Viva la vida! Viva el amor!
- Viva la vida! Viva el amor!
Herminio, que tivo por aquí outra bodega coma esta -aínda que agora xa está xubilado- é un coruñés da época de Arsenio, o do Depor- ese ao que lle chamaban o raposo de non sei onde- . Herminio, rapaz criado no barrio -nalgún barrio-, foi prosperando, pouco a pouco, ata se converter nalgo similar a un mafioso italiano. Herminio, usa americana gris e zapatos de charol. Herminio, coñece a moita xente. Herminio, ten cara de fígado; de fígado de coello; de fígado de coello enfermo; de fígado enfermo de coello enfermo, vaia.
Así como hai a quen lle dá por durmir, a este home, a borracheira, faino berrar.
- Viva la vida! Viva el amor!
- Iso é de Cañita Brava? - pregúntolle, por ver se cala -.
- No, coño! Cómo va a ser del subnormal ese! Es de uno de Padrón!
- De Rosalía de Castro, entonces.
- No sé, la verdad. O de Rosalía, o de Pepe Domingo Castaño... Era todo un mundo ese hombre, eh!
A Herminio, Pepe de Castro e Rosalía Domingo Castaño, confúndenselle nalgún lugar da memoria. Sentado con Marta e Quico, pregunto por Herminio. Son eles os que me din que tivo unha taberna.
- Ai, pois non sabía...
- Cala oh, cala. Que agora anda liado cunha negra...
Marta utiliza o seu fular azul para toser nel.
- Pois por aquí non ven con ela. Nunca os vin.
- Non, que ela traballa. Ten un bar aí atrás. Mira ti quee cousas... Cunha negra! El saberá onde se mete.
- Pero non será para tanto, non? Que é o que ten de malo?
- Mira filliño, se ti non llo ves...
- Pero este home nunca estivo casado?
- Sí, oh! E sigue estando.
- Entón?
- A muller dalle polo casino. Pasa aló o día. Funde os cartos todos. A él tráeno pola calle da amargura, e tírase ao viño. Ao viño e a negra, claro.
- Xa.
A Marta refréxanselle os dentes no anel matrimonial de ouro. Quico, dorme na silla.
Poderiase pasar a tarde mirándolle os dentes a Marta para comprobar que o tempo pode chegar a deterse. Os dentes frouxos e podres de Marta teñen un poder ignótico e laxante.
- O baño? Vou ao baño e xa marcho.
Aproveito para marchar coa escusa do escusado cando a uva xa comeza a ferver no estómago.
- Chao, Rapaz!
- Hasta mañán, Marta!
Herminio, máis bébedo que antes, queda cantando aquelo de “El que tenga un amor que lo cuide, que lo cuide”.
- Oes, Quico. Ti sabes que o rapaz este é veciño de Lendoiro?
- Como de Lendoiro?
- Claro, son os dous de Corcubión.
- Ai, Lendoiro é o que nos facía falta. Eu dígoche que se regresa, o equipo non estaba así.
- Pero como así, home! Se acaba de ascender!
- Dá igual. Que volva Lendoiro, xa verás. Ti deixa que volva...
- Abraham Trillo. Estudante, paseante e escritor.
MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO
- Polo amor de Fidel.
- Luns sen artigo... Ya se verá
- “Detrás de la niebla siempre hay algo”.
- Hastag #Xunqueira2024
- Mar de ardora
- Síguenos receitando.
- 240.
- Posta de (non) sol.
- Un delfín cachondo e duascentas oitenta e catro palabras
- Memorias de un mujeriego.
- Adnama.
- A comprar xenxibre.
- Habaneras de La Coruña
- Vivamos como galegos, pero soñemos como americanos
- Cen viños máis cen libros.
- Letras Galegas
- Escribir sen escribir.
- No tan Gotán.
- San Marcos de Corcubión. San Marquiños querido.
- Posible, hipotético, probable, suposto Manolo
- De Pla y María Dolores.
- Venres Santo.
- E o neno de Sanlúcar volveu brillar
- O Minotauro, Cela, e outros animáis fantásticos
- García Márquez