Recunchos da Costa: A Férveda de San Paio ou de Entrecruces

Volvemos a Carballo para completar a Ruta das Férvedas. Tras visitar a Férveda de Rus collemos dirección Santiago e paramos en San Paio.
A altura da caída é ben considerable, uns 30 metros, pero a impresión é case que semellante ás outras das máis altas do país, como son a Fervenza do Toxa, (60 metros de salto vertical en Bandeira, Silleda), ou a incrible Ruta da Corga da Frecha, (case que 200 baixando pola montaña en Riocaldo, Lobios, na serra do Xurés). En Entrecruces, próxima á capela de San Paio, o abondoso caudal río de Outón ou Ontón, (tamén chamado Férveda e Tabloada, afluente do río Grande que remata no Anllóns) ofrece 3 saltos en gabros, nunha zona de piñeiros e eucaliptos, pero cunha flora propia do río.
Ben pretiño podemos atopar a Carballeira da Ribeira da Pena, e polo camiño quedan restos de varios muíños e dunha minihidroeléctrica de aló polo 1955.
Feliz domingo! Así de espectacular loce a nosa férveda de #Entrecruces cando se ven os seus 40 metros de altura dende o aire coas imaxes de #OtiFernández Foto#Carballo #turismo #Rus #férvedas #cascadas #ruta #camiñar #galicia #galiciamola #galiciamaxica #felizdomingo pic.twitter.com/3k1DcmMBw4
— Turismo Carballo (@TurismoCarballo) April 18, 2021
Como chegar
Para ir directamente hai que coller a DP-1914 que une Carballo e Santiago e, a uns 10 km, coller un desvío á esquerda, sinalizado, cara San Paio e a Férveda de San Paio.
Dende aí xa o sinais de madeira colocados polo concello nos leva primeiro cara a capela, onde deixaremos o vehículo, para seguir andando durante uns 10 minutos antes de chegar ao lugar. Ollo ao baixaren da capela porque hai un desvío cara a dereita, onda a última casa que entra no novo camiño empedrado, xa que o sinal atópase unha vez collido o desvío. Tiramos un pouco e xa estamos alí.
OS RECUNCHOS DA COSTA
- A Férveda de Rus.
- As fervenzas de Pedrafigueira.
- A Fervenza de Budián.
- A Fervenza de Parga.
- A Fervenza do Rabiñoso.
- Os Penedos de Traba e Pasarela.
- A Fervenza de Vioxo-Chacín.
- A Fervenza de Santa Locaia.
- A praia de Seaia.
- A praia da Barda.
- Os Muíños da Ribeira.
- A área fluvial de Verdes.
- O Pozo da Orca.
- Praia fluvial de Carreira.
- As casetas da Feira na A Ponte Olveira.
- Pico de Meda.
- O Pozo Encantado de Salgueiros.
- O Fuso da Moura
- Pedrafita do Marco da Anta ou Menhir de Erboedo.
- A Ponte do Peón de San Crimezo do Ézaro.
- Cabo Roncudo.
- A ponte da Pontenova.
- A Furna do Osmo.
- Mirador de Louredo.
- A área recreativa de Gabenlle.
- O Cabo, e Faro, Vilán.
- As praias de Reira e o foxo do lobo.
- O Cemiterio dos Ingleses.
- As praias do Trece e a Duna Monte Branco.
- O hórreo de Carnota.
- O hórreo de Lira.
- A Fervenza de Noveira.
- O Casco Vello de Corcubión.
- Os petroglifos de Boallo.