Luns. 04.11.2024
El tiempo

Xuvenís: Escapan os 3 de arriba

Xuvenís: Escapan os 3 de arriba
Os Xuvenis do Ponteceso -Foto-Luis Porto

Esta 16ª xornada deixa un pouco máis claros os postos que dán acceso á Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil.

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 16

Descansaban XSC e Esteirana esta xornada pero os inmediatos perseguidores non o aproveitaron para achegarse á zona de arriba. O Fisterra non pasaba do empate co Outes, e xa se ve superado polo Muros. O Cee vencía ao Lira pero os 3 equipos quedan a 4 e 5 puntos do cadro xalleiro, o que marca a clasificación para a seguinte fase a falta de 6 partidos para o remate da liga regular.

Dumbría - Mazaricos (0-12)

  • Goles: Maikel (4), Javi (3), Kevin (2) e Martín.
  • Expulsión: o amarelo Carreira.

Superioridade completa do Dumbría, e se xa se prevía a cousa quedou sentenciada cando aos 10 minutos quedaba cun home menos o Mazaricos pola expulsión de Carreira. Os xogadores de Alex Romero non se descompuxeron a pesar da goleada e deron unha boa imaxe.

Fisterra - Outes (4-4)

  • FISTERRA: Santi, Javi Suárez, Cartamil, Rubén (Benlloch, min.38), Breixo, Noé (Beto, min.65), Jose, Abel, Moisés, Josema e Adrián.
  • OUTES: Yoel, Rafa, Brión (Samuel, min.65), Adrián, Rubio, Álvaro (Simón, min.80), Babu, Ibra, Cutu, Paulo (Jurado, min.55), Veleiro (Borja, min.75).
  • Goles: 0-1: Veleiro; 0-2: Veleiro; 1-2: Noé de penalti; 1-3: Babu de penalti; 1-4: Ibra; (descanso); 2-4: José; 3-4: Josema; 4-4: Adrián.
  • Expulsión: o fisterrán Cartamil.

Partido de colexio, con dous equipos que se adican a xogar, sen necesidade de competir dada a situación de estar en terra de niguén. O choque comezaba cun Outes que barría do partido ao cadro local e se metía 1-4 na primeira metade.

Pero cambiaba radicalmente o panorama e se ben comezaba a segunda cun penalti que fallaba Samuel, e un par de ocasións do propio Samuel e Zeta que lle mandou ás mans ao porteiro, o Fisterra estirábase. E vagariño conseguía empatar o choque.

Muros - Soneira (5-1)

  • MUROS: Matías, Yeray, Veloso, Javi, Diego, Santi de Lira, Álvaro, Piki, Ramón, Samu e Hugo. Tamén xogou: Sergio, Loló, Damián e Mancebo.
  • Goles: 1-0, min.20: Hugo; 2-0, min.40: Samuel; 2-1, min.55; 3-1, min.65: Santi; 4-1, min.75: Damián Sarillo; 5-1, min.80: Samuel.

Primeira parte moi mala dos dous equipos, na que o Muros puido sentenciar o encontro con ata 5 oportunidades claras das que só dúas entraron.
Na segunda metade acurtaría distancias o Soneira, pero o Muros foi era superior e Santi meteria para os locais. Damiá Sarillo e Samuel sentenciaban deixando ao Muros 4º, por riba do Fisterra.

Cee - Lira (5-2)

  • CEE: Paulo, Abraham (Kevin, min.75), Carlos Leis (Vilela, min.71), Esteban, Rafa (Castillo, min.50), Tebo, Andrés, Alex, Pablo, Felipe (Ferrío, min.67) e Mario (Marco, min.51).
  • LIRA: Aitor, Dani (Marcos, min.32), Cibrán (Cristian, min.70), Javi, Xabi (Sergio, min.71), Xose, David, Isma, Saúl, Alexis (Aitor, min.60) e Xoán.
  • Goles: 1-0, min.18: Felipe a pase de Andrés; 1-1, min.20: David; 2-1, min.28: Andrés; 3-1, min.57: Mario; 4-1, min.60: Rafa; 4-2, min.63: David; 5-2, min.65: Pablo.

Aguantou o pechacancelas no San Paio de Refoxos unha hora de partido, ante un Cee superior que tardou en facerse co partido. Felipe, que debutaba esta tempada, adiantaba ao Cee, pero de contado David facía a igualada. Á media hora Andrés metía de novo ao Cee por diante.

Chegaba o gol da sentenza, no momento máis emotivo da tarde, pois Rafa marcaba o seu primeiro tanto na casa e o adicaba a Aitor, levantando a camisola e deixando ao aire o lema "Ánimo Torre", enviando o seu alento a un compañeiro que se perderá o resto da campaña por mor dunha lesión.

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 16

Malísima xornada para o Ponteceso, que tiña ocasión de recurtar distancias co Malpica e non só non a aproveitaba senón que caía ante o Camariñas e deixa a Fase a 5 puntos, e tendo un partido máis.
Por arriba, Cabana e Corme seguen man a man, sacando xa 4 puntos ao Malpica, co Corme tendo un partido máis que os outros dous. O Cabana vencía facilmente ao Castriz mentres que o Corme acababa pedindo a hora ante un Baio que este ano non está tendo sorte e ve como a clasificación non é xusta co seu xogo.

Laxe - Coristanco (2-3)

Comentarios