Preferente: O XSC de Doro fai os deberes e depende de si mesmo

Penúltima xornada da Preferente - Senra Sport, e vitoria importantísima para o cadro xalleiro, dirixido onte en liga por primeira vez por Doro e que dependerá de si mesmo en Riveira para poder acadar a permanencia. O patrón tomaba o timón cun prantexamento ofensivo, e os seus compañeiros responderon e conseguiron saír dos postos de arrastre, deixando ao Val, o Sarriana e o Residencia.

Agora toca sumar na última xornada en Riveira (fai chamamento aos siareiros a acodir) para quedar por diante, alo menos, de 2 dos 3 equipos e así evitar o descenso.


Castro - Dumbría (4-0)

  • DUMBRÍA: Iván, Bryan, José, Pablo Conde; Iago, Cotte, Diego Cespón (Ismael, min.65), Martín (Charli, min.58), Rivi (Portu, min.52), Darío e Adrián Nieto (Samuel, min.65).

Puido ter superado o Dumbría ao Castro e auparse á 7ª praza pero non puido facer nada ante o empuxe total, e ante un cadro dumbriés que xa ten os deberes ben feitos, que xa pensa nas vacacións e no que Canosa xa está máis por darlle minutos ás novas xeracións. Ao cuarto de hora xa marcaran dous tantos os locais e o cadro dumbriés malia non baixar os brazos non puido remontar.


XSC - Dorneda (2-1)

  • XSC: Vicente, Rubén Forján (César, min.62), Oscarín, Jota, Aarón, Jesús, Pablo Baña, Kevin (Alberto, min.59), Choco (Marcos, min.51), Joshi (Rubio, min.54) e Vía Rápida.
  • Goles: 0-1, min.14; 1-1, min.44: Pablo Baña aproveita un rexeite a tiro de Jesús; 1-2, min.77: Pablo Baña.
  • Expulsión: Jota no min.75.

Partido no que o Dorneda, a pesar de estar descendido, non foi a Santa Comba a regalar nada, se non máis ben todo o contrario. Adiantarianse os visitantes de cabeza á saída dun corner despois dun cuarto de hora de partido e sendo a única chegada a area local por parte do Dorneda,. Mentres, o cadro xalleiro, errou numerosas ocasións ao longo de toda a primeira parte en botas de Vía, Choco, Kevin ou Jesús. Pero froito desa insistencia, sería Baña ao final da primeira parte quen poría a 1-1 tras unha gran parada de Guillermo tras un tiro de Jesús. Un gol vital.

Comezou a segunda parte na mesma dinámica que a primeira cun Dorneda embotellado na súa área e cun XSC que seguíu malogrando ocasións moi claras en botas de Choco ou Marcos entre outros ante un sempre acertadísimo Guillermo na meta visitante. Nunha desas accións, o balón caialle a Pablo Baña que puña o 2-1 cun gran golpeo dende a frontal. O Dorneda non se veu abaixo e seguiu intentando ata o final o empate con balóns largos buscando a fortaleza física de Eloy, pero os puntos non marcharon de Fontenla.


Crónicas de Preferente – Senra Sport

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).