Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Futfem: O Bergan queda ás portas do ascenso tras unha temporada espectacular

Bergan feminino
A familia do Bergan ten moito que celebrar, como o demostrou esta tarde de domingo ao remate do partido
Futfem: O Bergan queda ás portas do ascenso tras unha temporada espectacular

O tremento temporadón que fixo o Bergan feminino non foi suficiente para conseguir o ascenso á categoría nacional. O equipo de Gueli facía os deberes e vencía 2-0 ao Val (cos goles de Cruz e Lara López), pero o empate do CD Lugo ante o Sárdoma B permitiuse ao cadro lucense alcanzar unha segunda praza que seguramente valerá un ascenso á 1ª Nacional.

Finalmente a derrota ante o Lugo hai dúas semanas resultou determinante.

En calquera caso, o non ascender non empaña o que é unha temporada absolutamente espectacular das carballesas. O cadro de Gueli vén de estrear categoría esta tempada, e xa estivo pelexando coas mellores, quedando campionas do seu grupo na 1ª Fase e pelexando coas mellores da categoría.

Agora, tócalle pensar xa na Copa da Costa.

NOVAS RELACIONADAS

CRÓNICAS DO FUTFEM

 

Comentarios