Domingo. 06.10.2024
El tiempo

FUTFEM: O Bergan mantén as opcións de pelexar pola 2ª praza

O Bergantinos Feminino no Campo da Lomba
FUTFEM: O Bergan mantén as opcións de pelexar pola 2ª praza

Co resto de equipos coa cabeza posta na Copa da Costa, o Bergantiños mantén aínda a mirada posta no posible ascenso á categoría Nacional. As carballesas vencían en Arousa, e mateñen a loita pola 2ª praza, malia que é posible que mesmo a 3ª praza poida dar acceso ao ascenso.

Arousana - Bergantiños (1-2)

  • Bergantiños: Andrea, Tati, Elena, Marian, Paula, Laura, Yaiza, Inés, Lara López, Cruz e Zaida. Tamén: Noelia, Lorena, Sara e Bárbara.
  • Goles: 0-1, m.46: Cruz; 1-1, m.55: de penalti tras unha man de Yaiza; 1-2, m.60: Inés.
Tati Nunez na Lomba
Tati Núñez foi a capitana vermellona

Só lle valía a vitoria ao Bergantiños no mítico Campo da Lomba, e non fallaron. Primeira metade igualada, co Bergan esperando atrás e buscando as contras ás costas das centrais, aproveitando a velocidade de Cruz e Zaida. Non houbo goles na primeira metade a pesar das chegadas.

Na segunda metade, apretaron algo máis as de Gueli, que a base da mellor condición física, dominaron completamente. Marcou pronto Cruz, empatou dende os 11 metros o Arousana, pero Inés metían a vantaxe de novo. De aí ao final houbo ocasións para ampliar a renda por medio de Cruz, Noe, Lara López… pero o resultado non se movería.

Queda o último partido contra O Val, mentres o Lugo xoga contra o Sárdoma B. Necesita gañar o Bergan e que perda o Lugo, pero o Bergan non descarta que a 3ª praza tamén poida ser de ascenso.

Novas relacionadas

Crónicas do FUTFEM

Comentarios