Ligas Galegas: 4 puntos in extremis que saben a permanencia e unha derrota que doe


Dúas de cal e unha de area nas Ligas Galegas. A de area volve protagonizala o Dumbría Infantil, que cada día ve máis lonxe a permanencia. Os de Huelvis e Pablo recibían ao Orillamar e sumaban unha nova derrota, escapándose xa a salvación a 17 puntos cando quedan 10 xornadas.
Pola contra, os cadetes de Juan e Joaquín sumaban un punto que sabe a salvación. Un punto colleitado in extremis en Ferrol, pero que deixa xa ao equipo dumbriés con 13 puntos de vantaxe sobre o descenso.
Máis sabrosa, se cabe, foi a vitoria do XSC na Coruña ante o Monteañeros, tamén cun tanto no último minuto. Os de Corredoira vencían e aproveitaban a derrota da SD ante o Viveiro para alonxar os postos de descenso a 3 puntos, unha vez que o posible descenso do Lalín da DH, provocaría un arrastre.
Os 3 equipos miran con recelo as Copas da Costa Infantil e Cadete, pois non a poden xogar.
División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 26
- Resultado: Racing Ferrol - Dumbría (1-1)
- DUMBRÍA: Jorge, Ayoze, Fabio, Pablo, Jose, Marcos, Xavi, Mario, Eloy, Borja e Josiño. Tamén: Cristian, Gabriel, Luís, Xabi e Adrián.
- Goles: 1-0, min.50; 1-1, min.81: O central Pablo, xa facendo de Alexanco, de forte disparo tras un pase de Adrián.
O Dumbría viaxaba a terras ferrolás na mañá do domingo para enfrontarse a todo un Racing de Ferrol, terceiro clasificado da DH cadete, e onde conseguía un valiosísimo e meritorio empate. Comenzaban moi bien os xogadores de Juan e Joaquín e durante os primeiros vinte minutos controlaban ben o encontro pero sen ocasións claras de gol. No 13' producíase a xogada desgraciada do encontro cando o cancerbeiro local Fran, e logo dun choque fortuito co dianteiro dumbriés Eloy, caía mal e fastidiaba o seu xeonllo, tendo que abandoar o terreo de xogo e dar paso ó seu compañeiro Carlos.
O R. de Ferrol, poco a pouco, fíxose con control do partido a través do dominio da pelota, aínda que, nesta primeira metade non disporía de boas ocasións para marcar e chegábase ó descanso con marcador inicial de 0-0.
Xa na segunda parte o R. de Ferrol saía ó céspede disposto a conseguir os tres puntos, controlando totalmente o xogo mentres o Dumbría defendíase coas súas liñas ben xuntas e non deixando espazos onde poideran maniobrar o xogadores ferroláns. Sen embargo, novamente un erro na zaga visitante deu lugar ó tanto local logo dunha xogada pola banda ezquerda do Racing a pelota recóllea o seu mellor xogador, Sanmartín,que dun forte disparo consegue bater a Jorge.
O Racing seguía tendo ocasións para aumentar o seu marcador, pero unhas veces polo acerto de Jorge, porteiro dumbriés, e outras polos erros na finalización dos xogadores locais non conseguían facelo.
No 32' producía se un cambio táctico que sería clave para o resultado final do encontro cando Pablo, central dumbriés, deixaba ó seu posto habitual para reconvertirse en dianteiro centro, igual que outras veces cando o Dumbría necesita o gol, in extremis, e logo dunha gran asistencia de Adrián, consegue dun forte disparo raso e cruzado bater a Carlos subindo o empate ó marcador, xa no desconto do encontro, e conseguido un punto que sabe xa a salvación definitiva do equipo costeiro.
Liga Galega Cadete, xornada 26
- Resultado: Montañeros - Xallas StComba (2-3).
- XSC: Rubén; Óscar (Manuel), Alberto, Pablo, R; Juanjo (Grille), Raúl; Carlos Baio, Juan Lois (Rubén Suárez), Thiago e Carlos Rieiro.
- Goles: 1-0, min.2; 1-1, min.8: Juan Lois; 2-1, min.46; 2-2, min.60: Carlos Rieiro; 2-3, min.79: Carlos Rieiro.
Triunfo no último minuto do XSC ante un complicado Montañeros que por dúas veces, nos inicios da primeira e da segunda metade, adiantouse no marcador, en senllos erros da zaga xalleira. No entanto, os verde-laranxas souberon sobrepoñerse aos dous golpes dos locais e terminaron facéndose cun triunfo que pode resultar vital para conseguir permanecer, un ano máis, na Liga Galega, por canto o Compostela atópase a 6 puntos dos xalleiros, mentres que o Orillamar, que nesta xornada venceu no terreo do Imperátor, atópase a 3 puntos do XSC.
O partido foi moi competido, con maior dominio do XSC e un Montañeros que utilizaba a conta como arma principal, mercé á rapidez dos seus dous homes de ataque. O tempraneiro gol local fixo espabilar aos xalleiros, que pronto conseguirían empatar nun penalti por derriba de Carlos Baio no área, por parte do meta local, e que debeu significar a expulsión do meta, pois era ocasión manifesta de gol, pero que nin tan sequera viu amonestación. O tanto de Juan Lois levaba as táboas a un marcador que non se movería na primeira metade.
Na segunda, un novo erro de marcaxe, en acción de estratexia, colocaba ao Montañeros por diante no marcador, e os visitantes envorcáronse en busca de, polo menos, o empate, o cal alcanzarían nunha acción moi protestada polo banquiño do Montañeros ao considerar que o atacante do Xallas de Santa Comba arrincaba en posición ilegal. O 2-2 deu ás a un XSC que buscaba afanosamente o triunfo, pero sen acertar. Sería no último minuto cando unha recuperación de balón e un pase en profundidade cara a Carlos Rieiro colocaba a este só ante o meta coruñés e batíalle por baixo, conseguindo un triunfo moi merecido para os xalleiros.
Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría - Play Off Descenso Norte Impar, xornada 4
- Resultado: Dumbría - Orillamar (0-4).
- DUMBRÍA: Breo (Juan, min.41), Xan (Ángel, min.41), Samuel, Toni, Álex; Brais Fdez. (Brais Martínez, min.65), Moisés (Sergio, min.41); Adrián, Berto (Joni, min.41); Tajes e Mateo.
- X.25: 3 realidades distintas para os equipos costeiros:
- X.24: Un paso de xigante e outro atrás.
- X.23: Sen perder a ilusión.
- X.22: O Dumbría Infantil pensa xa no Play Off por evitar o descenso.
- X.21: Moita loita e pouco resultado.
- X.20: Dous puntiños para seguir sumando.
- X.19: Unha gran vitoria e dúas previsibles derrotas.
- X.18: Dúas derrotas ante os grandes e unha vitoria que tranquiliza.
- X.17: Xsc e Dumbría de Cadetes comezan o ano con resultados dispares nas súas ligas.
- X.16: Esperando o turrón para recuperar folgos.
- X.15: Dúas remontadas para a esperanza.
- X.13: Doble xornada dispar para os cadetes xalleiros e dumbrieses.
- X.12: Unha gran vitoria a domicilio.
- X.11: Unha vitoria e dúas derrotas con distinto sabor.
- X.10: O XSC pega o estirón.
- X.9: Dous empates e mellores sensacións.
- X.8: Un punto histórico que sabe a ouro.
- X.7: Pleno en casa.
- X.6: O XSC tamén sabe gañar.
- X.5: Dúas vitorias que puideron sen tres.
- X.4: Merecendo máis.
- X.3: Mala sorte.
- X.2: Primeiros puntos, pero faltan os goles.
- X.1: 3 severas derrotas pero boas sensacións.
- 3ª Autonómica: O Coristanco abre a pelexa polo ascenso directo.
- 2ª Autonómica: Os 4 de arriba non fallan nunha xornada cunha fermosa homenaxe.
- 1ª Autonómica: Doble derbi con sabor caseiro.
- Preferente: A irregularidade pasa factura.
- Completísima xornada do Fútbol da Costa, con derbis, títulos e moita emoción.
- A Cantina alonxa ao Estética Raquel do título da Liga de FS de Cee.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
- Reunión para perfilar as Copas Cadete e Infantil.
- Malpica acollerá un novo curso de Monitor Deportivo.
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
Derrota sen paliativos do cadro dumbriés ante a visita do Orillamar que deixa a salvación moi lonxe. E todo polos problemas de sempre, pois os de Huelvis e Pablo están saíndo sempre moi brandos ao principio dos partidos e despois se paga. De feito, os 4 goles do Orillamar no Conco chegaron nos primeiros 20 minutos de zozobra local.
Volvense a quedar con un mar sabor de boca, pois o resto do partido amosouse igualado, pero a actitude e os erros da primeira parte do encontro fixeron moito dano no marcador.
Serviron os cambios á volta do descanso, e competiron cara a cara, i é que se se miramos os segundos tempos dos últimos partidos, os resultados serían distintos. O que parece claro é que o equipo non está entregado, pero a calquera incidencia negativa, baixa os brazos.
Para a semana toca derbi co Bergantiños, que pode servir de revulsivo.