Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Futfem: Paso atrás do Bergan

Bergantinos ante o Lugo
Futfem: Paso atrás do Bergan

Xa co sorteo feito da II edición da Copa da Costa Femninina, o único equipo que non pode xa centrarse nesa batalla é o Bergantiños. Inmersas están as de Gueli nesta tremendamente ilusionante fase de ascenso á 1ª Nacional, na que manteñen aínda as esperanzas a pesar da derrota do pasado domingo ante o Lugo.

Fase de Ascenso da 1ª Galega, xornada 8

Bergantiños - Lugo (0-1)

  • Bergantiños: Andrea, Tati, Elena, Laura Caamaño, Paula, Marián, Yaiza, Inés, Lara López, Cruz e Zaida. Tamén: Lorena, Laura Torrado, Carla, Bárbara e Sara.
  • Gol: 0-1, m.14.

Era unha finalísima para os dous conxuntos na loita por esa segunda praza de ascenso. Comezaba igualado, e no m.15 as visitantes marcaron na primeira e única ocasión da primeira metade. O Bergan intentou apretar e conseguiron algún bo tiro dende lonxe. Estirouse o cadro local na segunda, con máis chegadas ante un Lugo moi contemporizador, que mantivo a raia as embestidas locais, ata o treito final, no que acumularon xogadoras arriba.

A derrota pon as cousas complicadas ás carballesas, pois a falta de dúas xornadas o Lugo ten 5 puntos de vantaxe sobre as carballesas, pero aínda ten que enfrontarse ao coco da categoría (o Lóstrego suma 8 vitorias en 8 partidos nesta fase) e a un Sárdoma B que aínda pode chegar con opcións á última xornada.

Novas relacionadas

Crónicas do FUTFEM

Comentarios