Martes. 19.03.2024
El tiempo

José Manuel, adestrador do Cabana: "Está claro que se fose en outro club se cadra xa non estaba aquí"

Jose Manuel Adestrador Cabana-Foto-Rosa Garcia Cabana Soc Dep
Jose Manueln Adestrador Cabana-Foto-Rosa Garcia Cabana Soc Dep
José Manuel, adestrador do Cabana: "Está claro que se fose en outro club se cadra xa non estaba aquí"

O que está facendo o Cabana neste segundo treito da competición é tremendo. Na xornada 16 caía 6-0 ante a Esteirana, e sumaba só 7 puntos, en postos de descenso. Dende esa leva 8 xornadas sen perder (5 vitorias e 3 empates) que o sitúan 13º, empatado xa co Lira, e pelexando por evitar posibles arrastres.

Falabamos hai pouco con Duda, pero hoxe queremos pararmos a falar con José Manuel, o adestrador, da casa, proba de que na maioría dos casos, a confianza dá resultados.

Comenta como ve a Liga da Costa e como están de ánimos os seus xogadores.

 
  • QPC: 8 xornadas sen perder. Moi boa serie para saír do perigo, non?

Si, boa e moi necesaria porque a nosa situación era moi complicada e necesitábamos puntos e seguimos necesitamdo porque aínda non está nada feito.

 
  • QPC: Por que vos costou tanto o inicio de competición?

Eu creo que os resultados non estaban sendo moi xustos co que facíamos no campo e o cambio de categoría tamén se notou.

 
  • QPC: Es un home de casa, cando as cousas non saían, pensaches na dimisión ou en que te puidesen cesar?

Está claro que se fose en outro club se cadra xa non estaba aquí. Pero o Cabana non soe cambiar, ao contrario, dá moita confianza. En canto á posibilidade de dimitir sempre está aí pero cando ves que os xogadores seguen entrenando e pelexando nos partidos dache moitos ánimos.

 
  • QPC: Cal é a clave do rexurdir deste Cabana?

A fe que mantiveron todos os membros do equipo cando todo ía mal e o bo ambiente que se mantivo sempre.

 
  • QPC: Fai unhas semanas entrevistamos a Duda e dicía que o equipo non se ía relaxar. Como valoras o esforzo do equipo?

O traballo e esforzo de todos e cada un dos xogadores está sendo exemplar, tanto se xogan como se están no banco ou na grada.

 
  • QPC: O Zas case xa descendido; o Buño intentará unha última heroicidade. Ves tanta diferencia na liga para que a falta de 6 xornadas estean case adxudicadas as prazas de descenso?

Os resultados ás veces non son reflexo de cada equipo. Eu non creo que haxa tanta diferencia como di a taboa.

 
  • QPC: Todo o contrario na zona alta, que equipo cres que pode sair campión?

Calquera dos tres primeiros pode gañar a liga, vai depender de pequenos detalles e do que menos erros cometa.

 

Se cadra o que máis choca sexa a sitúacion do Baíñas, que partía como un equipo con aspiracións máis altas pero tivo moitos contratempos con lesións e sancións e unha vez que entras en rachas negativas costa saír.

 
  • QPC: Na Copa da Costa, vaia regalo de previa, todo un Sofán. Despois do éxito da tempada pasada, como afrontades esta competición?

Só penso na liga. A Copa queda moi lonxe.  

  • QPC: O teu futuro seguirá ligado aos renovados banquillo de As Redondas?

A resposta anterior vale pa está, só penso nesta liga e saír dos postos quentes.

 

Entrevistas #Futfem

Os traballadores na sombra

ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC

Comentarios