Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O filial do Fisober, a pesar das baixas, pelexará pola final da Copa Provincial en Narón

O filial do Fisober, a pesar das baixas, pelexará pola final da Copa Provincial en Narón
Fisober na Copa Provincial

O Fisober arrrincaba esta ida das semifinais da Copa Provincial nun partido disputado este domingo en Vimianzo ante o filial do Fervenza. O pase a Final de Copa dilucidarase a próxima semana en Narón despois do igualado e entretido encontro de ida. As da Costa acudiron o partido coa praga de baixas que as asola, con tan só un cambio e con Paula Fandiño con molestias no nocello.

Copa Provincial, ida semifinais

Fisober na Copa PRovincial
  • Resultado: FISOBER “B” F.S.F. – A FERVENZA B (2-2).
  • FISOBER B: Paula, Patri, Tamara, Inés e Laura; tamén xogou: Paula Fandiño.
  • Goles: 1-0 Tamara, 2-0 Inés (descanso) 2-1 Andrea de Paz, 2-2 Andrea de Paz.

Saían os dous equipos temerosos conscientes de que todo se decidirá na volta pero que os erros na ida podían hipotecar a semifinal. As primeiras en golpear foron as locais, cun tiro cruzado de Patri despois dun saque de esquina que aproveitou Tamara no segundo pau para facer o un a cero os cinco minutos. E só dous minutos despois Inés facía o segundo gol local cun lanzamento cruzado. O adestrador visitante pediu tempo morto para tranquilizar as súas. O xogo volveuse pausado e tranquilo. O intenso calor mediatizaba o partido. Aparecían ocasión en ambas porterías pero con ese resultado chegábamos o tempo de lecer.

Na segunda metade as primeiras en pegar foron as visitantes cun gol de Andrea de Paz despois dunha xogada individual. Co paso dos minutos os folgos comezaban a escasear, máis nunhas locais apenas sen rotación. As visitantes empurraban cada vez máis na busca da igualada. E cando parecía que se chegaría con ese resultado o final, un penalti na última xogada do partido deu a oportunidade a Andrea de Paz de empatar o partido, algo que non desaproveitou.

Queda todo pendente para a vindeira semana no partido de volta en Ferrolterra no que os pequenos detalles decidirán o pase a Final, para o que as da Costa esperan recuperar efectivos.

Crónicas da temporada no Fútbol Sala Feminino costeiro

Fonte

Comentarios