1ª Galicia: Dúas vitorias de gran mérito e un derbi para Dumbría que mete ao Baio en descenso
Xornada dispar para os nosos, con 3 vitorias, un empate e unha derrota. A derrota do Baio no derbi ante o Dumbría mete aos de Felix en postos de descenso. Alónxanse de aí o Fisterra, trala súa gran vitoria ante todo un Negreira, San Lorenzo, que sumou un puntiño ante o Calo, e a Esteirana, que tamén conseguiu unha gran vitoria ante todo un Flavia, pero ollo que o Baio está a 10 do Fisterra, 8 do San Lorenzo e 8 da Esteirana, con aínda 6 xornadas por diante.
Dumbría - Baio (3-0)
- Dumbría: Anxo, Samu, Pablo Paz, Kanario, Alex Sánchez, Baba, Mario, Mataso, Raúl, Lucas e Dani Chao. Tamén: Carlos, Alex Sendón, Alex Blanco, Gabri Goyes, Miller, Adrián Periscal.
- Baio: Iván Fraga, Pablo Rod., Norberto, Pazos, Yago Couto, Dani López, Damián, Sergio Antelo, Bieiro, Porty e Diego Santancier.
- Goles: 1-0, m.4: Raúl; 2-0, m.30: Raúl; 3-0, m.60: Kanario.
Resultado xusto nun partido onde o plan de partido inicia os baieses foi contrarrestado por un Dumbría superior dende o comezo. Dous tantos de Raúl, un tempraneiro e outro á media hora, daban conta do mellor xogo dos locais.
Na segunda, Félix intentou mover fichas pero os de Pablo Conde souberon controlar o tempo do xogo e sentenciar nunha xogada.
Esteirana - Flavia (3-2)
- Esteirana, MJ, Damián, Tobío, Code, Simón, Kevin Rial, Kevin Lariño, Alex Rama, Piki, Oli, Rober Lago. Tamén: Martón Rama, Adrián, Brais Noceda, Pachi e Elías.
- Goles: 1-0, m.5: en propia; 1-1, m.7: Jorge Rama; 1-2, m.11: Jorge Rama; 2-2, m.44: Rober Pladur; 3-2, m.86: Simón.
Vitoria tremenda da Esteirana, que lles serve para alonxarse dos de abaixo despois dun mes con poucos puntos. Adiantouse rápido o cadro de Néstor, pero no m.10 o Flavia envorcou o partido colocándose 1-2. Faltou aí xogar con cabeza neses minutos, e houbo que remar. O cadro esteirán comezou a carburar e apretar, tendo ocasións ata que Pladur empataba ao fío do descanso.
Na segunda foron os locais os que buscaron máis a vitoria, e mesmo tiveron un penalti para marcar. Pero o gol da vitoria non chegou ata o 86, cun tanto do lateral Simón, un deses xogadores silenciosos que podería estar xogando un par de categorías máis arriba.
Fisterra - Negreira (3-1)
- Fisterra: Joselu, Colombia, Breixo, Aarón, Juan, Jano, Lobelos, Mario, Luís, Diego Estévez e Adrián Makaay. Tamén: Rubén, Maikel Mouzo, Juan Lagoa, Alex Trillo, Guille.
- Goles: 1-0, m.32: Estévez; 2-0, m.52: Adrián Makaay; 2-1, m.65: Gonzalo; 3-1, m.67: Adrián Makaay.
A maxia do Ara Solis permitiulle ao Fisterra sacar puntos cos que non contaba ante o líder. O equipo de Lobelos saía moi xuntiño, intentando que non tiveran grandes ocasións, ante un Negreira que tiña e tiña o balón, pero sen gran profundidade.
Aguantaba ben o Fisterra e á media hora marcaba un golazo Estévez. Na segunda aparecía Makaay, aproveitando unha xogada por banda dereita para demostrar o seu olfato.
Recurtaba nun córner o Negreira, pero de contado aparecía de novo Makaay para marcaro terceiro e definitivo, con este gol de falta. A partir de aí o equipo estivo moi cómodo e non sufríu.
San Lorenzo - Calo (0-0)
- San Lorenzo: Puyol, Manu Mato, Lucho, Pablo Garrido, Alex Costa, Alberto Campos, Mateo Canedo, Richi, Juanjo, Diego Varela e Javi Pérez. Tamén: Joaquín, Iago, Alex Taino e Hugo Canedo.
Empate xusto nas Pedreiras que non sabe mal en Verdillo, pois o Calo viña con 7 partidos sen perder. Notouse o vento na primeira, que foi a favor do Calo, que tivo algunha ocasión máis, pero tamén os locais. Na segunda, co vento a favor, os de Lapido dominaron territorialmente, tendo un par de ocasións, sobre todo a balón parado. Pero finalmente, tras un partido de xogo directo, moi táctico e trabado, o empate satisfixo aos dous conxuntos.
CRÓNICAS DA 1ª GALICIA
- X.27: O San Lorenzo recobra o alento.
- X.26: O Baio, o único que suma da Costa.
- X.25: Xornada aciaga para os costeiros. Só o San Lorenzo suma.
- X.24: Baio, San Lorenzo e Esteirana perden sendas ocasións para pegar un salto de tranquilidade.
- X.23: O Baio golea e o Fisterra pesca 3 puntos en Verdillo.
- X.22: O Dumbría fica cos de arriba.
- X.21: O Dumbría asaltou Ara Solis.
- X.20: O Baio fai saltar as quinielas e a Esteirana supera ao San Lorenzo.
- X.19: A pegada do Fisterra supera á Esteirana.
- X.18: O San Lorenzo rompe a súa mala serie.
- X.17: Remontada épica do Fisterra para abrir o curso.
- X.16: Acabando o 2023 na metade da táboa.
- X.15: O Fisterra confirma a súa melloría.
- X.14: 4 vitorias costeiras baixo a chuvia.
- X.13: O Baio frea ao San Lorenzo.
- X.12: O San Lorenzo supera a dimisión de Dani Casal.
- X.11: Os poderosos baten cos equipos costeiros.
- X.10: Só un punto en 4 partidos.
- X.9: Así foi a case completa xornada de Defuntos no Fútbol costeiro.
- X.8: Dúas vitorias, un empate e dúas duras derrotas.
- X.7: O Baio deixa escapar puntos importantes mentres os tres da zona alta suman de 3 en 3.
- X.6: O San Lorenzo tamén pode co Fisterra.
- X.5: Este San Lorenzo vai en serio.
- X.4: O Dumbría pega primeiro.
- X.3: O San Lorenzo mantense no alto cun Puebla que presentou a súa candidatura en Ara Solis.
- X.2: Fisterra e San Lorenzo suman e seguen.
- X.1: Arrincou a nova tempada con 3 vitorias e 2 derrotas.