Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unha tractorada e unha nova conferencia contra a mina

Unha tractorada e unha nova conferencia contra a mina

O domingo, 7 de abril de 2013, a partir das 11:00h, os gandeiros da zona de Bergantiños tomarán a estrada cos seus tractores para protestar contra a mina de Corcoesto. A Tractorada comezará cunha Concentración inicial no Campo da feira de Ponteceso, para dende alí circular ata A Carballa, Cabana.

Nova conferencia sobre a perigosidade da mina de ouro de Corcoesto

Ademais, continúan as citas informativas. Este vindeiro xoves 28 de marzo, terá lugar unha nova conferencia organizada pola Plataforma pola defensa de Corcoesto na campaña informativa que esta Plataforma está a desenvolver diante da intención de Edgewater de instalar a mina a ceo aberto de Corcoesto.

O tñitulo da mesma será “Cianuro e outros tóxicos da mina”, da man de Carmen Varela, doutora en Química Orgánica, e que na actualidade desenvolve o seu traballo profesional no CNIO de Madrid. Unha Carmen Varela que xa nos amosaba o seu punto de vista nun artigo de QPC.
A cita, no Salón de Actos do Pazo da Cultura de Carballo este xoves 28 de marzo ás 20:00h.

Falarase principalmente do proceso de lixiviación con cianuro, os subprodutos que se forman e os residuos tóxicos que se producirán no canto de aprobarse esta explotación mineira pola Xunta de Galicia.

Será unha charla presentada dende un punto de vista químico na que se fará un repaso das distintas etapas do proceso de extracción do ouro. Estará centrada principalmente na etapa de lixiviación con cianuro así como na destoxificación do mesmo con dióxido de xofre (o denominado proceso INCO). O obxetivo será mostrar, dunha forma xenérica, os distintos tóxicos que quedarán na balsa de lodos prevista no proxecto mineiro de Edgewater o que suporá a permanencia dunha auténtica bomba de tempo para o futuro da comarca de Bergantiños .

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios