#FERROATLÁNTICA
“O de Ferroatlántica é un caso de libro da política industrial de Feijoo”
- O BNG esixe o Plan de Viabilidade e pide unha Comisión de Investigación no caso Ferroatlántica.
- O PSdG demanda ao goberno galego para que impulse un plan de viabilidade e investimentos dirixido a modernizar os fornos e garantir o futuro da empresa.

A pasada tarde de martes 17 de setembro celebrábase unha nova concentración de traballadores polo caso Ferroatlántica. Convocadas polo Comité, e despois da unidade demostrada a pasada semana, esta vez a concentración tivo só participantes do BNG, ademais de numerosos traballadores. Pero xa se sabe, nunha loita tan continua coma esta, ten que haber algunha cita multitudinaria e moitas citas pequenas.
Ademais das arengas habituais, os membros da CIG no Comité explicaron a visita que ían realizar hoxe mesmo no Parlamento Galego, facendo diferentes xuntanzas cos grupos parlamentarios. Foi o voceiro do Comité, Alfonso Mouzo o que deixou claro no Parlamento que “non temos un só documento nin da Xunta nin de Augas de Galicia respecto á compra-venda das prantas de Cee e Dumbría a un fondo norteamericano”.
Nese sentido lembrou que “Feijoo dixo en sede parlamentaria que ía esixir un Plan de Viabilidade a Ferroatlántica, vendese ou non, e estamos aquí para esixirllo”. E avisa: “Estamos mantendo concentracións diante do Concello de Cee, e non imos parar”.
BNG: ”Un caso de libro da política industrial de Feijoo”
A voceira nacional do BNG lembrou que se trata dun “caso de libro da política industrial de Feijoo. Como lle permite a un amigo do PP que faga caixa cos recursos narturais de Galicia, para sanear as súas débedas, creando incerteza no futuro industrial do país. Ademais Villarmir faino dun xeito absolutamente gratis, porque non hai un compromiso do mantemento dos postos de traballo, e mesmo Villarmin non retira o recurso ante a negativa de Augas de Galicia pola segregación ilegal da fabricación de ferroaliaxes coa produción hidroenerxética”.
”Ante esta operación especulativa, o goberno de Feijoo non actúa, e non se pon do lado dos traballadores”, critica Pontón.
Plan e comisión
Así, o BNG vai facer dúas peticións ao goberno galego. “Pedimos, polo menos que Feijoo cumpla a súa palabra pois este mesmo ano se comprometía en sede parlamentaria que ía esixir un Plan de Viabilidade”.
Ademais, “falaremos co resto de grupos para pedir unha comisión de investigación para termos claridade e transparencia sobre a venda das fábricas e tamén sobre a xestión ao longo de todos estes anos. Queremos saber se os beneficios das centrais revertiron na Costa da Morte ou houbo fraude de lei e e acabaron fuxindo do país ou financiando algunha campaña do PP”.
PSOE: "Unha solución de futuro"
Tamén recibiu ao Comité o voceiro do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, que volvei esixir a implicación da Xunta para acadar unha “solución de futuro” que pase por un plan de viabilidade para as plantas de Ferroatlántica en Cee e Dumbría.
O responsable socialista denunciou que a Xunta se manteña “ausente, sen dar información nin responder de requirimentos”, polo que esixiu “máis implicación da Xunta de Galicia” para defender á plantilla “con transparencia, información e unha xestión activa na busca dunha solución de futuro para as actividades de ferroaleacións” na Costa da Morte.
Anunciou que os socialistas levarán ao Parlamento a demanda ao goberno galego para que impulse un plan de viabilidade e investimentos dirixido a modernizar os fornos e garantir o futuro da empresa.
Lembrou que a situación da empresa, que segue a ser xestionada por Villar Mir en virtude do contrato de venta a Ithaka Partners, xera “preocupación e incerteza no Comité de Empresa”, o que “é compartido polo Grupo Socialista e polos alcaldes e alcaldesas socialistas da Costa da Morte”, que hai dous días mantiveron un encontro en Cee. Sinalou á “xestión que poida facer Ferroglobe polo que afecta ao nivel de actividade e o emprego na empresa”.
Novas do co conflito #Ferroatlántica
- 11-09-19: Unidos por un Plan de Viabilidade.
- O BNG pide aos alcaldes da comarca que se deixen de fotos e dean un paso máis no caso Ferroatlántica.
- 06-09-19: TPG-Ithaka non pedirá permiso á Xunta para facer efectiva a compra de Ferroatlántica.
- 02-09-19: O Comité de Ferroatlántica volve ás mobilizacións ante a pasividade da Xunta.
- A carta coa que os alcaldes a Costa da Morte esixen a Feijoo que interceda no caso Ferroatlántica.
- 26-08-19: A Xunta autoriza a cancelación do leasing das fábricas de Ferroatlántica sen esixir un plan de viabilidade.
- 07-08-19: Os alcaldes da comarca sinalan á Xunta como garante no caso Ferroatlántica.
- 07-08-19: Os alcaldes da comarca sinalan á Xunta como garante no caso Ferroatlántica.
- 06-08-19: Un informe xurídico confirma que a venda de Ferroatlántica volve precisar da autorización da Xunta.
- 18-07-19: A CIG-Ferroatlántica esixe unha nova reunión coa Xunta ante a nova documentación presentada pola empresa.
- 12-07-19: O Comité de Ferroatlántica confirma que o fondo TPG e Ithaca só teñen interese nas centrais hidroeléctricas.
- 27-06-19: Esixen de novo á Xunta que actúe ante posibles irregularidades na venda de Ferroatlántica.
- 13-06-19: Venda de Ferroatlántica no Parlamento: BNG acusa á Xunta de lavarse as mans e PSOE pide transparencia.
- 04-06-19: As primeiras reaccións dun Comité dividido e uns traballadores indefensos ante a venda das fábricas.
- 04-06-19: Villar Mir acaba vendendo Ferroatlántica.
- 01-06-19: Os catro grupos parlamentares escoitaron a preocupación dos traballadores de Ferroatlántica ante a posible venda das centrais e as fábricas.
- 25-05-19: O persoal de Ferroatlántica continúa as protestas contra "os especuladores da enerxía" e para esixir a reactivación dos fornos.
- 21-05-19: Traballadores de Ferroatlántica uníronse á loita común das industrias electrointensivas.
- 10-05-19: Traballadores de Ferroatlántica maniféstanse contra a posible “segregación encuberta” das fábricas e as centrais.
- 25-04-19: O Comité de Ferroatlántica denuncia que a empresa volve intentar a venda ilegal das Centrais Hidroeléctricas.
- 15-04-19: As mobilizacións volven a Ferroatlántica trala escisión das factorías do grupo.
- 01-04-19: Os traballadores de Ferroatlántica esperan unha posición moito máis firme da Xunta.
- 29-03-19: O desconcerto laboral cabrea aos traballadores de Ferroatlántica.
- 27-03-19: O Parlamento únese para defender aos traballadores de Ferroatlántica sen danar á empresa.
- 26-03-19: O mutismo de Ferroatlántica segue encendendo ao Comité.
- 13-03-19: O Comité de Ferroatlántica pídelle a López Madrid que veña a negociar o ERTE á Costa da Morte.
- 02-03-19: Concentración ás portas de Brens e reunión en Madrid.
- 28-02-19: Novas negociacións, concentracións e denuncias tensan aínda máis o conflito Ferroatlántica.
- 26-02-19: “Non asinamos o acordo pero conseguimos frear a versión máis dura do ERTE”.
- 25-02-19: O Director Xeral de Industria recibirá ao Comité de Ferroatlántica.
- 22-02-19: A dirección de Ferroatlántica non só se nega a arrincar os fornos, senón que se formula ampliar o ERTE.
- 22-02-19: O Conselleiro confirma que se Ferroatlántica para outro forno rescatará a concesión das centrais.
- 20-02-19: A CIG esíxelle a Ferroatlántica a reactivación dos fornos para continuar negociando.
- 15-02-19: O Comité de Ferroatlántica comeza a unirse ante o perigo do ERE.
- Febreiro 2019: O ERTE de Ferroatlántica poderá afectar a máis do 50% dos traballadores costeiros.
- Febreiro 2019: Os traballadores de Ferroatlántica enfróntanse ao ERTE co Comité absolutamente quebrado.
- 06-02-19: Os grupos parlamentarios lembran a blindaxe dos postos de Ferroatlántica á concesión hidroeléctrica.
- 05-02-19: “O ERE de Ferroatlántica non se axusta á legalidade”:
- 28-01-19: Ferroatlántica divide ao pleno de Cee.
- Xaneiro 19: En Marea esixe a Xunta que faga cumprir a concesión a Ferroatlántica.
- Xaneiro 19: A CIG mobilízase pola readmisión do traballador despedido por un comentario nas rrss.
- Xaneiro 19: O Concello de Cee compromete o seu apoio cos traballadores de Ferroatlántica:
- Xaneiro 19:O berro dos traballadores de Ferroatlántica tamén se escoitou na Coruña.
- Xaneiro 19: “O PSOE fai unha boa declaración de intencións a 6 meses vista pero en 15 días algún pode estar xa na rúa”.
- Xaneiro 19: O BNG leva a pleno o peche dos fornos de Ferroatlántica.
- Xaneiro 19: En Marea critica o peche dos fornos dunha eternamente subvencionada Ferroatlántica.
- Xaneiro 19: “Fornos apagados, todos parados”.
- Xaneiro 19: A parálise de dous fornos e a retirada de materias primas, avisos previos do ERE de Ferroatlántica.
- Decembro 18: A CIG salta ante o posible ERE temporal nas fábricas de Ferroatlántica.
- Decembro 18: Ferroatlántica despide un traballador que foi delegado sindical da CIG por un comentario nunha rede social.
- Outubro 18: A CIG reclama a anulación da votación na que se aprobou o Acordo Marco en Ferroatlántica.
- Xuño 18: O Comité de Ferroatlántica non saiu con boas sensacións da reunión coa Dirección.
- Maio 18: O Comité queima o Acordo Marco de Ferroatlántica.
- Decembro 17: Os traballadores de Ferroatlántica volven concentrarse contra o chamado “Acordo Marco”.
- Decembro 17: Augas de Galicia confirma que as centrais e a fábrica de Brens son inseparables.
- Novembro 17: “A gran mentira” do Plan Industrial de Ferroatlántica:
- 16-02-17: O Parlamento galego esixe por unanimidade que non se autorice a venda de Ferroatlántica
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
Artigos relacionados
- 07-06-19: Luís Lamela: Ferroatlántica e o fondo americano TPG.
- 04-06-19: Luís Lamela: Ferroatlántica e un novo futuro.
- Novembro 2017, José Luís Louzán: “A gran mentira” do Plan Industrial de Ferroatlántica.
- Novembro 2016, José Luís Louzán: Débedas pendentes