Sábado. 18.05.2024
El tiempo

Preferente: Dúas liñas radicalmente distintas que deixan ao XSC en problemas

Preferente: Dúas liñas radicalmente distintas que deixan ao XSC en problemas
Ruben FOrjan foi o autor do gol do XSC-Foto-Mca Cuns

Disputábase esta Semana Santa a 31ª xornada da Preferente - Senra Sport. Unha xornada que deixa aos dous equipos costeiros en sitios distints, tras dúas liñas completamente antagónicas: O Dumbría suma 3 vitorias seguidas (4 e un empate nos 6 últimos partidos), mentres o XSC é o peor equipo da categoría no úlitmo mes, con 4 derrotas e 1 empate nos últimos 5 partidos.

Así, o Dumbría ascende ata a 7ª praza con 45 puntos, polos 35 dun XSC que queda de 15º , con só 5 de marxe sobre o descenso.


Xallas StComba - Negreira (0-2)

  • XSC: Vicente, Rubén Forján (Cristian, min.85), Alberto, Rubio, Aarón, Jota, Marcos (Choco, min.53), Jesús, Joshi (Kevin, min.60), Vía Rápida (Anxo, min.71) e Doro.
  • Goles: 0-1, min.34: golazo de falta directa; 0-2, min.63: tras un erro no despexe de Aarón.

Está o equipo xalleiro nunha dinámica na que todo o que pode saír mal, sae mal.

Non puido facer nada o XSC ante un potente Negreira que segue camiño da 3ª División. O partido era case de derbi e así o demostrou o feito de ser a mellor entrada da temporada, con case 400 siaireiros nas bancadas. O equipo de Coméndez estivo no partido anta o segundo gol, tendo ocasións para poñerse por diante e para igualar non sendo para nada inferiores.

Foi un choque intenso, sen demasiadas ocasións no que o líder demostrou a súa pegada, aproveitando mellor as ocasións. De falta directa se adiantaba á media hora o cadro local. Na segunda, o XSC intentou irse arriba, e tivo varias ocasións para empatar, pero no ecuador unha xogada por banda era aproveitada polos locais para facer o segundo e sentenciar o choque. Os nicrarienses souberon aguantar o partido sen demasiados apuros.


Atl. Riveira - Dumbría (0-1)

  • DUMBRÍA: Iván, Tantán, David Carreira (Jose, min.55), Pablo Conde, Iago; Aarón, Diego Cespón (Darío, min.46), Rivi (Jano, min.70), Marcote, Adrián Nieto (Adrián Alcaina, min.46) e Adrián Makaay.
  • Gol: 0-1, min.2: Marcote aproveita un balón que se lle escapa ao meta local.

Un gol de Marcote nada máis comezar o partido foi suficiente para que o Dumbría sumase, o pasado xoves santos, tres puntos que o deixan nunha posición privilexiada. Puido ampliar a renda aínda no primeiro cuarto de hora Adrián Makaay marrou, ata dúas veces un penalti (a primeira parouna o porteiro pero houbo que repetir e o segundo intento foi alto).

Aguantou ben, sen apuros, o primeiro tempo o cadro de Canosa, pero na segunda o cadro local, necesitado de puntos para asegurar a salvación, foise arriba. Tivo que empregarse en varias ocasións Iván, ante un Riveira que empurrou ata o pitido final e protestou un gol anulado por fóra de xogo xa nos minutos finais aos locais.


Crónicas de Preferente – Senra Sport

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios