Santiago Abuelo Lado e Santiago Abuelo Alvite: cregos construtores e benfeitores de Bergantiños
Os cregos que hoxe presentamos, tío e sobriño, aínda que non son naturais de Bergantiños, fixeron un labor benemérito nas freguesías onde desempeñaron o seu ministerio sacerdotal. Don Santiago Abuelo Lado naceu o 14 de abril de 1866 na freguesía do Divino Salvador de Colúns, no actual concello de Mazaricos, tal e como demostra a súa fe de bautismo (folio 97 vº do respectivo libro de bautismos):
En la iglesia parroquial del Divino Salvador de Colúns, a quince días del mes de abril, año de mil ochocientos sesenta y seis, yo, don José María Aller, cura y rector propio de ella, bauticé solemnemente y puse los Santos Óleos a un niño que nació el día antecedente y le puse por nombre Santiago Antonio, hijo legítimo de Santiago Abuelo y de su mujer Francisca Lado, vecinos del lugar de Vilarcobo. Abuelos paternos Domingo Antonio Abuelo y su mujer Justa Bermúdez, del mismo lugar; maternos José Lado y Manuela Cives, difunta del lugar de Vilar, fueron padrinos Santiago Cives y su mujer Joaquina Abuelo, tía del bautizado, vecinos del lugar de Castelo, a quienes advertí el parentesco espiritual y más obligaciones…
Cursou os estudos eclesiásticos no Seminario compostelán; no ano 1886 recibiu a primeira tonsura, ao ano seguinte os grados, en 1889 o subdiaconado e, en 1890, o diaconado e o sacerdocio. Acadou nesta etapa formativa o título de licenciado en Teoloxía. Dos seus primeiros destinos destacaremos o de capelán do Convento das Dominicas de Belvís, en 1891; logo, foi nomeado párroco de San Mamede de Piñeiro e de Santa Cristina de Fecha. Na curta etapa que desempeñou o cargo de reitor destas freguesías propiciou a celebración de misións populares, instaurou o Apostolado da Oración e, do mesmo xeito, a devoción ao Sagrado Corazón de Xesús, que foi sementando por todos os seus destinos pastorais. Nestas freguesías, como indica unha carta ao diario El Pensamiento Gallego (10 de febreiro de 1897), o crego daba clase gratuitamente na reitoral para todos os rapaces e rapazas da parroquia, ensinándoos a ler e os rudimentos da doutrina cristiá; apoiaba, así, ao mestre Benito Villaverde Arca.
No ano 1900, don Santiago Abuelo Lado chega á parroquia de San Mamede de Seavia, en Coristanco, onde permanecería ata o mediados do ano 1916, data na que pasará a encargarse o clérigo Joaquín Moya Villar e, finalmente, como novo párroco, don Manuel Tarrío Freire. O panorama que se atopou non era nada favorecedor: un igrexa románica -aínda que renovada no barroco- moi deteriorada, unha casa reitoral pobre... Grazas as aportacións das confrarías e da freguesía, no ano 1911 puido ver cumprido o desexo dunha igrexa nova, onde se aproveitou só a antiga fachada e algúns restos artísticos do templo anterior. Velaquí a explicación das obras levadas a cabo en tempos de don Santiago Abuelo:
Autorizado por su Emma. Rvda. con fecha del trece de mayo de 1910 y catorce de junio de 1911 para reedificar la iglesia parroquial de San Mamed de Seavia conforme al adjunto plano hecho por Benigno Cortés García, párroco de San Martín de Razo, que además llevó la alta dirección de las obras, todo gratuitamente hasta donde fue posible con los recursos siguientes: Setecientos ochenta y una pesetas y cuarenta céntimos que tenía el culto y fábrica. Cuatro mil ciento sesenta y cuatro con noventa y cinco céntimos de la cofradía del Santísimo. Nueve mil de la cofradía de la Santísima Virgen del Carmen. Total, catorce mil ciento treinta y una pesetas, veinticinco céntimos, los pone a calidad de reintegro el párroco, cuyas obras ejecutadas o sea la iglesia, hasta la fachada costaron diecisiete mil ochocientos veinticinco pesetas con cincuenta céntimos.
Do mesmo xeito, no ano 1916, o crego Abuelo Lado procedeu á traslación da capela de Santa Ana cara o lugar da Rabadeira, xa que antes estaba nun lugar pouco transitado e inhóspito. Aparte de facer obras na igrexa, na casa reitoral (que puxo baixo o padroádego da Inmaculada Concepción, pequena imaxe que el agasallou) e promover a construción do camposanto, don Santiago mandou erguer -como indica Pumar Gándara- a fonte do Carme, que tanta devoción tiña na parroquia. A artística imaxe mariana fora traída -xunto con outras moitas- polo crego Joaquín Rodríguez, tal e como se lle indicou nunha carta ao Pai Xeral da Orde Carmelita, o 7 de decembro de 1857: “Luego que en el presente año tomó posesión del expresado curato de Seavia, trajo a esta parroquial la imagen de la Santísima Virgen del Monte Carmelo”. Durante esta etapa, don Santiago estivo acompañado neste destino por varios familiares seus, entre eles a súa nai Francisca Lado Cives e o seu sobriño sacerdote Santiago Abuelo Alvite, que foi nomeado coadxutor de Seavia en 1909. A señora Lado Cives recibiu sepultura nesta freguesía coristanquesa o 26 de setembro de 1906 (El Correo de Galicia, 1 de outubro de 1906), a cuxos funerais de enterro acudiron 34 clérigos da zona.
Sen dúbida algunha, a obra máis senlleira -no eido social- promovida por Abuelo Lado foi a fundación dunha sociedade cooperativista chamada “La Justicia”, que procuraba mellorar a vida dos labregos da parroquia, e que puxo baixo a protección de santo Antón de Padua e de san Roque. Grazas a esta asociación adquiriuse unha báscula para pesar o gando, mellorouse a crianza das especies vacúas, trouxo as primeiras malladoras de trigo aforrando un duro traballo aos campesiños, promoveu a introdución de novas plantas para repoboar o monte, procurou a construción de pozos, silos... O labor da sociedade, das primeiras na rexión, brillaba nos concursos de gando que se facían en distintas cidades; deste xeito, en 1913 “La Justicia” de Seavia presentou na Granxa Agrícola da Coruña tres touros, levando o premio do concurso (200 pesetas) o touro “Perico” (diario La Región, 23 de agosto de 1913). Don Santiago Abuelo parece que levou esta idea ao seu seguinte destino, xa que en 1920 presentou nun concurso de gando varias pezas vacúas, onde levou o premio a vaca “Xuvenca”; o crego, nunha actitude desprendida, volveu a entregar os cartos obtidos ao xurado para poder celebrar o concurso ao ano seguinte. Coa asistencia a estes certames don Santiago motivaba e valoraba o traballo dos campesiños bergantiñáns; así, en 1915 (El Progreso, 6 de febreiro dese ano), o párroco de Seavia foi condecorado coa Encomenda do Mérito Agrícola, polos seus esforzos en mellorar a agricultura e a gandería galega.
No ano 1916 don Santiago Abuelo Lado foi proposto para Santa María dos Baños de Cuntis; no mesmo documento figura don Andrés Varela Bolón, natural de Sofán, promovido para o beneficio de San Tirso de Cando. Abuelo Lado tomou posesión da súa nova parroquia; foi despedido en Seavia con moita tristura, e recibido no destino con gran agarimo. Aparte de exercer con gran celo e puntualidade o seu ministerio, de realizar obras de mellora no templo (como a pavimentación, El Compostelano 30 de maio de 1923), unha das obras máis importantes levadas a cabo nesta parroquia foi a idea de erguer un monumento ao Sagrado Corazón de Xesús. A iniciativa foi moi ben acollida polas autoridades e polos fregueses. Para iniciar a construción foi creada unha comisión municipal, que solicitou axuda aos veciños da comarca e de todos os cuntienses dispersos pola xeografía. Moi pronto chegaron donativos da Coruña, de Vigo, Ferrol, do Gobernador Civil, Concellos veciños... O arquitecto foi Enrique Álvarez Salas e a parte escultórica foi ideada por Asorey, que fixo a imaxe en granito do país. A colocación da primeira pedra tivo lugar o 30 de xuño de 1944, no bico do monte Maráns. No diario El Pueblo Gallego do 31 de xullo de 1945, un xornalista daba conta dos actos que terían lugar con motivo da bendición do sagrado monumento: do 31 de xullo ao 2 de agosto celebraríase na igrexa parroquial un triduo, ás nove e media da tarde, con exposición do Santísimo e sermón a cargo do superior dos Xesuítas de Santiago. O 2 de agosto ás 9.30 da mañá celebraríase a Misa de comuñón xeral e, ás doce, unha Misa de pontifical presidida polo Bispo auxiliar de Santiago, seguida dunha procesión multitudinaria cara o lugar do monumento, co obxecto de proceder á bendición. A corporación municipal, que participou exemplarmente nestes actos, acordou na sesión do 13 de decembro de 1944 tributarlle unha homenaxe a don Santiago Abuelo Lado polos seus traballos e esforzo pastoral, que non foi só no eido relixioso senón na práctica da caridade e do socorro aos máis necesitados. Vexamos, pois, un fragmento da acta do consistorio:
De todos nos es conocida la labor admirable bajo todos los aspectos, viene desarrollando nuestro querido y virtuoso párroco don Santiago Abuelo Lado, durante su larga carrera de sacerdocio dentro de nosotros, la cual no obstante llevada a cabo lo más oculto posible dada su natural modestia, sin embargo es de tal volumen y ejemplaridad que ha trascendido al público. Por ello, estima esta Alcaldía que el día de la entronización del Sagrado Corazón de Jesús en este pueblo, se debe rendir el justo homenaje al referido párroco don Santiago Abuelo Lado y que como recuerdo imborrable para los buenos hijos de Cuntis este debe consistir como símbolo fiel de la gratitud y cariño que sienten los fieles de Cuntis hacia su ejemplar y venerado pastor.
Aparte de placas, discursos e outros presentes en recoñecemento de Abuelo Lado, o mellor agasallo foi as visitas que recibiu dos seus fregueses durante a convalecencia en Santiago na clínica do doutor Echeverri. Un día do mes de outubro de 1955 o crego Abuelo tivo a mala sorte de esvarar na escaleira do Seminario Menor de Belvís, caendo e fracturándose unha perna (El Pueblo Gallego, 8 de outubro de 1955). Como coroación á súa vida sacerdotal, o benemérito Cardeal Fernando Quiroga Palacios concedeulle a don Santiago unha coenxía na Catedral. O 2 de abril de 1956 (El Pueblo Gallego, número do 6 de abril de 1956) o veterano crego, con noventa anos nin máis nin menos, tomou posesión da prebenda actuando como padriño o reitor do Seminario, don Manuel Capón Fernández. Logo do acto, ao chegar ao claustro, don Santiago emocionouse ao oír a longa ovación dos seus fregueses, presididos pola corporación municipal de Cuntis, aos que manifestou repetidamente as grazas por asistilo e acompañalo durante tantos anos nese destino pastoral. En Compostela, don Santiago estaba coidado por unha familiar, tamén de avanzada idade; vendo a súas dificultades á hora de levar unha vida normal, solicitou o ingreso no asilo de anciáns do Camiño Novo, onde a superiora do centro era a irmá do Cardeal Quiroga. Abuelo Lado -como sinala Pumar Gándara- faleceu o 23 de novembro de 1960; está soterrado nunha sepultura do claustro catedralicio preto da capela de Alba, xuntamente con outros compañeiros cóengos.
Santiago Abuelo Alvite, sobriño do anterior crego, naceu na mesma parroquia do Divino Salvador de Colúns o 5 de outubro de 1884 (fol. 129 rº).
En la iglesia parroquial del Divino Salvador de Colúns, distrito de Mazaricos, provincia de La Coruña y en el día seis de octubre del año de mil ochocientos ochenta y cuatro, yo, don Silvestre Pereiro, presbítero y cura párroco de ella, bauticé solemnemente y puse los Santos Óleos y nombre Santiago, a un niño que nació el día anterior en el lugar de Campelo, hijo legítimo de Benito Abuelo Lado, natural de esta, y de Dolores Alvite González, su mujer, natural de San Cipriano de Villastose. Abuelos paternos Santiago Abuelo y Francisca Lado, oriundo y vecinos todos de esta referida de Colúns. Maternos, Andrés Alvite Cantorna y Josefa González, naturales aquel de Santa Marina de Mañones y esta de la de Villastose. Fueron padrinos los abuelos paternos, a quienes advertí el parentesco espiritual…
Foi confirmado o 19 de marzo de 1896, polo Cardeal Martín de Herrera. Iniciou os estudos eclesiásticos no Seminario compostelán, onde obtivo a licenciatura en Teoloxía. En 1901 recibiu a prima clerical tonsura e os grados, en 1907 o subdiaconado e, finalmente, en 1908 o diaconado e a orde sacerdotal. Durante a súa etapa de formación recibiu algúns premios e recoñecementos pola súa validez intelectual; por exemplo, no curso 1903-1904 obtivo o premio en Teoloxía Moral. Celebrou a súa primeira Misa en decembro de 1908 (El Diario de Galicia, 23 de decembro de 1908) na capela de san Antoniño de Belvís, asistido por don José Castro García, párroco de Castriz, don Francisco Rodríguez Pérez, capelán do Santo Anxo de Silván, e apadriñado polo seu tío don Santiago Abuelo Lado. Esta mesma capela, a xulgar polos datos que aporta unha noticia do diario El Compostelano do 13 de xuño de 1930, parece que foi reconstruída pola devoción de ambos clérigos, tío e sobriño.
Segundo indica o Boletín Oficial da diocese de Santiago, o 13 de febreiro de 1914 Abuelo Alvite tomou posesión da parroquia de Santa Baia de Chacín e, en maio de 1921, pasou a ocupar o cargo de reitor da freguesía de San Xián de Malpica, logo da partida do ecónomo don Miguel Garagarza. A esta vila bergantiñá foi acompañado da súa nai, Dolores Alvite González, que faleceu o 3 de decembro de 1922. Dona Dolores tiña un irmán tamén sacerdote, Juan Alvite González, que por noticias dos xornais da época foi crego en Ardaña e Brens. Á súa chegada a Malpica, Abuelo Lado tivo que facer fronte á necesidade dun novo cemiterio, ateigado polas mortes acontecidas coa gripe de 1918. Segundo sinala Xosé Pumar, informado por notas do párroco de Xornes, don Tomás Febrero, don Santiago Abuelo Alvite aparece retratado na cadro Desayuno del Abad do pintor Fernando Álvarez de Sotomayor, que ilustra esta entrada e que foi tomada do diario La Voz de Galicia. Este sacerdote faleceu na vila malpicá o 9 de xaneiro de 1947, aos 62 anos, como indican as noticias necrolóxicas da prensa.
Seguindo tamén as indicacións de Pumar Gándara, é importante subliñar a outros dous sacerdotes desta familia: don Ramón Alvite, que finou sendo párroco de Restande en 1948, e don Jesús Alvite. Este último naceu en San Cibrán de Vilastose, en Muxía, en 1941. Foi ordenado presbítero en 1966. O seu primeiro destino foi o de coadxutor de Sísamo e Goiáns; en 1975 pasou a ser coadxutor de Santa María de Rus, sendo párroco don Jesús García Gómez. Ao finar este, don Jesús Alvite substituíuno, asumindo tamén a parroquia de Santa Mariña de Anxeriz. Faleceu no ano 2022.
Outros artigos de Luís Bermúdez sobre patrimonio eclesiástico
- P. Lino Gómez Canedo, un ilustre franciscano natural de Bergantiños
- Don Pedro Pillado Gómez: fundador do Desencravo de Sofán
- Sor Modesta Salgado Berdía: unha abadesa e reformadora natural de Carballo
- Sor María Francisca Carracedo: Fundadora do Colexio das Fillas da Caridade de Carballo
- Igrexas e ermitáns na zona de Bergantiños
- Unha misión xesuíta de 1673 polas parroquias da Costa da Morte
- A accidentada visita pastoral de Coristanco do ano 1879
- A imaxe de San Amaro de Bértoa: unha talla rebautizada
- Santa Eufemia en Bergantiños: unha devoción chegada das terras de Trazo
- Santos catacumbais na Arquidiocese de Santiago: San Fidel de Carril, mártir
- José Carballeira Pérez (1858-1942), benemérito párroco de San Xoán de Carballo
- A devoción a Santa Apolonia en Castro
- Santos catacumbais na Arquidiocese de Santiago: San Vitorio, mártir
- Un crime de novela acontecido en 1895 nunha parroquia de Carballo
- Noventa e cinco anos da imaxe da Virxe Milagrosa en Entrecruces
- Unha nova aldea para unha gran igrexa: a construción dunhas vivendas públicas no entorno da parroquial de Rus en 1789
- Os párrocos de Santa María de Traba e San Martiño de Oca, en Coristanco, dende finais do século XVI
- Un libro de rendas e esmolas da parroquia de Santa Baia de Castro, en Coristanco, do ano 1711
- Un documento inédito redactado en Rus en 1796: o testamento da esposa do artista Ignacio Tiburcio Freire
- Ritos e liturxia popular nos santuarios da zona de Bergantiños
- Santos catacumbais na Arquidiocese de Santiago: San Calisto, mártir
- O incendio do retablo de Noicela en 1906
- A reliquia de Santo Outelo de Goiáns
- Narciso Coello de Portugal (1864-1945), crego de Bértoa
- Unha imaxe peculiar e valiosa: a Virxe de Guadalupe de Oza
- Os párrocos de Bergantiños na visita pastoral de 1817
- A contratación da campá maior de Rus, en Carballo, en 1791
- A cruz parroquial de Verdes, en Coristanco: unha das pezas de prata de máis antigüidade na zona de Bergantiños
- As constitucións de 1771 da confraría de Santa María de Ferreira
- Analizando polo miúdo a custodia de San Pedro de Valenza, en Coristanco
- Setenta anos da chegada de don Cipriano Reiriz de Dios (1902-1983) a Valenza, Coristanco: o crego que fixo progresar o rural.
- A igrexa de Santa Baia de Castro, en Coristanco, a través da visita pastoral de 1817
- A igrexa de Santa Baia de Castro, en Coristanco, a través das visitas pastorais dos séculos XVII e XVIII
- Milagres da Virxe de Pastoriza nas comarcas de Bergantiños e Soneira
- Santos e marcos: a discusión entre san Xián e santa Baia polo lugar de Lume da Cova
- A pirotecnia e as festas de Bergantiños no pasado
- A supresión e anexión das parroquias de San Xusto e Verdes
- Os toques das campás en Bergantiños e o contrato das campás de Oza, Xaviña e Lemaio
- As capelanías existentes en Bergantiños a mediados do século XVIII
- O preito de Santa Minia de Seavia (1870)
- Algunhas sepulturas históricas nas igrexas da zona de Bergantiños
- Don Nicolás Varela Díaz: un fillo ilustre da comarca de Bergantiños
- A devoción a san Antonio de Padua na parroquia de Agualada
- A Virxe da Saleta de Silván: avogosa e protectora das patacas de Coristanco
- A capela das Salgueiras, en Coristanco: de ermida particular a templo veciñal
- A devoción a san Roque na comarca de Bergantiños