Sábado. 05.10.2024
El tiempo

O Fisober despediu a campaña cunha doce vitoria na casa

O Fisober despediu a campaña cunha doce vitoria na casa
O Fisober despediuse con vitoria

Remataba o sábado en Vimianzo a tempada para o Fisober nun partido no que as locais querían asegurar a 6ª praza e ademais despedirse con bo sabor de boca da súa parroquia. Pola súa banda as visitantes viñan a asegurar a categoría, algo que lograron a pesar da derrota.

E doble obxectivo cumplido, cun peche de campaña regular inmellorable, que contou co aliciente do debut en Segunda División Nacional da xogadora do filial Tamara, sendo para Laura a segunda aparición nesta categoría xa que debutara precisamente na última xornada da tempada pasada.

2ª Estatal, última xornada

Plantilla do Fisober 2013-2014
  • Resultado: FISOBER F.S.F. – STILO BERRIO (3-1).
  • FISOBER: Eva, Patri, Nuria, Ana e Noelia; tamén xogaron: Raquel, Elsa, Inés, Laura e Tamara.
  • Goles: 1-0 Inés, 1-1 Aitziber (descanso), 2-1 Nuria, 3-1 Nuria.

Saíron moi ben as da Costa,con presión alta, metidas e dominando o partido. Nos primeiros minutos acumularon moi boas ocasións Ana, Nuria e Noelia que se topou co pau no seu lanzamento cruzado.
Co paso dos minutos foise desfacendo do dominio local e o conxunto vasco e comezou a chegar con maior perigo. Cando se acercaba o ecuador desta primeira metade as visitantes tiveron as súas opcións para adiantarse no electrónico pero non foron quen de logralo. Aos nove minutos Patri, xenial toda a tarde, destapou o tarro das esencias e despois dunha excelsa xogada individual cedeu para que Inés marcara a pracer. Pouco lle durou a ledicia as da Costa xa que solo dous minutos despois Aitziber poñía a igualada no tanteador.
Con este gol volveu a facerse dono do partido o Fisober. A sete para o fin era desta vez Inés a que se topaba co pau e Nuria por partida dobre non era quen de batir a Elena. Aitziber, a xogadora máis perigosa e combativa visitante , poñía en algún apuro a meta local. Incluso nos últimos segundos da primeira metade a xogadora do filial Laura que debutaba nesta tempada en Segunda División, gozaba dunha moi boa ocasión.

A volta de vestiarios arrancou incluso mellor o Fisober e os dous minutos Nuria amosaba o seu instinto goleador para facer o dous a un. A segunda metade foi un constante e incesante goteo de ocasións locais na busca dun terceiro gol que matara definitivamente o partido pero non deu chegado. Cunhas visitantes encomendadas a Aitziber e algunha contra para sacar algo positivo. Nuria e Patri ían acumulando ou creando ocasión tras ocasión pero o gol da tranquilidade non daba chegado, iso si o público asistente o Municipal estaba a disfrutar dun moi bo espectáculo. Incluso Elsa a dous minutos para o fin enganchou un lanzamento que se foi a trabe pero que tampouco quixo entrar.

E non o fixo ata que a 22 segundos do fin un saque de banda executado de maneira rápida deixou a Nuria ante a porteira visitante a cal regateou e marcou a pracer deixando a vitoria na Costa. No último segundo a visitante Eztizen mandou un lanzamento o pau da portería local.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios