Domingo. 06.10.2024
El tiempo
Abraham Trillo
07:36
30/09/24

Voltar a Hemingway

Voltar a Hemingway

Voltar a Hemingway. Despois de ler a outros autores, despois dos bares, despois das clases, despois dos cines, despois das bibliotecas, da familia, dos amigos, dos exames, despois da xente e dun mesmo. Voltar a Hemingway e a súa prosa parca e americana.
Muerte en la tarde, Adiós a las armas, Fiesta... Agora, Las nieves de Killimanjaro.

Todas as persoaxes femininas que aparecen na obra deste home grande e borracho, recórdanme a unha persoa de carne e oso, moi coñecida miña, fundamental no meu día a día e que - segundo o momento - me doe no estómago ou no peito. De que tipo de maxia se valeu o autor para conseguilo? Non sei ata que punto, os diálogos máis sinxelos, a posta en escea máis doada, foron estudados, ou se polo contrario estes responden a unha forma natural e pouco preocupada de traballar o texto. Facer que algo pareza fácil, pode ser moi difícil.

O mércores, pola maña, chovía. Cando saín da casa, doume por coller o libro e gardalo na chaqueta para entreterme logo no autobús. O mércores, nas primeiras páxinas, comecei o día chorando.

MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO

Comentarios