3ª Galicia: Sofán B e Soneira loitan polo ascenso directo e Lira e Cerqueda pola promoción

O Xallas conquitaba onte o seu cantado título da 3ª Galicia tras vencer ao Nantón. Unha nutrida expedición verde invadía o campo das Fontiñas para celebrar o triunfo xalleiro, e confirmar o poderío das terras de Santa Comba este ano no Futbol da Costa, despois do título da liga da 2ª Galicia do veciño Castriz acadado o sábado.
Quédalle o desafío ao equipo de Doriño e Churián de rematar o curso invicto, algo que sería todo un récord.
Porén, con 4 xornadas por diante, aínda quedan dúas loitas moi vivas. Por arriba, Sofán B e Soneira manteñen unha loita fermosísima polo ascenso directo. Descansaba o cadro soneirán e o cadro carballés sufría, pero vencía ao Zas e se coloca 2 puntos por diante pero cun partido máis.
Estaba aí moi preto o Corcubión, pero o seu empate en Pedra Queimada deixa aos de Nito un pasiño atrás.
Na loutra loita, pola 6ª praza que dá acceso ao Playoff, o Cerqueda recurtou dous puntos ante o Lira e se perfila como único rival real do cadro liracho, despois que os lirachos empatasen co Malpica e o Seaia empatase co Corcubión. Ollo que o Lira ten un partido máis, pois descansa a semana que vén e despois se enfronta a Soneira, Xallas e Ameixenda.
Pero ollo coa últimas novidades sobre a loita polo Play off:
Sofán - Zas (1-0)

- Sofán: Mario, Marcial, Iván, Eloy Cabeza, Nacho Moreno, Mario Vila, Ba, Villajos, Dani Calvete e Adrián Vázquez. Tamén: Manu Castro, Nacho Eirís, Alex Iglesias, Brais Calvo e Cancela.
- Zas: Pereiras, Anxo, Eloy, Andrés, Juan Touriñán, Darío, Rubén Forján, Ronny, Dani Mato, Brais e Javi Suárez. Tamén: Rodrigo, Álvaro e Alvite.
- Gol: 1-0, m.80: Mario Vila.
Partido disputadísimo no Carral, cun Zas que a pesar de ter perdido o tren da promoción, segue demostrando que este ano debeu ter estado máis arriba.
Os primeiros momentos do partido foron de tanteo no que os dous equipos tiñan controlada a situación en defensa, sen correr riscos, e a única situación clara foi un penalti antes da pausa de hidratación que reclamaron os zaseiros sobre Javi Suarez. Trala pausa, o Zas emourraba algo máis, con Dani Mato, Javi e Andrés por banda como puntais. Unha xogada maradoniana de Dani Mato e unha contra de Juan eran as mellores ocasións do Zas.
Moveu ficha Barca tralo descanso e o Sofán, máis fresco, foi tornando o campo. Pouco a pouco ían tendo máis ocasións, ata que o partido foi rompendo nun ida e volta, ata que no minuto 80 atopan un balón morto na área visitante acabaría sendo aproveitado por Mario Vila para abrir o marcador.
A expulsión pouco despois de Eloy Moreira non impediu que o Zas fose con todo ao ataque, e mesmo tiveron un falta de Brais para empatar, pero apareceu Mario Varela para salvar unha vitoria fundamental para o Sofán.
Oza - Laxe (5-3)
- Oza: Brais, Isac, Raúl, Diego, Dani (Vilariño), Lavandeira, Alex Freire, Archi, Edu (Hugo), Nacho e Abib.
- Laxe: Diego, Aarón, Guzmán, Rubén, Samuel, Pedro, Manu, Íker, Martín, Saleta, Bieito. Tamén: Fran e Eliseo.
- Goles: 1-0, m.15: Nacho; 2-0, m.60: Nacho; 2-1, m.62: Íker; 3-1, m.63: Hugo Fraga; 4-1, m.65: Abib; 5-1, m.74: Aron; 5-2 m.78: Man; 5-3, m.90: Rubén.
Bo partido deste Oza xa pensando no ascenso, ante un Laxe que aguantou ben a primeira metade a pesar de recibir o tanto inicial de Nacho, o gran protagonista do partido, o capitán carballés. Tivo algunha o cadro visitante, pero non acertou.
Fixo o segundo o Oza pero o Laxe respondia e recurtaba, pero aí xa as forzas dun tocado cadro laxense se foron viñendo abaixo, e o Oza sentenciou gracias á calidade e forza dos extremos, e só ao final, o Laxe maquillou o resultado.

Lira - Malpica (1-1)
- Lira: Raúl, Isaac, César Calvo, Cartamil, Roberto Amoedo, Ángel Vigo, Aarón, Migueiño, Pablo Leis, Juan Formoso e Oli. Tamén: Alexis Cambeiro, Marcos, Christian, Ramón, e Alexis Lago.
- Malpica: Jesús, Pablo Pombo, Jorge Parga, Fran Pombo, Diego, Aday, Samuel Periscal, Alberto Hombre, Cristiann e Chicha. Tamén: Lamas, Lou, Miguel, Arcay e Nando Cabeza.
- Goles: 1-0, m.57: Pablo Leis; 1-1, m.71: Miguel.
Dous puntos de ouro que perde o Lira no choque ante o Malpica. Saía mellor o equipo de David Baña, sen crear demasiado perigo. Pouco a pouco os locais foron tomando o mando ante un Malpica que se ía metendo atrás. Si tivo un par de ocasións Oli e un tiro de Aarón que saíron fóra.
Repetiuse o guión na segunda, cun Malpica moi enchufado, pero co Lira poñéndose pouco a pouco o mono de traballo. Nun erro defensivo dos visitantes aproveita Pablo para adiantar aos seus. Aí cambiou o partido e o Malpica vaise arriba, tendo varias ocasións, como un balón colgado que ten que sacar Aarón baixo paus co peito. Un erro na saída do balón permitía a Miguel acadaro empate para os malpicáns e o partido volvía dar un cambio, convertíndose nun ida e volta, con ocasións nas días áreas.
Amoedo mandaba un remate ao longueiro e o Lira protestou ata dous penaltis non pitados, un que considera moi claro a un derribo por detrás sobre Juan que se dispuña encarar ao porteiro, e outro sobre Ramón cando ía rematar un pase atrás. Aínda tivo o Malpica o gol da vitoria no último suspiro.
Seaia - Corcubión (3-3)
- Seaia: Anxo, Ande, Samu Costa, Pablo, Diego, Martín Costa, Camilo, Ferreiro, Mara, Charro, e Juni. Tamén: Joel, Pablo, Jose e Sergio Bastón.
- Corcubión: Bruno, Martín, Mario, Fuentes, Antu, Gorka, Alán, Goche, Nando, Lema e César. Tamén Rama e Luis Lojo.
- Goles: 0-1, m.5: Nando tras unha gran cabalgada por banda; 1-1, m.10: Charro de cabeza a centro de Juni; 2-1, m.15: Mara de penalti; 2-2, m.27: César Lojo; 3-2, m.60: Mara; 3-3, m.72: Iago Lema.
Gran partido en Pedra Queimada, cun Corcubión que abría pronto o marcador. Pero rapidamente o Seaia, sen complexos, darialle a volta o marcador nunha boa xogada por banda e remate de Charro de cabeza, e cun penalti que transformaba Mara. Antes do descanso, os visitantes poñían a igualada mediante testarazo de César ante a saída do porteiro tras un saque de banda longo cando o Seaia estaba protestando unha man na área visitante.
Na segunda os visitantes subiron liñas e foron polo partido, pero novamente metiase por diante o equipo local nun córner que remataba Mara. Lema conseguía empatar de novo e cando o Corcubión envorcose polo partido tivo moitas e claras ocasións, pero apareceu Anxo con tres intervencións de moito merito para salvar un puntiño.
Nantón - Xallas (1-4)
- Goles: 0-1, m.14: en propia; 1-1, m.27: Redondo; 1-2, m.49: Sergio Barbeira de penalti; 1-3, m.68: Adrián; 1-4, m.78: Doro.
Aguantou o Nantón na primeira metade, pero foi na segunda cando conseguiron romper e celebrar o título nas Fontiñas.
Cerqueda - Atl. Pereiriña (1-0)
- Cerqueda: Alex Pazos, Verdes, Dani Reixía, Samuel, Joel, Gus, Eloy, Suso, Sergio, Martín Añón Rubén. Tamén: Julián, Martín Gómez, Hugo, Andrés e Palermo.
- Pereiriña: Isma, Christian, Pablo Trillo, Oca, Esteban, Chiru, Fabián, Maelo, Brais Lagoa, David e Tito. Tamén: Martín Eloy, Saulo e Soneira.
- Gol: 1-0, m.44: Sergio.
Partido igualado , primeira parte cun Cerqueda moi intenso, moi agresivo consciente do que se xogaba, e un Pereiriña sen tanta intensidade, sen precisión nos pases e sen profundidade. Non había ocasións ata que ao fío do descanso Sergio abría o marcador.
Saíron mellor os ceenses na segunda, dominando e tendo algunha ocasión. O Cerqueda, pechado atrás, aínda tivo unha contra cun 3 para 1, e un balón ao longueiro pero segue con moitos problemas cara gol.
Ameixenda - Buño (0-7)
Goles: 0-1, m.27: Miguel Dourado; 0-2, m.49: Miguel Dourado; 0-3, m.55: Breo; 0-4, m.65: Fabián; 0-5, m.71: Breo; 0-6, m.75: Brais Fraga; 0-7, m.88: Hugo.
Partido sen historia como deixa as claras o resultado final a favor dun Buño que tivo infinidade de ocasións ao longo de todo o encontro, para incluso acadar un resultado maior.
CRÓNICAS DA 3ª GALICIA
- X.25: Dúas loitas moi vivas.
- X.24: O Xallas sentencia o ascenso directo.
- X.23: Sofán B e Soneira manteñen a loita viva polo ascenso directo.
- X.22: O Zas frea ao Soneira e presenta a súa candidatura á promoción.
- X.21: Dúas batallas moi abertas.
- X.19: O Xallas tamén supera a proba do Sofán B e o Soneira xa se coloca 2º.
- X.18: O Sofán B fíxose co intenso derbi carballés.
- X.17: O Xallas sufriu para sumar o seu 16º partido sen perder ante o Zas.
- X.16: O Soneira pega na mesa.
- X.15: Rematou a primeira volta da mellor 3ª en anos.
- X.14: Xallas e Sofán B rematan o ano sen coñecer a derrota.
- X.13: Doble empate nos partidos da xornada.
- X.12: O choque da primeira volta acabou nun partido de waterpolo.
- X.11: A pelexa pola segunda praza de ascenso directo.
- X.10: 3ª Galicia: Malpica e Soneira asinaron táboas mentres o Oza golpea a reacción do Zas.
- X.9 Escapa o Xallas.
- X.8: O Xallas frea ao Malpica.
- X.7: Xallas e Malpica desmárcanse.
- X.6: Este Malpica vai en serio.
- X.5: Un par de goleadas inesperadas.
- X.4: Moitas espadas afiadas.
- X.3: Xallas e Buño quedan sós no alto da táboa.
- X.2: 3ª Galicia: Zas e Cerqueda avisan a Xallas e Soneira.
- X.1: 3ª Galicia: Xallas e Zas presentan credenciais e o Sofán B avisa ao Soneira.