Domingo. 19.05.2024
El tiempo

FUTFEM: O Dumbría cantou o alirón da primeira Liga da Costa feminina

Dumbria feminino campion da Liga da Costa
FUTFEM: O Dumbría cantou o alirón da primeira Liga da Costa feminina

Quedan aínda dúas xornadas para o remate da 3ª Div. Feminina, pero o título e o posto de ascenso directo xa está decidido. Onte vencía o Dumbría en Arliña por 0-6, demostrando o seu poderío, e aproveitaba a derrota do Corme ante o Bergan B para sentenciar o campionato. Celebra así o club dumbriés unha fin de semana especial pois tamén certificou o título da Liga Cadete.

Un título ben traballado, pois o Corme aguantou máis de tres cuartas partes da Liga o nivel das dumbriesas. Despois de gañarlles na primeira volta, as cormelás de Rubén Souto estiveron 25 xornadas sen coñecer a derrota no alto da táboa, pero o treito final fíxolles costa arriba, e as de Sati Lira (dirixidas por Fran Figueroa ao comezo da campaña) non fallaron. Agora mesmo suman 8 vitorias seguidas e nesta xornada 28 só coñeceron 1 vez a derrota.

Onte en Muxía as goleadoras foron a muxiá Eva Lema (que remata o ano coa puntería afinada, asinando outra vez 3 tantos), Claudia e Paula Fandiño (en dúas ocasións). De contado voltaron para o Conco para celebrar o título e o ascenso á 2ª División Feminina, unha categoría que xa lles debería ter correspondido este ano de non ser pola desfeita realizada o ano pasado coas promocións.

Corme e Ponteceso, á promoción

Corme campionas galegas sub11
O Corme rendeu homenaxe ás súas campionas galegas coa Selección da Costa sub11

A promoción xogarana Corme e Ponteceso. Os equipos de Rubén Castillo (vencían esta semana a un Camariñas que chegaba coa frecha para arriba gracias aos tantos de Andrea (2) e Claudia) e de Curro demostraron estar un paro por riba do resto, e son firmes candidatas a deixar esta fermosa Liga da Costa feminina, que o ano que vén contará, polo menos, cun novo equipo, a Esteirana.

Polo demais, a xornada deparou un empate entre Fisterra e Mazaricos, unha vitoria do Cerqueda ao Outes, e unha sorprendente derrota do Corcubión ante o Nicrariense na casa.

As Miúdas, descendidas

Xa hai varias semanas que o descenso das Miúdas está máis que confirmado, ata o punto de que foron invitadas pola RFGF a non presentarse no partido de liga que foi adiado na xornada 24 e que se ía disputar o 1 de maio, coincidindo coa Copa…
As muradás non puideron superar un ano de moitos cambios, cun plantel tremendamente novo, e primeiro aos mandos de Lucho e nestas últimas xornadas da man de Gabri Sil nunca puideron enderezar o rumbo.

Por arriba, o Xallas e o Cee fixeron unha máis que digna temporada, situadas na zona morna da táboa, por agora, con 45 e 41 puntos respectivamente. Rupper e Rafa xa son dous veteranos do futfem costeiro.

MÁIS NOVAS DO FUTFEM

 

CRÓNICAS DO FUTFEM

Comentarios