cabeza no descontísimo.

Outes-Porteno no Cunchido-Foto-Parker
Outes-Porteño no Cunchido-Foto-Parker

Coristanco - Corme (1-3)

  • Coristanco: Rubén, Jonathan, Kevin, Regueira, Sergio Lorenzo, Dani, Erre, Alex, Adrián Pazos, Rubén Rial, Casti, Regueira e Casti. Tamén: Bermúdez, Damián, Ferreiro, Raúl, Loureiro.
  • Corme: Adrián, Braias Pailos, Eloy Villar, Senén, Mauro, Teo, Noel, Yago, Isra e Alejo. Tamén: Quique, Miguel, Hugo e Xoel.
  • Goles: 0-1, m.5: Alejo; 1-1, m.8: Adrián Pazos; 1-2, m.37: Teo; 1-3, m.41: Alejo.

Dous dos equipos máis sorprendentes da temporada enfrontábanse na Rocheira e deixaban un partido que os define moito. Este fantástico Coristanco de Cali, que sabe mandar moi ben e ser protagonista dos partidos, non foi quen desta volta de trasladar esa posesión en profundidade, atopándose un Corme excepcional. Tremendo o que fai tamén Adrián Lema neste equipo novísimo, que sabe ler a súa potencialidade, que está moi comprometido e é tremendamente forte a pesar da súa xuventude, e que cambiou ese tikitaka da última década por un xogo máis directo, baseado na potencia do saque de Adrián e na experiencia e no olfato de Alejo.

Foi moi efectivo o cadro cormelán na primeira metade, marcando 3 tantos. Na segunda, a pesar da expulsión de Pazos, arriscou o cadro local, pero o Corme soubo ler o partido e aguantou as embestidas verdes.

Cabana - Mazaricos (1-2)

  • Cabana: Manu Nantón, Mario, David Rey, Ferreiro, Pablo Pose, Méndez, Pablo Pose, Micky Pose, Nando Rey, Simón, Aalón Casás. Tamén: Kelyan, Roi, Hugo, Iván Rey e Christian Castrio.
  • Mazaricos: Iván Baña, Raúl, Fran Pose, Castelo, Luís Mayán, David, Pereiro, Marcos, Rachón, Sandelo, e Kevin. Tamén: Sanchiño, Borja, Carreira, Iago e Molinos.
  • Goles: 0-1, m.4: Pereiro; 1-1, m.23: Pablo Pose de volea; 1-2, m.92: Raúl de penalti.

Partido complicado que sacou o Mazaricos con dificultade. Adiantouse pronto o de Marcos por medio de Pereiro, pero o equipo sufriu de novo o estado do campo para facer o seu fútbol. Moi erráticos nos pases os amarelos, e os cabaneses, moi ordenados e intensos, foron aproveitando para meterse no partido, e empatan cunha volea de Pablo Pose nunha xogada na que os amarelos piden unha man clara.

Seguen dominando os amarelos, se ben á contra os cabaneses poden adiantarse. Non foi ata o final cando o Mazaricos sacaron os 3 puntos gracias a un deses penaltis de manual pero algo inxusto por unha man dentro da área.

Muros - Camelle (1-0)

  • Muros: Álvaro, Juan, Falvio, Gesto, Quin, Alex, Dani Jurjo, Fran, Jesús, Samuel e Xavi. Tamén: Ángel, Dubert, Javi Carnota, Joaquí, e Xoel.
  • Camelle: Dido; Martin, Ruso, Makareno, Pastelero; Pablo, Chori, Estiben, Chans, Óscar e Mariño.
  • Gol: 1-0, m.84: Dani Jurjo.

Chegaban co 11 xustos, e sen porteiro, o Camelle de Sergio, nunha das súas últimas balas. E conseguiu aguantar moitos minutos ante un Muros de Vinto, mais dominador, pero que non acertaba. Varios mans a mans que paraba Dido, varios remates claros que sacaba a defensa baixo paus… non había forma.

Igualouse a contenda na segunda, tamén con algún escarceo dos visitantes na área contraria. Pero xa cando a gasolina faltaba no cadro visitante, e o Muros tiraba de aire fresco, Dani Jurjo marcaba cun tiro dende fóra da área xa sen tempo a pouco máis.

Ponteceso - Baíñas (3-0)

  • Ponteceso: Álvaro Regueira; Ures, Eloy Trigo, Pedro, Luca, Ángel, David Castro, Mendieta, Martín Puente, Alberto Recarey, Eloy Álvarez. Tamén: Iván ERod., Neira, Martín, Raúl e Dani.
  • Baíñas: Maikel, Carlos, Maikol, Manuel, Raúl, Fabián, Adrián, Cristian, Raúl, Kevin e Rodrigo. Tamén: Joel, Héctor, Ruli, Aníbal e Santi.
  • Goles: 1-0, m.49: Luca; 2-0, m.59: Iván Rod.; 3-0, m.93: Raúl.

Chegaba o Baíñas esta semana coa novidade do cambio de adestrador, trala destitución o xoves de Roski. O eterno Sanchiño toma o mando do equipo nete fraticida treito final.

Foi un partido ben disputado de parte a parte. O dominio foi local case todo o partido sobor de todo ata se poñer con 2-0 nos primeiros minutos da segunda parte. Na primeira aínda que tiveron o dominio territorial apenas tiñan profundidade polo cal o Baíñas estaba cómodo defendendo ben replegado pero tampouco incómodo e saíndo algunha que outra vez a contra pero con pouco peligro. Houbo que esperar a segunda metade para ver goles. O primeiro despois dun gran pase de Eloy Álvarez a Luca que este só diante de Mikael materealizaría en gol .Pouco tardaron en aumentala conta os locais cun gol de Iván Rodríguez que poñía terra de por medio no marcador. Cando parecía que os da terra de Soneira entregaban o testigo sucediu todo o contrario. Picados no seu orgullo buscaron reducir distancias e ben o poideron conseguir en varias ocasións dispoñendo dunha moi clara debaixo dos paos que incriblemente botaron fóra. O Ponteceso viase sorprendido e só no desconto puxo a sentenza definitiva nos pés de Raúl co 3-0.

CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios