Martes. 19.03.2024
El tiempo

Unha diva do ballet para o xuño da Galería Mulleres

Unha diva do ballet para o xuño da Galería Mulleres
Galeria Mulleres Muxia-Isadora Duncan

A Galería Mulleres do Concello de Muxía deste mes de xuño, vén en clave de ballet. Viki Rivadulla, a armadanzas desta iniciativa que nos permite ir viaxando pola historia mundial a través de nomes de muller, proponnos hoxe coñecer mellor a Isadora Duncan (San Francisco,1878-Niza, 1927).

Esta bailarina tivo unha enorme influencia no ballet do s.XX. Foi precursora da danza moderna e considerada por moitos coma a creadora da mesma.
Os movementos libres e fluídos que expresaban emocións internas, eran características da súa danza. Encantábanlle os canons de beleza da antiga Grecia. Nas súas actuacións vestíase cunha túnica transparente, cos pés, brazos e pernas nus e o seu longo cabelo solto.

A través da impresión que o seu baile suscitou no coreógrafo de orixe rusa Mijáil Fokine, exerceu unha enorme influencia no ballet do século XX e influiu en moitos outros coreógrafos.

Muller rebelde, trangresora e libre, escandalizou á sociedade da súa época proclamando o amor libre e defendendo o feminismo e o comunismo. Relacionouse coas grandes persoalidades e intelectuais da súa época. A súa vida persoal foi pouco convencional como toda ela, pero estivo marcada pola traxedia e morreu nun un triste accidente.

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Comentarios