Imprimir

A Galería Mulleres de Muxía arrinca 2014 co compromiso de Elena Poniatowska

que pasa na costa | 09 de xaneiro de 2014

Elena Poniatowska na Galeria Mulleres de Muxia

Estrea 2014, o seu 4º ano de vida, a Galería Mulleres do Concello de Muxía. Unha fiestra aberta para coñecer a historia mundial a través das mulleres máis relevantes do planeta.

E o facemos da man de Elena Poniatowska (París, 1932). Escritora, activista e xornalista mexicana, ter unha obra literaria moi distinguida con numerosos premios, entre eles o Premio Cervantes 2013. Filla dun príncipe polaco, naceu en Francia e chegou a México con dez anos de idade, e como ela dixo "é máis mexicana que o mole".

É unha muller comprometida e a súa obra ten un carácter activo, que incita ao cambio e a unha toma de conciencia sobre os desposuídos, os nenos da rúa e as mulleres, nun país onde o 50% viv e na pobreza, cometense inxustizas contra as mulleres un día si e outro tamén e o neoliberalismo devorou ás pequenas cidades e ao campo.

A Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, no 2009, outórgalle o premio "Escritora Galega Universal", que distingue escritores/as que combinan a excelencia literaria co compromiso ético.

“La noche de Tlatelolco “(1971) a súa obra máis coñecida trata sobre a matanza de estudantes acontecida o 2 de outubro de 1968 na cidade de México. Outras obras son: “Querido Diego, te abraza Quiela” (1978). “De noche vienes” (1979),”Tinísima”(1992) (sobre a fotógrafa Tina Modotti),”La piel del cielo” (2001) premio Alfaguara de Novela, “El tren pasa primero”( con esta novela, que ten XV Premio Internacional Rómulo Gallegos ,2007). En 2011, obtivo o premio Biblioteca Breve da editorial Seix Barral pola súa novela “Leonora”, sobre a vida da pintora Leonora Carrington. Tamén dedicou ensaios a Gabriel Figueroa, Juan Soriano ou Octavio Paz.

Novas relacionadas

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/muxia/a-galeria-mulleres-de-muxia-arrinca-2014-co-compromiso-de-elena-poniatowska/20140109072147074479.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA