Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A Xunta esixe un aval pero non a publicación da calidade das augas á Mina de Corcoesto

A Xunta esixe un aval pero non a publicación da calidade das augas á Mina de Corcoesto
/media/quepasanacosta/images/2013/03/07/Mina-pide-non-facer-publicos-os-numeros-de-calidade-da-auga.jpg

Mestúranse estes dáis dous asuntos relativos á Mina de ouro de Corcoesto algo encontrados. Por unha banda a Plataforma en Defensa de Corcoesto denuncia que a Xunta non esixe á empresa mineira publicar en tempo real e en páxina web os parámetros de calidade das augas en tódolos puntos de vertido como lle pedía a D.X. de Conservación da Natureza.

Polo outro lado, e loubándose dun curioso "compromiso co medio ambiente", Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha emenda presentada polo Grupo Popular, "transaccionada" co Grupo Socialista, a través da que se insta á Xunta de Galicia a obrigar á entidade concesionaria da mina de Corcoesto na comarca de Bergantiños á subscrición dunha garantía financeira suficiente para responder do cumprimento das obrigas de financiamento e da viabilidade dos traballos mineiros, así como do cumprimento do plan de restauración ambiental.
Aproveitou o deputado popular Aurelio Núñez para asegurar que a declaración de impacto ambiental deste proxecto se axusta a todas as normativas legais galegas, nacionais e europeas, a pesar das numerosas críticas na súa contra.

E aí vemos o documento do expediente de tramitación do proxecto mineiro, no que o xerente da empresa, señor Lluis Boixet, manifesta a súa disconformidade cunha petición que se lle fixera desde a Dirección Xeral de Conservación da Natureza. No documento, que ten rexistro de entrada do día 5 de novembro, o señor Boixet afirma que a empresa non quere acollerse a unha das condicións do informe emitido polo citado organismo, en concreto a esixencia de publicar en tempo real e en páxina web os parámetros de calidade das augas en tódolos puntos de vertido. "Unha mostra da opacidade da empresa", denuncian.

Pero consideran máis grave a resposta da Xunta, que acepta as condicións da empresa polo que "as medicións indicadas pola DXCN serán remitidas a Augas de Galicia mensualmente".

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios