mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Modesto Patrimonio: Monumentos megalíticos en Dumbría

Dolmen Pedra da Arca Regoelle Dumbria-Foto-Modesto
O Modesto Patrimonio: Monumentos megalíticos en Dumbría

Estas construcción megalíticas dos antigos habitantes da zona de Fisterra de fai máis de 6.000 anos, algunhas delas as podemos contemplar na actualidade, tiñan relación coa astronomía según as súas creencia relixiosas. Imos centrarnos no monumento funerario situado a cabalo da línea que separa o concello de Dumbría co de Vimianzo no territorio de Regoelle, que tamén corresponde o marco nº 5 da líña de separación dos termos municipais coñecido como Dolmen de Regoelle ou Pedra da Arca.

Os primitivos habitantes, nestas datas, eran moi observadores dos astros, principalmente do sol. Sabían que a luz solar variaba ao longo do ano e que había dúas veces no ano en que o día era igual á noite, coñecidos como equinoccios.

Para os enterramentos dos seus familiares facíano dentro dunha cámara forrada con grandes lousas espetadas no chan e cubertas cunha gran lousa formando unha cámara, que hoxendía coñecemos como “dolmen”.

A súa entrada era a través dun largo corredor tamén cuberto. Este pasillo tiña que reunir un requisito, que os raios do sol no equinoccio de primavera, tiñan que iluminar a cámara. Isto os obrigaba a ter coñecementos astrónomicos dando orixe aos calendarios que usaban como os nosos antepasados.

A relixión católica tamén mantivo crenzas similares, e así podemos contemplar que os altares das igrexas parroquiales sempre están ao leste e a porta de entrada ao oeste. Sobre esta porta poñían un ventanuco para que os raios do sol no solsticio do verán iluminara o altar.

Dolmen Pedra da Arca Regoelle Dumbria-Foto-Modesto 2

Ímonos centrarnos no Dolmen da Pedra da Arca, localizado nas coordenadas ETRS89 X=498813; Y=4761908, e ver o trazado desa líña imaxinaria que iluminaría a cámara. Cos aparatos topográficos que mide ángulos e os programas informáticos, coa axuda dos parámetros que facilita o Anuario Astronómico, podemos calcular o triángulo esférico que forman as líñas: norte xeográfico, o sol, e a líña do pasillo de entrada a cámara.

O que suscribe intentou resolver este problema facendo observacións ao sol cun teodolito no ano 2001, para encontrar o norte astronómico, sacando un ángulo de 110,23º con relación a liña de entrada. Esta lectura non concordaba coa liña do solsticio do inverno (21 de Decembro) sinón co do 5 de Novembro. Que puido pasar despois de tantos anos?: que o cálculo (usando tablas de logarítmos) esté mal feito ou que o eixe da rotación da Terra sufríra un movemento de “precesión”. Sería interesante facer observacións noutros da comarca e comparar os resultados. Hoxendía, con equipos topográficos e programas informáticos pódese calcular con facilidade.

Dolmen Pedra da Arca Regoelle Dumbria-Foto-Modesto 4

 

Patrimonio Pindexo

 

OUTROS ARTIGOS NO "MODESTO PATRIMONIO”

 

Comentarios