Xoves. 14.11.2019
El tiempo

CASO FERROATLÁNTICA

TPG-Ithaka non pedirá permiso á Xunta para facer efectiva a compra de Ferroatlántica

Os traballadores recuperan as concentracións dos martes ás portas da fábrica ata que a Xunta non se posicione.
TPG-Ithaka non pedirá permiso á Xunta para facer efectiva a compra de Ferroatlántica

Xa anunciaron que volven ás mobilizacións, a pesar da lea interna que teñen no seu do Comité. E con esta situación, este pasado mércores unha delegación de TPG-Ithaka, a nova propietaria de Ferroatlántica, trasladouse até Cee para facer a presentación formal.

A nova máis importante para a maioría do comité (CIG e independentes) é a confirmación de que non retirará os recursos legais contra a resolución de Augas de Galicia (que desautorizaba a segregación de actividades en 2017) nin o ERTE. Así mesmo a nova dirección asegurou que non teñen obriga de presentar ningunha solicitude ou documentación na Xunta para facer efectiva a operación.

Pola súa banda, a parte do Comité recordou a necesidade de presentar o Plan de Viabilidade ante a Xunta para garantir a continuidade da produción de ferroaliaxes, o mantemento dos postos de traballo e que se respecta a cláusula esencial de vinculación da actividade das fábricas e da produción de enerxía.

”Por parte dos membros do consello de administracións de Ithaka díxose descoñecer a existencia deste plan e non amosaron ningún interese por abordar a súa negociación”, lamentan os traballadores. O que si confirmaron é a existencia dun “plan de continuidade da política empresarial seguida até agora por FerroGlobe”.

Apelación da Xunta e volta ás mobilizacións

Volven así a apelar á Xunta os traballadores, para que se cumpra a legalidade e os dereitos concesionais, ao tempo que anuncian que volverán as concentracións semanais a partir do martes 10 de setembro (19:30), “ata que se teña resposta da Xunta á demanda do plan de viabilidade”, tal e como acordaron onte os traballadores.

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Artigos relacionados

Comentarios