Sábado. 21.09.2019
El tiempo

O Comité de Ferroatlántica volve ás mobilizacións ante a pasividade da Xunta

Imaxe da manifestación do pasado 2017 en contra da venda das centrais
Imaxe da manifestación do pasado 2017 en contra da venda das centrais
O Comité de Ferroatlántica volve ás mobilizacións ante a pasividade da Xunta

Seguen esperando dende o Comité resposta da Xunta ás suas constantes peticións, ou á carta que os alcaldes da Costa da Morte lle enviaron o pasado 12 de agosto. Unha carta que pide que a Xunta se posicione sobre a venda das fábricas ao fondo de investimento TPG-Ithaka, e que esixa un máis necesario plan de viabilidade que ademais non deixe a porta aberta a unha hipotética segregación das actividades industrial e de produción enerxética.

Ante esta parálise da administración galega, o Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas vén de anunciar que iniciará mobilizacións a partir do vindeiro luns, 9 de setembro. Antes están convocadas sendas asembleas de traballadores e traballadoras para o mércores 4 de setembro nas fábricas de Cee e Dumbría.

Lembra o Comité que “a Consellería de Industria asinou o compromiso de compartir información e actuar conxuntamente”, a pesar do que “a día de hoxe an segue sen trasladar os documentos presentados pola empresa, sen informar das reunións que mantivo coas compañías compradora e vendedora, e sen promover reunións a catro bandas (Administración galega, Ferroatlántica, TPG-Ithaka e comité)”.

”Apelamos á responsabilidade da Xunta, como titular das concesións públicas que explota Ferroatlántica, para que se reúna co comité, faga valer as claúsulas concesionais e obrigue a empresa a cumprir coa legalidade”, sentenzan coa esperanza de que a Xunta por fin se posicione do lado dos traballadores, e garanta os postos de traballo.

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Artigos relacionados

Comentarios