Vou a Montevideo no Cabo de Hornos
Os anos pasan pero non esquezo a alegría que sentía en novembro de 1958 cando embarquei no porto da Coruña no Cabo de Hornos. Despois do adiamento da viaxe por mor do encontro cunha loba nun monte da miña aldea de Tines (Vimianzo) ía camiño de Montevideo, ben collido da man da miña nai (Valentina de Xan) para atoparme con meu pai (Xesús do Rei). Foron vinte días de travesía ---do 7 ata o 27--- nos que o pasei mal polos mareos cotiás e só comía algunha froita xa que o ulido do comedor facíame vomitar.
Os meses anteriores o embarque, a miña nai foime informando das marabillas montevideanas que logo comprobei eran certas. Dicía que alí non necesitaba zocos porque non había corredoiras e tampouco lameiras e aseguraba que había moitos máis días de sol que na nosa aldea. Unha cousa que me tiña preocupado era o comezo da escola. A miña nai tranquilizoume dicindo que antes do comezo do curso (en marzo de 1959) tería por diante un longo verán para ir coñecendo o meu novo lugar de residencia.
O primeiro sinal de que no outro lado do mar ía ser feliz foi cando o Cabo de Hornos botou áncoras no porto de Santos. Alí agardaba por nós o meu tío Xosé (O Rico de Borneiro) que estaba casado con Fina que era unha das irmás do meu pai. Sobe o barco cun regalo que sempre lembrarei xa que axudoume a recuperarme pois perdera moito peso. Era unha froita amarela chamada banana que eu non coñecía. Non sei pero poida que aquel cacho de bananas fose a mellor benvida posible para un neno de cinco anos que se afasta do seu lugar de nacemento.
O xoves 27 de novembro desembarquei na capital da República Oriental do Uruguai. Claro que daquela non distinguía entre unha capital e un país e menos aínda o significado da palabra “república” pero sabía que o meu pai agardaba por min no peirao. Lembro que o buscaba desde a cuberta. Había moita xente pero non o recoñecín ata que a miña nai sinalou onde estaba. Aquel home, peiteado para atrás e con camisa de manga curta que saudaba xunto con outro o seu lado ---que logo souben era o seu amigo Ramón Ramón de Castromil--- era o meu pai.
O panorama que vía desde o barco semellaba era un liña interminable de edificios nos que en moitas paredes pintaran letras e números que chamaron a miña atención. Polo camiño ata o Barrio de Aires Puros, onde meu pai alugara un apartamento, fun lendo e memorizando algunhas das pintadas que adoitaban utilizar dúas cores sobre fondo branco. Non foi ata o domingo 30 cando preguntei sobre o Partido Colorado e o Partido Nacional e o Batllismo e o Herrerismo.
O apartamento estaba na esquina de Pantaleón Artigas e Ipiranga. O que primeiro me sorprendeu de Montevideo foi que o sol quentaba moito máis que na aldea e disque sería máis caloroso nos tres meses seguintes. Poida que o meu pai escollera aquela cidade porque sabía que alí recibían con agarimo aos nenos que veñen do outro lado do mar. A luz montevideana facíame sorrír e as árbores da beirarrúa (os paraísos) pedían que xogase debaixo delas. Os anos foron pasando pero non esquezo a quen me recibiu cunha aperta de irmandade e sempre defenderei os valores democráticos da Banda Oriental, a moi nobre patria de Xosé Artigas.
- Manuel Suárez Suárez, Dende Lonxe de Montevideo.
OUTROS ARTIGOS DENDE LONXE DE MONTEVIDEO
- Sempre en Galicia, voz e pensamento galeguista na emigración.
- Pepe e Palestina
- Adiante con “Sempre en Galicia” de Montevideo!
- A loba que pasou por Santa Baia de Tines
- Parabéns, Patronato da Cultura Galega de Montevideo
- A esquina montevideana está de loito.
- O meu querido Uruguai volve ao rego da solidariedade
- En Montevideo desde 1950: Sempre en Galicia
- Imos a Montevideo para o cumpreanos de SEMPRE EN GALICIA
- Sempre en Montevideo desde 1950!
- O camiño de Montevideo
- Unha ducia de galeguismos na linguaxe popular riopratense
- “Nací en Galicia para ser un cantor del campo uruguayo”
- Viva Sempre en Galiza de Montevideo.
- Un día moi especial en Tines.
- A emigración galega no tango riopratense: Bos Aires e Montevideo
- Conversa con Carlos Penelas en Compostela
- Os galegos no tango riopratense
- O meu primeiro entroido montevideano.
- E que viva Montevideo!.
- Os galegos no berce do tango.
- Viva “Sempre en Galicia” de Montevideo!.
- Adiante coa CASA DE GALICIA de Montevideo!
- Carta do Apóstolo Santiago aos benqueridos irmáns da Casa de Galicia de Montevideo.
- Unha conversa no “Bar Facal” de Montevideo.
- A aterraxe dos voitres de Ribera Salud en Montevideo.
- Eu berro forte que a Casa de Galicia de Montevideo non se pecha!.
- O desexo de querer continuar existindo
- Eu defendo a Casa de Galicia de Montevideo!.
- Montevideo in Love.
- Quero estar en Ribadeo o 28 de xullo do 2024.
- Montevideo, 3 de setembro de 1950.
- Un moi xenial enxeñeiro: Eladio Dieste Saint Martin.
- Imos volver!.
- Pobre o meu Uruguai querido!.
- ¡Vos tenés que hacer siempre los deberes!.
- O entruido máis occidental de Europa.
- Montevideo, un lugar cheo de alegría.
- Bo camiño, Tabaré!.
- Vou a Montevideo.
- Moitas grazas, don Xosé.
- O polisón que casou coa miña curmá da Valiña.
- Aquel primeiro domingo en Montevideo.
- Imos volver!.
- Maracanaço.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Aproveitemos o verán frenteamplista antes de que se nuble o sol!.
- Imos coa ola da esperanza.
- Un pequeno paseo por un recuncho do paraíso atlántico galego.
- O futuro da Casa de Galicia de Montevideo.
- As portas do Centro Galego de Bos Aires.
ESPECIAIS TANGO
- Un inmenso creador chamado Carlos Gardel
- A realidade riopratense nas letras do tango
- As primeiras letras do tango.
- A Linguaxe do tango.
- O tango no sainete crioulo de Bos Aires e Montevideo.
- Os primeiros lugares de baile do tango: O Boliche de Pérez Gundín
- O alborecer do tango riopratense
- Os primeiros tantos e milongas (A emigración galega no tango riopratense).
- Os negros (A emigración galega no tango riopratense)
- Os gauchos (A emigración galega no tango riopratense)
- Os galegos no tango riopratense: Os barrios dos emigrantes