martes. 12.11.2024
El tiempo

Pati, capi das Miúdas: “O noso punto forte é saír en equipo ao terreo de xogo”

1 ADESTRADORA PATRICIA ESTÉVEZ
O cromo de Patri como adestradora da canteira dos Miúdos
Pati, capi das Miúdas: “O noso punto forte é saír en equipo ao terreo de xogo”

Xa tocaba falar nesta serie de entrevista coas protagonistas do fútbol feminino costeiro. Comezamos por Pati, a capitana das Miúdas, que nos fala do potencial do seu equipo, que partido a partido buscan o ascenso, pero tamén do auxe do fútbol femnino e a ilusión que lle fai adestrar na base.

 Pati cas Miudas
Pati, con Marta, celebrando un tanto das Miúdas. Foto: Chema Caamaño
  • QPC: Moitos medios falan do crecemento do fútbol feminino, pero vós que estades aí, vedes ese cambio?

Si. Cada vez son máis os equipos que se crean, e cada vez son máis as persoas que nos siguen e acuden aos campos a vernos.

 
  • QPC: Que lle dirías a esas rapazas que teñen dúbidas en dar o paso a xogar?

Que non o duden máis e se animen, que xa non é un deporte só de homes, que o mundo do fútbol, si che gusta un pouco, engancha, disfrutas moitisimo e coñeces xente maravillosa.

 
  • QPC: Es a capitana do clube, que significa eso para ti?

É un orgullo, aínda que me sinto unha xogadora máis.

 Pati a capi das Miudas
  • QPC: Cal e o punto forte de As Miúdas?

Creo que ningún en concreto, pero é certo que o noso punto forte é sair en equipo ao terreo de xogo con moitas gañas e arrouparnos unhas as outras.

 
  • QPC: Estades preto dos postos de promoción. É un soño o ascenso ou credes nas vosas posibilidades?

Claro que cremos nas nosas posibilidades, aiída que ahora mesmo no que nos estamos centrando e en competir partido a partido.

 
  • QPC: Que club che gustou máis no que vai de liga?

O Negreira, que acaban de empezar e a pesar dos resultados manteñen moita ilusión, esforzo e gañas.

 
  • QPC: A tempada pasada estrenachedes a Copa da Costa femenina xa na final. Agora hai máis rivais, e iso tamén gusta, non?

Por suposto ter máis rivais contra os que competir fai que sexa máis emocionante.

 
  • QPC: Ademais tamén adestras nas categorías base, que tal a experiencia?

Xenial, sempre me gustaron moitos os nen@s e compartir esas ganas, eses nervios e verlle esas cariñas cheas de ilusión e moi gratificante.

 0 FE E.D. OS MIUDOS PREBENXAMÍN B-BIBERÓN
  • QPC: Estivechedes na presentación de Quepasanacosta dos cromos dos rapaces de base, como viviches eso?

Foi unha gala apoteósica, ver tantos nen@s emocionados e felices. Si lles fai ilusión ter os cromos dos famosos, imaxinade o deles.

 
  • QPC: O ano pasado tocouvos a vos os cromos tamen vos fixo ilusión?

Moitisima claro que sí.

 
  • QPC: Que opinas de estas iniciativas de QPC, como as galas e ademais de dar cobertura en directo dos partidos do fútbol costeiro?

A min gustanme moito, xa que se fan moitos recoñecementos e é unha maneira máis de que a xente nos poda seguir desde cerca.

Os traballadores na sombra

ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC

Comentarios